{"id":3143,"date":"2022-02-27T18:15:00","date_gmt":"2022-02-27T17:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T16:23:01","modified_gmt":"2024-10-24T14:23:01","slug":"de-ninguen-don-companeiros-de-viaxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/02\/27\/de-ninguen-don-companeiros-de-viaxe\/","title":{"rendered":"De Ningu\u00e9n a Don: compa\u00f1eiros de viaxe, ecoloxistas e outras composturas"},"content":{"rendered":"<p>De Ningu\u00e9n a Don: compa\u00f1eiros de viaxe, ecoloxistas e outras composturas<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A guerra sempre \u00e9 mala, mais se a hai \u00e9 porque hai quen a considera un mal menor.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Na escola estudei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/R%C3%ADo_Dniepr\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Dni\u00e9per<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/R%C3%ADo_Dnister\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Dni\u00e9ster<\/a> e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/R%C3%ADo_Don\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Don<\/a> como os r\u00edos que corr\u00edan cara \u00f3 <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Mar_Negro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">mar Negro<\/a> no que daquela non sab\u00eda territorio <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ucra%C3%ADna\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ucra\u00edno<\/a>. Mais Don, ten abondo m\u00e1is significados que o nome do r\u00edo. De habilidade a concesi\u00f3n, pasando polo tratamento de respecto, sexa de xeito debido \/ ganado ou indebido \/ roubado, herdado, semellado por impostura ou outras posibilidades. E, en moitos tratamentos administrativos, empr\u00e9gase o t\u00edtulo de &#8216;Don&#8217; (ou dona) por defecto para calquera persoa. Pode que por iso, para aproveitar o que se interpreta como contraste, haxa quen use a expresi\u00f3n &#8216;Don Ningu\u00e9n&#8217; para remarcar que hai persoas que non se te\u00f1en que considerar por moito que po\u00f1an alg\u00fan tipo de Don diante, ou sinxelamente, que poden non considerarse. Entend\u00e1monos: non \u00e9 que non se consideren persoas, \u00e9 &#8216;como se non se considerasen&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hoxe est\u00e1n literalmente de moda as novas sobre a guerra de Ucra\u00edna. Que si Putin, a OTAN, incumprimento de tratados, imperialismo, fascismo, a econom\u00eda&#8230; Cingu\u00edndonos a Rusia e Ucra\u00edna, rondan os douscentos mill\u00f3ns de persoas. Preg\u00fantome cantas delas estaban hai, po\u00f1amos, un mes, traballando para que houbese guerra. E se precisamente son elas as m\u00e1is prexudicadas pola guerra. Claro, unha vez comezada a guerra, xa non \u00e9 tan doado a todos eses mill\u00f3ns sa\u00edr dela, deixala atr\u00e1s, ou \u00e1 beira, zafarse como se nada: o normal \u00e9 que quen queira facelo sexa considerado como traidor a quen, quen t\u00e9n agarrado o mango, di que son &#8216;os seus&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E iso ocorre en t\u00f3dolos campos, con moitas guerras que parecen m\u00e1is incruentas, ben porque non se ven as mortes ou a dor tan cerca no tempo ou no espazo, ou nas noticias.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>De a\u00ed que me considere un Ningu\u00e9n, sen nin tan s\u00f3 o don diante. Iso si, un Ningu\u00e9n como moitos outros mill\u00f3ns de ningu\u00e9n. Mesmo os Don son tam\u00e9n Ningu\u00e9n, forman parte desa constelaci\u00f3n de ningu\u00e9n que somos as persoas no mundo. Do mesmo xeito, todos somos Don, pois a todos se nos debe respecto. Pero, para non caer na tentaci\u00f3n de crer que ese respecto \u00e9 un privilexio, ou de usalo como arma, o ser ningu\u00e9n Ningu\u00e9n, est\u00e1 ben. Un ningu\u00e9n m\u00e1is.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ser persoa (coma ti) implica ter moitos compa\u00f1eiros de viaxe neste mundo, queridos ou non, de ideas parellas ou opostas, pero compa\u00f1eiros na sociedade. A\u00ed est\u00e1 o intr\u00edngulis de quen cre que quere cousas diferentes \u00e1s que ti: o facerte crer que est\u00e1s illado, que non tes contigo m\u00e1is que a alg\u00fan despistado e a quen por unha ou outra raz\u00f3n, \u00e9 dif\u00edcil que te diga \u2018non\u2019. Porque illado es tan pouca cousa que non es ningu\u00e9n. Mais, Ningu\u00e9n, pensa que si hai xente coma ti, a\u00ednda que non os vexas ou non os identifiques. En relaci\u00f3n a unhas cousas, ser\u00e1n uns. Respecto a outras, outros.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Quen vai parar o quecemento global ou a contaminaci\u00f3n? Os ecoloxistas? Necesarios, si, pero s\u00f3s, non. Os Don? Cos seus intereses inmediatos, non. Entre todos pode ser posible. Isto \u00e9, todos os ningu\u00e9n, coas contradici\u00f3ns que arrastramos entre n\u00f3s e internas a cada un, conscientes de que tam\u00e9n temos intereses inmediatos, \u00e1rbores que non nos deixan ver o bosque. E sabendo que \u00f3 final, tam\u00e9n os Don son ningu\u00e9n, tam\u00e9n con moitas contradici\u00f3ns e poucas soluci\u00f3ns a estas alturas. Iso, ou non se far\u00e1. Igual que para a paz somos necesarios todos, pero para a guerra, chegado un punto, fan falta poucos. Se houbera d\u00fabidas, a\u00ed est\u00e1n os \u2018bot\u00f3ns nucleares\u2019.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A sociedade leva po\u00f1endo regras dende que existe. Esas regras son cada vez m\u00e1is complicadas. E non deberan, porque complican a vida. Pero se hai unha carreira cara \u00e1 complicaci\u00f3n, \u00f3 menos en parte \u00e9 porque tam\u00e9n se procuran cada vez xeitos m\u00e1is artellados de saltar o esp\u00edrito co que se constr\u00faen. E iso non soe poder facelo un ningu\u00e9n dentro deste sistema. Un sistema, como moitos outros posibles, inestable de por si, a\u00ednda que capaz de reproducirse se ten recursos. Se os ten.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Aprecio a moitos Don. Pero non por iso deixo de saber que non deixan de ser, tam\u00e9n, ningu\u00e9n. Por sorte para todos. Por sorte para a humanidade.<\/p>\n<p>Ningu\u00e9n, un ningu\u00e9n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De Ningu\u00e9n a Don: compa\u00f1eiros de viaxe, ecoloxistas e outras composturas &nbsp;&nbsp; &nbsp;A guerra sempre \u00e9 mala, mais se a hai \u00e9 porque hai quen a considera un mal menor. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Na escola estudei Dni\u00e9per, Dni\u00e9ster e Don como os r\u00edos que corr\u00edan cara \u00f3 mar Negro no que daquela non sab\u00eda territorio Ucra\u00edno. Mais [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-3143","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3143","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3143"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3143\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3143"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3143"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3143"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}