{"id":3198,"date":"2022-02-17T09:25:00","date_gmt":"2022-02-17T08:25:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T16:31:01","modified_gmt":"2024-10-24T14:31:01","slug":"dia-do-humedais-en-ribadeo-evaristo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/02\/17\/dia-do-humedais-en-ribadeo-evaristo\/","title":{"rendered":"DIA DOS HUMEDAIS EN RIBADEO. Evaristo Lombardero Rico"},"content":{"rendered":"<p><em><br \/>\n   DIA DOS HUMEDAIS EN RIBADEO<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n        <span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O pasado d\u00eda 2 de febrero celebrouse a 52 edici\u00f3n do d\u00eda Mund\u00edal  dos Humedais, que  a nivel local repetiu a liturxia tradicional ca consabida observaci\u00f3n de aves. Un lixeiro contraste con edici\u00f3ns anteriores marcouno o m\u00ednimo  protagonismo das autoridades municipais, que nesta ocasi\u00f3n prescindiron de pousar con tan fotox\u00e9nico recurso. Polo demais os discursos festivos deron a consabida imaxe parcial, chamemoslle ed\u00e9nica ou preciosista da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/r%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">R\u00eda de Ribadeo<\/a> que non existe mais que nos relatorios acad\u00e9micos ou nos anaqueles das bibliotecas, pero non garda a m\u00ednima relaci\u00f3n ca realidade. Como en anos anteriores, so se asiste \u00e1 contemplaci\u00f3n pasiva das aves pero non existen verquidos, nin recheos, nin proxectos de mais recheos, nin cambios nas correntes, nin na sedimentaci\u00f3n, nin nos fondos dos tes\u00f3ns e das canles, nin houbo obras nin pontes nin portos, nin ferragachos, nin centos de esperp\u00e9nticos veh\u00edculos, nin autov\u00edas, nin ampliaci\u00f3ns ilegais sen Estudos de Impacto, nin outras ampliaci\u00f3ns que incumpliron flagrantemente o Estudo de Impacto, nin est\u00e1n pr\u00e1cticamente extinguida ducias de especies animais etc. etc. Pero non hai que preocuparse porque a r\u00eda est\u00e1 protexida polo <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Ramsar\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Convenio Ramsar<\/a>, a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Natura+2000\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Rede Natura 2000<\/a>, a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Reserva da biosfera\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Reserva da Biosfera<\/a>, etc. etc. Como ten declarado repetidamente o Sr. Alcalde Ribadeo, por po\u00f1er un exemplo, no caso dos apartamentos e cafeter\u00eda da I<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Illa%20Pancha\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">lla Pancha<\/a> solicit\u00e1ronse todos os informes sectoriais preceptivos e todos foron favorabeis, a\u00ednda que despois sa\u00edra o Defensor del Pueblo en plan incordiante para documentar  a ilegalidade do proxecto, da s\u00faa tramitaci\u00f3n e do incumprimento de normativa vixente na Rede Natura 2000. En fin, a lei existe pero non se cumpre e a r\u00eda est\u00e1 protexida, pero s\u00f3 no papel.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n        <span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cecais vaia a pena lembrar que a visi\u00f3n fotox\u00e9nica da R\u00eda de Ribadeo ten un precedente pol\u00edticamente significativo no libro editado no 2009 conxuntamente polos concellos de Castropol e Ribadeo co t\u00edtulo \u201cA RIA DE RIBADEO. Natureza entre d\u00faas augas\u201d en versi\u00f3n galega e \u201cLA RIA DEL EO. Naturaleza entre dos aguas\u201d en versi\u00f3n castel\u00e1. Este libri\u00f1o, editado con todo luxo en papel couch\u00e9 ten m\u00e1is de 260 p\u00e1xinas e 400 fotograf\u00edas da mellor calidade, pero a lectura do seu texto d\u00e1 unha versi\u00f3n de \u201ccopia e pega\u201d tomada de outros tempos que garda moi escasa  relaci\u00f3n ca realidade actual e a do ano da sua edici\u00f3n, como dixemos o 2009. O libri\u00f1o en cuesti\u00f3n non menciona ou s\u00f3 fai algunha alusi\u00f3n de pasada aos enormes cambios na sedimentaci\u00f3n, cas modificaci\u00f3ns de canles, perdas de calado e crecemento dos tes\u00f3n; na biolox\u00eda, ca pr\u00e1ctica desaparici\u00f3n de diferentes variedades de peixes, moluscos, crust\u00e1ceos ou algas ou a aparici\u00f3n de especies al\u00f3ctonas colonizadoras, todas elas precedidas por obras e actividades humanas que tampouco se expo\u00f1en no documento. Conv\u00e9n suli\u00f1ar que o libro en cuesti\u00f3n iba destindo aos colexios e no caso concreto de Ribadeo foi entregado polo Sr. Alcalde o d\u00eda 19 de maio de 2009 aos directores dos mesmos nas escaleiras do concello, foto inclu\u00edda.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n        <span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Asi pois debemos denunciar, m\u00e1is unha vez, que con estes agasallos do d\u00eda dos humedias, no caso concreto de Ribadeo, estase enga\u00f1ando aos escolantes, est\u00e1selles dando una versi\u00f3n deformada e manipulada da realidade actual da r\u00eda, estase agochando todo o proceso de deterioro e degradaci\u00f3n e o seu verdadeiro estado actual e a omisi\u00f3n sistem\u00e1tica das normas de protecci\u00f3n e concretamente da redacci\u00f3n dun <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=plan de protecci\u00f3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Plan de Protecci\u00f3n<\/a> que xa esix\u00eda hai m\u00e1is de 30 anos  a lei 4\/89 de Conservacion dos Espazos Naturais e da Fauna e Flora Silvestre.  <\/p>\n<p>        En fin, remataremos suli\u00f1ando que todo esto non sucede por casualidade.  Os intereses econ\u00f3micos, personais e pol\u00edticos de particulares prevalecen sobre o interese xeral de conservaci\u00f3n da natureza e dos recursos que poder\u00edan beneficiar a centos ou miles de persoas e determindas festas e celebraci\u00f3ns cumpren a funci\u00f3n social de embelecer a realidade para que todo siga igual.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Evaristo Lombardero Rico<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>DIA DOS HUMEDAIS EN RIBADEO &nbsp;&nbsp; &nbsp;O pasado d\u00eda 2 de febrero celebrouse a 52 edici\u00f3n do d\u00eda Mund\u00edal dos Humedais, que a nivel local repetiu a liturxia tradicional ca consabida observaci\u00f3n de aves. Un lixeiro contraste con edici\u00f3ns anteriores marcouno o m\u00ednimo protagonismo das autoridades municipais, que nesta ocasi\u00f3n prescindiron de pousar con tan [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[34,37,26,56],"class_list":["post-3198","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-evaristo-lombardero","tag-illa-pancha","tag-medio","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3198","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3198"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3198\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3198"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3198"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3198"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}