{"id":3208,"date":"2022-02-14T16:31:00","date_gmt":"2022-02-14T15:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T16:31:28","modified_gmt":"2024-10-24T14:31:28","slug":"o-carneiro-alado-de-ribadeo-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/02\/14\/o-carneiro-alado-de-ribadeo-pancho\/","title":{"rendered":"O CARNEIRO ALADO DE RIBADEO. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><em>O CARNEIRO ALADO DE RIBADEO<br \/>\nPancho Campos Dorado<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Fai anos que se sabe do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Carneiro+alado+de+Ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Carneiro alado de Ribadeo<\/a>, unha xoia da ouriver\u00eda de filigrana exquisita emulando escamas semicirculares, unha peza 50 gramos de ouro puro de 6,5 cm de altura x 6,4 cm de longo x 2 cm de ancho. Entrou a formar parte das obras de arte m\u00e1is relevantes do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Museo provincial de Lugo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Museo Provincial de Lugo<\/a> en abril de 1976, cando se adquiriu da colecci\u00f3n privada de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/%C3%81lvaro_Gil_Varela\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">\u00c1lvaro Gil Varela<\/a>.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Segundo di Benigno Lazare nun artigo (La Voz de Galicia, 6 xaneiro 2007) parece que a peza foi inscrita como do arte prerromano, e que fora descuberta nun dragado que se fixo na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/r%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">R\u00eda de Ribadeo<\/a> no ano 1945. Neste artigo tam\u00e9n expresa que \u201cest\u00e1n sen realizar probas cient\u00edficas que permitan datala con exactitude e apenas se co\u00f1ece nada da s\u00faa procedencia polo que se pode seguir considerando unha peza enigm\u00e1tica\u201d.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/02\/o-carneiro-alado-de-ribadeo-pancho-396846633.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"586\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/02\/o-carneiro-alado-de-ribadeo-pancho-396846633.jpeg\" class=\"wp-image-3209\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/02\/o-carneiro-alado-de-ribadeo-pancho-132596195.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/02\/o-carneiro-alado-de-ribadeo-pancho-132596195.jpeg\" class=\"wp-image-3210\" width=\"572\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/02\/o-carneiro-alado-de-ribadeo-pancho-309437282.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/02\/o-carneiro-alado-de-ribadeo-pancho-309437282.jpeg\" class=\"wp-image-3211\" width=\"618\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/02\/o-carneiro-alado-de-ribadeo-pancho-1466224953.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/02\/o-carneiro-alado-de-ribadeo-pancho-1466224953.jpeg\" class=\"wp-image-3212\" width=\"580\" \/><\/a><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Por\u00e9n, segundo parecer do arque\u00f3logo <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Felipe+Arias+Vilas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Felipe Arias Vilas<\/a> (Lugo, 5 xullo 1949) puxo en solfa a suposta localizaci\u00f3n na R\u00eda de Ribadeo, pois explica que no ano 1945 non houbo ning\u00fan dragado e por outra parte, o estado de conservaci\u00f3n tampouco parece corresponderse co que deber\u00eda de ter unha peza met\u00e1lica en contacto coa auga mari\u00f1a durante s\u00e9culos.(La Voz de Galicia, 6 xaneiro 2007)<br \/>\nNa Wikipedia aparece Felipe Arias como un se\u00f1or licenciado en Filosof\u00eda e Letras (secci\u00f3n Xeograf\u00eda e Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela (1971). Foi funcionario do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos, profesor, escritor e arque\u00f3logo. Foi Director Xeral do Patrimonio Cultural na Xunta de Galicia e membro das comisi\u00f3ns t\u00e9cnicas do Consello Internacional de Museos ata 2009 cando foi elixido Alberto Nu\u00f1ez Feijoo como presidente. Ten varias obras de car\u00e1cter hist\u00f3rico publicadas entre as que se atopan A Romanizaci\u00f3n de Galicia (1992); Castro de Viladonga (1985); Museo do Castro de Viladonga (1996) entre outras; para m\u00e1is informaci\u00f3n ver en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Felipe_Arias\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">gl.wikipedia.org Felipe Arias Vilas<\/a>.