{"id":3129,"date":"2022-03-02T12:54:00","date_gmt":"2022-03-02T11:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T16:21:34","modified_gmt":"2024-10-24T14:21:34","slug":"sobre-victor-madera-o-propietario-da","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/03\/02\/sobre-victor-madera-o-propietario-da\/","title":{"rendered":"Sobre V\u00edctor Madera, o propietario da Torre dos Moreno"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>V\u00edctor Madera, patr\u00f3n de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=V%C3%ADctor+Madera&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Paisajes de Asturias<\/a>, propietaria da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/torre%20dos%20Moreno\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Torre dos Moreno<\/a> en Ribadeo, \u00e9 o tema dun artigo do \u00faltimo n\u00famero en papel de <a href=\"https:\/\/www.elsaltodiario.com\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">El Salto<\/a>. Non \u00e9 a primeira vez que se fala del en ribadeando; agora, deixo a traduci\u00f3n \u00f3 galego de dito artigo, licenciado como <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/4.0\/deed.gl\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">CC-BY-SA<\/a>.<\/p>\n<p><em><strong>V\u00edctor Madra: Helios y Atenea en la Castellana<\/strong><\/em><\/p>\n<p><em>O magnate asturiano V\u00edctor Madera, rico gracias \u00f3 sangrado da sanidade p\u00fablica, orquesta dende Luxemburgo unha fortuna regada de fincas e mansi\u00f3ns.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/www.elsaltodiario.com\/autor\/felicia-barrio\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Felicia Barrio<\/a><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/03\/sobre-victor-madera-o-propietario-da-1220591286.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/03\/sobre-victor-madera-o-propietario-da-1220591286.jpeg\" class=\"wp-image-3130\" width=\"480\" \/><\/a><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n&nbsp;&nbsp; &nbsp;Non sab\u00eda que, durante la Guerra Civil, \u00f3 Paseo de la Castellana de Madrid lle chamaran la Avenida de la Uni\u00f3n Proletaria. Para atopar \u00f3 proletariado hoxe nesta r\u00faa hai que vir \u00e1s 11:30h. Unha lexi\u00f3n deles af\u00e1nase na reconstruci\u00f3n de Castellana 14. Fronte a eles, outro destacamento desfila con sacos de obra pola porta do n\u00famero 23. Fai esquina con Zurbar\u00e1n e no seu primeiro andar est\u00e1 a oficina madrile\u00f1a de V\u00edctor Madera (Oviedo, 1961), un ganador, o m\u00e1is sagaz do lucrativo proceso de consolidaci\u00f3n do negocio da sanidade privada en Espa\u00f1a.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Todo ten explicaci\u00f3n na cabeza dos seus asesores fiscais, Todo ten explicaci\u00f3n para que a s\u00faa empresa principal, HCI SA, o gran contedor do seu patrimonio, estea en Luxemburgo. Para que o seu enderezo profesional sexa unha mansi\u00f3n \u00f3 suroeste de Londres, en Virginia Water (Surrey), unha das urbes m\u00e1is pijas do Reino Unido. El vive nunha casa de base circular e estanque circular no centro xeod\u00e9sico de La Moraleja.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Porque Madera, Presidente de Quir\u00f3n, consid\u00e9rase a si mesmo un inversor emocional. HCI SA acumula 597 mill\u00f3ns de euros -o seu \u00faltimo balance \u00e9 de 2019- gracias a uns ataques de emotividade, ben canalizados cara \u00f3 enrequecimento persoal. S\u00fafreos dende hai 30 anos e t\u00e9\u00f1eno levado a liderar un proceso de concentraci\u00f3n hospitalaria nunca visto que desembocou na creaci\u00f3n do actual Quir\u00f3n Salud. A historia de como o logrou tense escrito varias veces e segue a vella f\u00f3rmula que ten fabricado tantas e tantas fortunas co\u00f1ecidas, varias das maiores do pa\u00eds: o legrado do com\u00fan.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Madera entendeu o primeiro como a pol\u00edtica rexional sanitaria nutre de xeito permanente a sanidade privada grazas \u00e1 derivaci\u00f3n das listas de espera e outros sangrados. Viuno preto na Cruz Vermella e no Grupo Recoletas. Ate a s\u00faa xogada de mestre, o negocio hospitalario privado era cousa dalgunhas familias con poder local en Catalunya, Andaluc\u00eda, Canarias ou Galicia; mutuas e a Igrexa cat\u00f3lica. Esta mesma partida tam\u00e9n a xogaron outros, como a familia Gallardo (Vithas), La Caixa e as vellas caixas dirixidas por pol\u00edticos valencianos e madrile\u00f1os en torno a Ribera Salud.