{"id":3178,"date":"2022-02-20T13:21:00","date_gmt":"2022-02-20T12:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T16:24:04","modified_gmt":"2024-10-24T14:24:04","slug":"entre-don-benito-e-villanueva-non-hai","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/02\/20\/entre-don-benito-e-villanueva-non-hai\/","title":{"rendered":"Entre Don Benito e Villanueva non hai nada"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>20 de febreiro de 2022. Hoxe \u00e9 o referendo sobre a uni\u00f3n de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Don_Benito\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Don Benito<\/a> (DB) e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Villanueva_de_la_Serena\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Villanueva de la Serena<\/a> (VS), no coraz\u00f3n de Estremadura. Dous pobos con 450 e 175 km<sup>2<\/sup>, 35 000 e 27 0000 habitantes, que queren unir os seus destinos como \u00fanico concello. Din que ten avantaxes.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Dous pobos con n\u00facleos urb\u00e1ns distantes catro km. E eu penso en Galicia, en casos como <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Alfoz\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Alfoz<\/a> (77 km<sup>2<\/sup> e 1600 habitantes) e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/O_Valadouro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">o Valadouro<\/a> (110 km<sup>2<\/sup> e 1900 habitantes), con capitalidades, A Seara e Ferreira, afastadas menos de 4 km entre si, coa poboaci\u00f3n m\u00e1is dispersa, con m\u00e1is dificultades para ofertar servizos, cunha fronteira mutua relativamente abondo maior&#8230; e sen plans \u00e1 vista para aproveitar sinerxias.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Non sei se o referendo estreme\u00f1o chegar\u00e1 a bo fin, pero o mero feito de que o haxa leva a pensar que hai oportunidades, m\u00e1is al\u00f3 das querencias. E iso visto dende o territorio minifundista galego (minifundio en terras particulares, pero tam\u00e9n en pagos p\u00fablicos), xa \u00e9 algo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hai pouco tempo que me chegou a informaci\u00f3n de que un concello, tam\u00e9n estreme\u00f1o, ten case a mesma extensi\u00f3n que a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Guip%C3%BAscoa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">provincia de Gup\u00fascoa<\/a>. Tr\u00e1tase de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/C%C3%A1ceres\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">C\u00e1ceres<\/a>, 1750 km<sup>2<\/sup> por 1997 km<sup>2<\/sup> de Guip\u00fascoa. Pero nese caso, a poboaci\u00f3n tam\u00e9n \u00e9 abondo diferente, estando a provincia vasca oito veces m\u00e1is poboada que o concello estreme\u00f1o. \u00c9 dicir, non son casos comparables o de DB-VS e Alfoz-O Valadouro con C\u00e1ceres (concello) e Guip\u00fascoa.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E hai xa m\u00e1is dunha d\u00e9cada que tivo certo pulo na administraci\u00f3n o impulso \u00e1 uni\u00f3n de concellos. Aquelo pasou a mellor vida, pois a cantidade de intereses disgregados \u00f3 longo da xeograf\u00eda parece unha tarefa tit\u00e1nica para o tirar adiante a nivel estatal. Mais daquela o interese das instituci\u00f3ns chegou a pedir estudos do que pasaba noutros lares, como Dinamarca, unha naci\u00f3n con cincuenta concellos e, \u00f3 que parece, abondo m\u00e1is funcionalidade que por aqu\u00ed. Claro que \u00f3 ser lugares diferentes, non s\u00f3 infl\u00fae que o resto das administraci\u00f3ns sexan tam\u00e9n diferentes na s\u00faa estrutura e funcionamento, sen\u00f3n o tama\u00f1o do estado ou a mentalidade que se foi marcando na historia do pobo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E hai m\u00e1is cousas. Os servizos de proximidade non te\u00f1en a mesma perspectiva nunha uni\u00f3n de m\u00e1is de 50 000 persoas concentradas en n\u00facleos urbanos e 600 km<sup>2<\/sup>, como \u00e9 o caso de DB-VS que noutra con 15 veces menos habitantes dispersos e un terzo de extensi\u00f3n (Alfoz-O Valadouro). Quiz\u00e1is sexa m\u00e1is semellante co caso d<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Comarca_da_Mari%C3%B1a_Oriental\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">a Mari\u00f1a Oriental<\/a>, catro concellos cun total de 16 000 habitantes e menos de 400 km<sup>2<\/sup>, a\u00ednda que cun n\u00facleo principal de poboaci\u00f3n, Ribadeo, con case a metade dos habitantes do conxunto&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Si, hai moitas cousas a considerar nunha uni\u00f3n de concellos. O que non parece de recibo \u00e9 que, tal como est\u00e1n os servizos p\u00fablicos en Galicia -por centrarnos m\u00e1is &#8216;no noso&#8217;- non se vaia comezando a facer esas consideraci\u00f3ns e cando menos, a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=mancomunidade\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">mancomunar<\/a> m\u00e1is servizos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; 20 de febreiro de 2022. Hoxe \u00e9 o referendo sobre a uni\u00f3n de Don Benito (DB) e Villanueva de la Serena (VS), no coraz\u00f3n de Estremadura. Dous pobos con 450 e 175 km2, 35 000 e 27 0000 habitantes, que queren unir os seus destinos como \u00fanico concello. Din que ten avantaxes.&nbsp; &nbsp;&nbsp; &nbsp;Dous [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,13,9],"class_list":["post-3178","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3178","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3178"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3178\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3178"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3178"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3178"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}