<br \/>\nA opini\u00f3n, por tanto, de Felipe Arias debera ser considerada de peso, segundo o seu curriculum. Poren, cando di que \u201co carneiro alado de Ribadeo non se puido atopar na R\u00eda de Ribadeo porque no ano 1945 non se dragou a r\u00eda\u201d, non \u00e9 argumento como para negarlle a procedencia a dita xoia de ser de Ribadeo. Efectivamente, fun comprobar tal evento \u00e1 Biblioteca Municipal de Ribadeo e nin nas incompletas colecci\u00f3ns de Las Riberas del Eo nin de La Comarca do ano 1945 aparece noticia dun dragado da R\u00eda de Ribadeo, nin sequera parcial. Haber\u00eda que comprobar os arquivos da Axudant\u00eda de Mari\u00f1a de Ribadeo, pero hoxe est\u00e1 desaparecida.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A segunda afirmaci\u00f3n \u201co estado de conservaci\u00f3n tampouco parece corresponderse co que deber\u00eda de ter unha peza met\u00e1lica en contacto co a auga mari\u00f1a durante s\u00e9culos\u201d e por tanto, \u201cnon se atopou somerxido na R\u00eda de Ribadeo\u201d. Esta afirmaci\u00f3n carece de base, posto que a xoia puido estar perfectamente conservada metida nunha pota ou en calquera peza de barro cocido ou de cer\u00e1mica cerrada hermeticamente, tal e como aparecen \u00e1nforas cheas de vi\u00f1o de \u00e9pocas remotas.<br \/>\nPor tanto, ambas afirmaci\u00f3ns, que parecen conclu\u00edntes, en contra da denominaci\u00f3n da magn\u00edfica peza do \u201c<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Carneiro_alado_de_Ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Carneiro alado de Ribadeo<\/a>\u201d, poden ser rebatidas, por ser simples suposici\u00f3ns, que como con todo o que se investiga sen documentaci\u00f3n escrita que a apoie, encerra incerteza. Pero parece que calquera evento ou cousa que se denomine \u201cde Ribadeo\u201d, e que te\u00f1an grande interese hist\u00f3rico ten unha maldici\u00f3n en contra que trata de borralo do mapa. V\u00e9xase, como exemplo, o paradoiro da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Diadema+de+Ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Diadema de Ribadeo<\/a> (O Ribadeo que non co\u00f1ecemos, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/01\/o-ribadeo-que-non-conecemos-pancho.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadeoando, 04\/01\/2022<\/a>, La Comarca del Eo, 08-01-2022).<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Volvendo o tema. Quen dixo que o Carneiro Alado se atopara mergullado na R\u00eda de Ribadeo? Quen rexistrou por primeira vez tal achado con ese nome?. Foi o fil\u00e1ntropo galego <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=%C3%81lvaro+Gil+Varela\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Alvaro Gil Varela<\/a>? De onde o sacou? Sabemos que D. Alvaro foi un galeguista republicano que gardou e coleccionou moitas pezas de incalculable valor atopadas en xacementos arqueol\u00f3xicos da Galiza, entre elas o torques de ouro de Burela valorado en centos de mill\u00f3ns de pesetas e hoxe de varios mill\u00f3ns de euros, o Carneiro alado de Ribadeo, brazaletes, arracadas e pulseiras de ouro de tradici\u00f3n celta. Todas elas pezas esenciais para co\u00f1ecer algo m\u00e1is da Historia da Galiza. Pero que cousa m\u00e1is rara, da a casualidade que o \u00fanico que se pon en solfa de toda a colecci\u00f3n \u00e9 o nome do Carneiro Alado de Ribadeo. Por qu\u00e9?<br \/>\nSon moi poucas as pezas que se achan polo mundo arqueol\u00f3xico, que sexan feitas no mesmo sitio en que foron atopadas. Xeralmente son pezas que aparecen en sitios onde foron ofrendadas \u00e1s divindades, aos enterramentos, foron tesouros escondidos por mil motivos diferentes, son restos que quedan nos campos de batalla, pezas perdidas en tempos de guerra, en emigraci\u00f3ns, pezas escondidas de roubos&#8230; Por tanto n\u00f3s tam\u00e9n temos a nosa propia teor\u00eda de onde pode proceder o Carneiro Alado de Ribadeo.<br \/>\nRevisando a t\u00e9cnica da filigrana en grans ou gotas, l\u00e9vanos a ouriver\u00eda m\u00e1is antiga da historia, l\u00e9vanos a Damasco, o ano 2500 a.C. dous arames retorcidos facendo un cord\u00f3n co que se vai moldeando o debuxo b\u00e1sico. Non, o carneiro non parece ser da ouriver\u00eda de Damasco, pero cabe que sexa unha peza das xoias do \u201ctesouro do rei Creso\u201d \u00faltimo monarca do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Creso\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Reino de Lidia<\/a> entre os anos 560 e 546 a.C.<br \/>\nLidia foi un reino o Oeste de Frigia na Anatolia, na actual Turqu\u00eda occidental. O tesouro de Creso estaba formado por un total de 432 pezas e foi roubado, parte das s\u00faas pezas subtra\u00eddas ilegalmente para outros pa\u00edses e Turqu\u00eda est\u00e1 recuperando parte daquela marabillosa colecci\u00f3n.