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No gran lago p\u00fablico hab\u00eda peixes para todos. Madera deseguida deu vida a IDC Salud, eixo das s\u00faas operaci\u00f3ns especulativas xunto \u00f3 fondo CVC, que en apenas dez anos desembocou en Quir\u00f3n Salud. O punto de partida foi a venda de Quir\u00f3n (55 hospitais) \u00f3 meirande grupo sanitario alem\u00e1n, Fresenius Helios, no que quedou como presidente en Espa\u00f1a e accionista.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Agora Madera xa ten deixado atr\u00e1s aquela axitaci\u00f3n empresarial. As s\u00faas catro fillas como catro soles herdar\u00e1n outra cousa. Algo que ten m\u00e1is que ver coa s\u00faa mansi\u00f3n de La Moraleja, unha casa de ver\u00e1n en Castropol e a mellor finca de caza de Extremadura. Xunto \u00e1 s\u00faa esposa, Obdulia Fern\u00e1ndez, dende esa oficina do primeiro andar de Castellana 23, onde o sol de inverno refl\u00edctese xeneroso polas ma\u00f1\u00e1ns, leva anos mercando propiedades suntuosas en Asturias, Menorca, Formentera, Reino Unido, Torrej\u00f3n El Rubio&#8230;&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En cinco anos, unha das empresas que domicilia aqu\u00ed, Paisajes de Asturias SL, cuadruplicou o seu patrimonio at\u00e9 216 mill\u00f3ns. Nese tempo, Obdulia ten copado pouco a pouco o seu capital, ata o 84% actual, e ten unha das carteiras inmobiliarias m\u00e1is exquisitas do pa\u00eds, engordada con palacetes indianos e outros caser\u00f3ns se\u00f1oriais que alg\u00fan d\u00eda competir\u00e1n con Paradores Nacionales.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Paisajes de Asturias comparte piso con Bosetia investments SL, que suma outros 116 mill\u00f3ns en inmobles. Bosetia \u00e9 unha desas empresas que se compran e xa. Foi creada en 2017 por Afiens Legal, o despacho de compa\u00f1\u00edas durmintes de Lorena Salamanca Cuevas, e pasou deseguida \u00e1s s\u00faas mans para comprar a cl\u00ednica Planas \u00e1 familia balear Planas Palou. En resume, cont\u00e9n o hospital PalmaPlanas, alugado a Quir\u00f3n, e a residencia para maiores de 55 anos Can Granada, ambos en Palma, que lle embebe clientela. En Baleares, Madera est\u00e9ndese asemade por Ibiza, Formentera, e sobre todo, Menorca -Encantos de Menorca SL- onde medios locais o identifican como propietario do 1,5 % da illa, pois en pouco tempo ten adquirido milleiros de hect\u00e1reas e espazos e edificios singulares. No Reino Unido, ademais, a s\u00faa firma HCH Wooden Limited inviste outros 90,3 mill\u00f3ns.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As\u00ed &#8216;f\u00edxase e da esplendor&#8217; a un patrimonio constru\u00eddo sobre a especulaci\u00f3n dentro dun dos terreos m\u00e1s sensibles, a sa\u00fade, onde pol\u00edticos e pol\u00edticas sen escr\u00fapulos po\u00f1en o list\u00f3n \u00f3 empresarios do ramo.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>De Blackstone a Blackrock, pasando por Nicol\u00e1s Osuna, Jos\u00e9 Llad\u00f3, as irm\u00e1s \u00c1lvarez, Borja Prado&#8230; e Madera. Son xa toda unha experta en po\u00f1erlle ollos, nariz e boca a ese mundo alleo que pobra a ef\u00e9mera Avenida de la Uni\u00f3n Proletaria. Se ma\u00f1\u00e1 vas \u00f3 n\u00famero 23, ver\u00e1s como o seu front\u00f3n encom\u00e9ndase a Atenea, que loce un casco e unha \u00e9xida divinos, lista para a batalla, Toda unha alegor\u00eda da guerra de clases, onde a deusa ten tomado partido, branco e en botella, polo \u00fanico bando hoxe consciente da s\u00faa existencia. O bando que, como di o vello Warren Buffet, &#8216;\u00edmola ga\u00f1ando&#8217;<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; V\u00edctor Madera, patr\u00f3n de Paisajes de Asturias, propietaria da Torre dos Moreno en Ribadeo, \u00e9 o tema dun artigo do \u00faltimo n\u00famero en papel de El Salto. Non \u00e9 a primeira vez que se fala del en ribadeando; agora, deixo a traduci\u00f3n \u00f3 galego de dito artigo, licenciado como CC-BY-SA. V\u00edctor Madra: Helios y [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3130,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9,58],"class_list":["post-3129","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3129","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3129"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3129\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3130"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3129"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3129"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3129"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}