{"id":3218,"date":"2022-02-12T10:45:00","date_gmt":"2022-02-12T09:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T17:17:01","modified_gmt":"2024-10-24T15:17:01","slug":"evolucion-positiva","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/02\/12\/evolucion-positiva\/","title":{"rendered":"Evoluci\u00f3n. Positiva?"},"content":{"rendered":"<p>Evoluci\u00f3n. Positiva?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A primeira vez que lembro ter entrado nunha \u2018entidade bancaria\u2019, a caixa de aforros, o m\u00e1is sofisticado que lembro eran tres aparellos, un de cada: unha m\u00e1quina de escribir (exclusivamente mec\u00e1nica, claro), unha sumadora (idem) e un tel\u00e9fono. Non estou seguro de se escrib\u00edan a pluma ou a bol\u00edgrafo, a\u00ednda que creo que a boli\u00f1a dos Bic a\u00ednda non vira aqueles locais.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Case vinte anos despois, era un privilexiado aprendendo a programar un ordenador que a\u00ednda estaba nunha sala \u00e1 que non ti\u00f1a acceso calquera (eu tampouco). Tanto, que o programi\u00f1a pasaba antes por unha picadora (\u00e1 que tampouco ti\u00f1a acceso) da que sa\u00edan as fichas perforadas para meter logo \u00e1 lectora do ordenador.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Outros vinte anos m\u00e1is tarde, cunha p\u00e1xina web e \u00e1s portas de ter tam\u00e9n blog, eu xa era vello nunha internet que comezaba a saber a web 2.0 e a popularizarse en sucesivas vagas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E a\u00ednda vinte anos m\u00e1is tarde, hoxe, coido que podo dicir que segu\u00edn progresando polo mesmo cami\u00f1o. Sen ser un especialista, def\u00e9ndome nese mundi\u00f1o das aplicaci\u00f3ns ou apps.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Todo o anterior non quere dicir que non te\u00f1a nunca problemas para relacionarme de xeito telem\u00e1tico coa administraci\u00f3n, ou que prefira facer algunhas xesti\u00f3ns na oficina bancaria antes que andar tentando no m\u00f3bil ou no caixeiro. Ou sexa, que non me sinta desprazado pola falta de atenci\u00f3n bancaria ou burocr\u00e1tica en xeral. E iso, repito, despois de ter unha traxectoria abondo amigable en relaci\u00f3n con esas tecnolox\u00edas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ven o anterior a dicir que o mundo progresa que \u00e9 unha barbaridade, usando unha expresi\u00f3n doutro tempo. Ou a evidenciar que o consumo de recursos incrementouse de xeito desmesurado en moito menos que un s\u00e9culo, o que explica alg\u00fans problemas actuais. Pero tam\u00e9n que ese progreso pode deixar (e de feito deixa) a moita xente non s\u00f3 inc\u00f3moda, sen\u00f3n tam\u00e9n incapaz e desprotexida no d\u00eda a d\u00eda. Unha percepci\u00f3n que te\u00f1en ata os m\u00e1is picari\u00f1os, como pode comprobar calquera av\u00f3 ou aboa. E que se me revelou como un flash vai cami\u00f1o tam\u00e9n dos vinte anos o d\u00eda que uns rapaci\u00f1os de 1\u00ba ESO (11 anos) comentaron entre eles dun xeito despistado se eu saber\u00eda algo de inform\u00e1tica, chegando \u00e1 conclusi\u00f3n de que non, porque era vello. A\u00ednda que, claro est\u00e1, ti\u00f1a case vinte anos menos ca hoxe.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pois isa realidade, a barreira tecnol\u00f3xica derivada de que hai m\u00e1is cousas que atender na vida que a tecnolox\u00eda, e m\u00e1is necesarias para a vida, parece ser transparente para quen manexa os nosos cartos sen darnos explicaci\u00f3n algunha nin de por que nos cobran cando nos obrigan a que llos deixemos manexar. Tam\u00e9n \u00e9 transparente para quen, nunha administraci\u00f3n, decide sobre papeis dos demais sen ter que procurar ning\u00fan en webs \u00e1s que non \u00e9 doado acceder e menos a\u00ednda atopar o necesario. Polo menos, parece que o da accesibilidade non debe estar entre os criterios que debe cumprir a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica correspondente, e quen non saiba usala, que aprenda, descargando o \u2018peso da culpa\u2019 nos usuarios, que se te\u00f1en que adaptar \u00f3s m\u00faltiples cambios decididos e impostos de xeito unilateral dende as entidades ou instituci\u00f3ns.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Un \u00faltimo exemplo para rematar. Unha parella nova, os dous traballando no campo da inform\u00e1tica con experiencia de anos, ambos castel\u00e1n falantes, procuran a cita para un tr\u00e1mite administrativo para un deles nunha gran cidade. Resultado: un mes ata que unha boa ma\u00f1\u00e1, ambos, nos seus respectivos ordenadores, e pulsando f5 para refrescar a pantalla, deron conseguido facelo despois dun bo tempo&#8230; Neste caso non era analfabetismo dixital, e o de menos era a dificultade de acceso por dese\u00f1o, sen\u00f3n sinxelamente, o mal funcionamento do sistema administrativo. Casualidade dun caso particular? A acumulaci\u00f3n de casualidades \u00e9 o que d\u00e1 lugar \u00f3 dito \u2018de casualidades est\u00e1 o mundo cheo\u2019&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Evoluci\u00f3n. Positiva? &nbsp;&nbsp; &nbsp;A primeira vez que lembro ter entrado nunha \u2018entidade bancaria\u2019, a caixa de aforros, o m\u00e1is sofisticado que lembro eran tres aparellos, un de cada: unha m\u00e1quina de escribir (exclusivamente mec\u00e1nica, claro), unha sumadora (idem) e un tel\u00e9fono. Non estou seguro de se escrib\u00edan a pluma ou a bol\u00edgrafo, a\u00ednda que creo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,9,40],"class_list":["post-3218","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3218","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3218"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3218\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3218"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3218"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3218"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}