<br \/>\nNas fotograf\u00edas que mostramos, \u00f3 lado do Carneiro alado de Ribadeo, vense d\u00faas pezas de ouro dese tesouro de Creso, e o emblema da bandeira do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Imperio_Aquem%C3%A9nida\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Imperio Aquem\u00e9nida<\/a> (550-330 a.C.). Si nos fixamos nas formas das \u00e1s, son practicamente iguais en todos estes animais, tanto no cabalo alado e nos dous carneiros do brazalete, como na aguia alada aquem\u00e9nida, e todos son do s\u00e9culo VI a.C. Exactamente igual que <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Antonio_Blanco_Freijeiro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Antonio Blanco Freijeiro<\/a> e Juan Maluquer de Motes pensaban cando dixeron que o Carneiro Alado de Ribadeo databa de entre o ano 525 e 475 a.C. Idade que n\u00f3s consideramos como a m\u00e1is acertada, polo que temos \u00e1 vista, pois non hai m\u00e1is informaci\u00f3n que a que nos pode dar a estrutura e vista da peza.<br \/>\nPero como sempre ocorre cos ach\u00e1degos nomeados de Ribadeo chegan os \u201chistoriadores\u201d e o Carneiro \u00e9 \u201cmesmamente xemelgo\u201d da Cabra Ib\u00e9rica da colecci\u00f3n da Fundaci\u00f3n Abegg de Su\u00edza, e os estudos levados a cabo nos anos 90, \u201camosan con claridade\u201d que o carneiro data dos s\u00e9culos XI-XIII ou incluso posteriores. Iso mesmo, con c\u00e1tedra!<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Menos mal que foi declarado en 2015, ben de interese Cultural da Xunta de Galicia e que segue a estar exposto no Museo de Lugo. E que siga a\u00ed por moitos anos m\u00e1is, pois esc\u00f3itanse voces que din que foi comprado en Madrid&#8230;<br \/>\nSer\u00eda bo que puid\u00e9ramos escoitar a voz da persoa que nomeou a xoia como Carneiro de Ribadeo, e saber o por qu\u00e9 o levou a facelo as\u00ed, pois non podemos descartar que a denominaci\u00f3n actual puidera estar agochando unha peza roubada por un coleccionista. Mentres que non ocorra un milagre que nos revele desde o \u201cM\u00e1is Al\u00e1\u201d tal evento, esa xoia, marabilla da ouriver\u00eda, esperemos que siga nome\u00e1ndose tal cal, o Carneiro alado de Ribadeo, ou pasaranos como coa denominaci\u00f3n da R\u00eda de Ribadeo, que aparecer\u00e1 un se\u00f1or de Murcia como <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Lorenzo+Garc%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Lorenzo Garc\u00eda Asensio<\/a> director do Instituto Xeogr\u00e1fico Nacional, que lle ve\u00f1a a po\u00f1er un nome, \u201calternativo\u201d? Pero todo se andar\u00e1, pois a Invasi\u00f3n Asturiana \u00e1 Historia, ao territorio do Reino de Galiza, aos ach\u00e1degos e incluso a toponimia de Ribadeo, a\u00ednda non se acabou con aquelas todas falcatruadas que por suposto seguiremos relatando, pois non vexo ning\u00fan movemento oficial da Xunta, da Diputaci\u00f3n de Lugo, do Concello de Ribadeo, nada absolutamente nada sobre a salvagarda do noso patrimonio. Bueno, est\u00e1n a \u201ccalafatear\u201d a capela de Nosa Se\u00f1ora das Virtudes da Ponte de Arante, xa fun por al\u00ed tres veces e de momento est\u00e1n recebando paredes, tiraron a nefasta obra da escaleira exterior, est\u00e1n refacendo a armaz\u00f3n e o tellado pero de restaurar AS PINTURAS, NADA absolutamente NADA, iso si, picaron os cales interiores adxacentes as pinturas votivas. Xa veremos. As\u00ed vai indo a historia.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O CARNEIRO ALADO DE RIBADEO Pancho Campos Dorado &nbsp;&nbsp; &nbsp;Fai anos que se sabe do Carneiro alado de Ribadeo, unha xoia da ouriver\u00eda de filigrana exquisita emulando escamas semicirculares, unha peza 50 gramos de ouro puro de 6,5 cm de altura x 6,4 cm de longo x 2 cm de ancho. Entrou a formar parte [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3209,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,56],"class_list":["post-3208","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3208","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3208"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3208\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3209"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3208"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3208"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3208"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}