{"id":3058,"date":"2022-03-22T21:45:00","date_gmt":"2022-03-22T20:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T16:02:14","modified_gmt":"2024-10-24T14:02:14","slug":"un-papel-en-branco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/03\/22\/un-papel-en-branco\/","title":{"rendered":"Un papel en branco"},"content":{"rendered":"<p>Un papel en branco<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Isto non vai da Ucra\u00edna (nin de Siria, nin do S\u00e1hara, &#8230;). Vai de n\u00f3s.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As novas da semana pasada deixaron un pequeno titular que pode resultar chamativo: algunha persoa ter\u00eda sido arrestada en Rusia por asistir a manifestaci\u00f3ns pola paz portando nas mans un papel en branco. Si, o primeiro motivo das concentraci\u00f3ns ter\u00eda sido a protesta pola invasi\u00f3n da Ucra\u00edna, mais o titular centrar\u00edase no \u2018papel en branco\u2019, \u00e9 dicir, en ter sido levadas \u00e1 cadea por \u2018nada\u2019, un \u2018nada\u2019 resumido nun papel en branco.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Mais a cousa non \u00e9 as\u00ed. Admite outras visi\u00f3ns, un papel en branco \u00e9 moito m\u00e1is ca nada, e o portalo e ensinalo \u00e9 un xesto que pode valer moito para a persoa e para quen o ve.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nun papel en branco colle todo, calquera cousa. Pode acoller todo. A liberdade das posibilidades. Mais necesita de algu\u00e9n, quen o use, para poder ser algo m\u00e1is al\u00f3 que nada. En certo xeito, tam\u00e9n \u00e9 un s\u00edmil. \u00c9 igual ca paz, acolledora pero que necesita ser coidada, que est\u00e1 necesitada de acollida: o papel pode acoller ideas, tanto escritas como simbolizadas na s\u00faa brancura, mais necesita ser usado, un xesto humano, para acollelas. E \u00e9 ese o motivo de ir parar \u00e1 cadea: a defensa das posibilidades que leva consigo o alzar un papel en branco. A defensa da liberdade. Inclu\u00edndo a paz.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E \u00e9 que un papel en branco non \u00e9 un cheque en branco. Pode selo, se se usa dun determinado xeito, pero tam\u00e9n pode ser moitas m\u00e1is cousas, dende un manifesto pola paz a un acordo vinculante. Por certo, vinme obrigado a inclu\u00edr o de \u2018vinculante\u2019 porque parece que os acordos \u00e1 vella usanza, de palabra, todo o m\u00e1is co selo dun apret\u00f3n de mans, ser\u00eda no mundo actual equivalente \u00f3 \u2018papel mollado\u2019. Por outra parte, o mesmo que moitos tratados, acordos e dereitos internacionais que, se impresos, parece que poden servir para limpar alg\u00fan cu.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Volvendo \u00f3 branco, non deixa de parecer curioso que sexa usado como s\u00edmbolo espiritual, de paz (e de inocencia e pureza) e \u00f3 tempo, como s\u00edmbolo en rendici\u00f3ns en guerra (bandeira branca). \u00d3 fin, pola rendici\u00f3n chegar\u00edase \u00e1 paz, a\u00ednda que sexa unha paz con diferente significado segundo que a interprete o bando rendido (que soe ser o atacado) ou o vencedor (que soe ser o atacante, que, consciente das s\u00faas posibilidades, meter\u00edase \u00f3 ataque)&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Est\u00e1 visto que a paz hai que constru\u00edla. Entre todos. Colaborando. En igualdade. Dia a d\u00eda. En todos os lugares. Como un papel en branco que hai que encher do mellor xeito posible. Usando a imaxe do papel, \u00e9 tan fr\u00e1xil como rachable o papel: vale con que algu\u00e9n queira facer a guerra, que considere a guerra como un mal menor, como unha alternativa onde ten pouco ou nada que perder.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pola liberdade de poder levar un papel en branco. Non esborranches o papel. \u00dasao para ben (e antes de que non te permitan alzalo, para poder seguir a facelo&#8230;).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un papel en branco &nbsp;&nbsp; &nbsp;Isto non vai da Ucra\u00edna (nin de Siria, nin do S\u00e1hara, &#8230;). Vai de n\u00f3s. &nbsp;&nbsp; &nbsp;As novas da semana pasada deixaron un pequeno titular que pode resultar chamativo: algunha persoa ter\u00eda sido arrestada en Rusia por asistir a manifestaci\u00f3ns pola paz portando nas mans un papel en branco. Si, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,17,9],"class_list":["post-3058","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-paz","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3058","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3058"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3058\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3058"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3058"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3058"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}