{"id":3189,"date":"2022-02-18T21:35:00","date_gmt":"2022-02-18T20:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T16:30:46","modified_gmt":"2024-10-24T14:30:46","slug":"a-vella-bota","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/02\/18\/a-vella-bota\/","title":{"rendered":"A vella bota"},"content":{"rendered":"<p><span>A vella bota<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha vella canci\u00f3n \u00e1 que lle ti\u00f1a aprecio en tempos novos e da que xa non lembro ben, refer\u00edase \u00e1 s\u00faa volta \u00f3 aprecio sentido por unha vella bota, compa\u00f1eira de cami\u00f1atas de descuberta de monta\u00f1as e vales, de natureza pero tam\u00e9n da &#8216;natureza interna&#8217;, propia. Lembranzas \u00edntimas proxectadas de xeitos diferentes no tempo mercede a un instrumento duradeiro, que se humaniza \u00f3 collerlle cari\u00f1o co paso dos anos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Co\u00f1ezo algu\u00e9n que, abondas d\u00e9cadas despois, usa as botas da mili. Do &#8216;Servizo militar&#8217;, para quen non vivira aqueles tempos. Unhas que te\u00f1o son anteriores \u00e1 mi\u00f1a mili, cando xa ti\u00f1an feito quil\u00f3metros polo monte, e lembro que o servizo militar suprimiuse en Espa\u00f1a co cambio de s\u00e9culo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>En troques, lembro outras que literalmente desfix\u00e9ronseme cami\u00f1ando, sen vir a conto. Por sorte, estaba a menos de un quil\u00f3metro do destino, que se chega a ser no medio da traves\u00eda, non \u00eda pasalo moi ben. Resulta que cando fun queixarme vi\u00f1eron a dicirme que era m\u00e1is ou menos normal. Mesmo, que me daban outras pero s\u00f3 porque esa vez a desfeita chegra antes que &#8216;a normalidade&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Un \u00fatil, as botas, e experiencias &#8216;de uso&#8217; totalmente diferentes, que dan lugar a relaci\u00f3ns persoa-aparello tam\u00e9n moi diferentes.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hoxe hai aparellos que desaparecen nas s\u00faas funci\u00f3ns, que est\u00e1n feitos para deixar de ser usados en pouco tempo. A esa caracter\u00edstica pux\u00e9ronlle un nome: obsolescencia programada. A consecuencia, un panorama de dependencia de produtos novos que ve\u00f1an suplir os vellos, que hai que tirar. M\u00e1is cartos para as empresas (o que se procura), m\u00e1is recursos necesitados, m\u00e1is necesidade de esforzo para poder vivir, e medre continuo da burbulla de uso e abusoi do planeta. Unha burbulla que est\u00e1 a piques de estoupar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>T\u00e9\u00f1ennos falado da imaxe de burbullas para moitas cousas. Po\u00f1amos, a burbulla inmobiliaria. Pero a imaxe conduce en todo caso \u00f3 estoupido: son inestables. As\u00ed pasou na burbulla inmobiliaria, que arrastrou \u00e1 econom\u00eda. Agora, a burbulla de sobreuso da Terra est\u00e1 a piques de estoupar. Sexa polo clima, a falta de recursos ou a perda de biodiversidade, tres dos varios vectores da burbulla que poderiamos chamar capitalista a falta de nome mellor, e que son cada vez m\u00e1is inmanexables, vemos que est\u00e1 a piques de estalar. E, desta, os danos que estende a burbulla \u00f3 estalar e salpican outros campos, est\u00e1 claro que \u00e9 o que van salpicar, entre outras cousas: \u00e1 humanidade, a n\u00f3s. A todos, mesmo \u00f3s magnates que esquivar\u00e1n -xa o fan- as primeiras salpicaduras cos seus cartos, pero que m\u00e1is adiante non lles servir\u00e1n m\u00e1is que para abano fronte as altas temperaturas. E iso, se est\u00e1n en billetes, que en formato dixital \u00e9 posible que os cartos sufran alg\u00fan tipo de &#8216;evaporaci\u00f3n na nube&#8217; e sinxelamente, desaparezan.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Conf\u00edo no traballo, na ciencia e na tecnolox\u00eda, pero de a\u00ed a pensar que o mundo vai seguir coa mesma estrutura destrutiva que ata o de agora, s\u00f3 ser\u00eda posible coa previsi\u00f3n de que vou durar pouco e non ver m\u00e1is al\u00f3 desa data. A humanidade chegou ata aqu\u00ed constru\u00edndo redes de moitos tipos, e cada vez temos m\u00e1is necesidade diso, da construci\u00f3n de redes transparentes para a nosa comprensi\u00f3n, colaborativas para o noso apoio, humanas para seguir sendo n\u00f3s, para evitar o m\u00e1is posible ser como os peixes enredados nunha rede que non \u00e9 s\u00faa e que os leva f\u00f3ra do seu medio ata morrer. Sen defensa. Sen poder escapar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A vella bota &nbsp;&nbsp;&nbsp; Unha vella canci\u00f3n \u00e1 que lle ti\u00f1a aprecio en tempos novos e da que xa non lembro ben, refer\u00edase \u00e1 s\u00faa volta \u00f3 aprecio sentido por unha vella bota, compa\u00f1eira de cami\u00f1atas de descuberta de monta\u00f1as e vales, de natureza pero tam\u00e9n da &#8216;natureza interna&#8217;, propia. Lembranzas \u00edntimas proxectadas de xeitos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,26,9],"class_list":["post-3189","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3189","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3189"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3189\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3189"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3189"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3189"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}