{"id":3036,"date":"2022-03-28T19:49:00","date_gmt":"2022-03-28T17:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T16:00:43","modified_gmt":"2024-10-24T14:00:43","slug":"todos-contra-todos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/03\/28\/todos-contra-todos\/","title":{"rendered":"Todos contra todos"},"content":{"rendered":"<p><span>Todos contra todos<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Xa tardaba. O exemplo das grandes empresas, sexan bancos ou el\u00e9ctricas por iso de que estamos m\u00e1is afeitos \u00e1s s\u00faas falcatruadas, ou outras, cunde e trasl\u00e1dase a outros nichos sociais. Se onte eran as grandes empresas as que aseguraban a s\u00faa pervivencia e ganancias por medio dos seus contactos pol\u00edticos, hoxe estamos a vivir unha \u00e9poca na que os pequenos comercios e industrias, da hostaler\u00eda \u00f3 transporte, tentan render o poder das estruturas de goberno \u00f3 seu favor, asegurando de igual xeito a garant\u00eda de ganancias.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Empresa. se consideramos o seu significado, veremos, como no dicionario da Real Academia Galega, &#8216;Sociedade de car\u00e1cter comercial ou industrial&#8217;, ou semellante, non &#8216;sociedade que sempre d\u00e1 ganancias&#8217; ou cousas polo estilo. Menos a\u00ednda, despois de pretender que unha das v\u00edas de asegurar as ganancias continuadas sexa a diminuci\u00f3n de impostos. Non para todos, claro, sen\u00f3n para as empresas implicadas na negociaci\u00f3n correspondente. Digo, porque iso deixa negro sobre branco o evidente: que o financiamento desas ganancias sempiternas ter\u00e1 que sa\u00edr dos petos dos m\u00e1is, dos non inclu\u00eddos nesas negociaci\u00f3ns.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Coido que unhas negociaci\u00f3ns, se chegan a ser negociaci\u00f3ns, \u00e9 porque abranguen temas que por algunha raz\u00f3n non son doados de resolver de xeito individual, e necesitan unha colectividade proactiva na procura do ben com\u00fan. Polo menos, hai que partir desa base se se quere chegar a algo nunha negociaci\u00f3n. Mais, nas actuais circunstancias, tal parece que se instalara o &#8216;todos contra todos&#8217; e o &#8216;s\u00e1lvese o m\u00e1is forte&#8217;, sendo, claro, o m\u00e1is d\u00e9bil quen non ten nin posibilidade de ser escoitados no c\u00edrculo de negociaci\u00f3n. E iso non \u00e9 soluci\u00f3n nunha comunidade, sexa do tipo estado, concello ou familia, por po\u00f1er casos a varios niveis de tama\u00f1o (e complexidade).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A\u00ednda nos costa ver a crise \u2018actual\u2019, aumento de prezo dos combustibles, como parte dunha crise maior e como algo que nos incumbe a todos, pero tam\u00e9n que nos transcende a todos, baseada no sistema de desenvolvemento elixido. Capitalismo que leva entre outras cousas a medres exponenciais para que funcione -se non medra \u2018a econom\u00eda\u2019, dise que algo vai mal-, que levan a necesidades que tam\u00e9n medran de xeito exponencial e que implican esgotamento de recursos limitados, reduci\u00f3n da vida e a s\u00faa diversidade sobre o planeta \u2018para facer espazo\u2019, imposibilidade non xa de atopar enerx\u00eda abonda, sen\u00f3n de desfacerse da enerx\u00eda xa usada, axudando a quencer o planeta, imposibilidade de desfacerse de lixo -tanto s\u00f3lido como l\u00edquido como gasoso, con implicaci\u00f3ns diversas-, etc. Mais todo iso vai ter que cambiar se queremos un equilibrio que permita a vida no planeta -inclu\u00edda a nosa, a da humanidade-. Un cambio de mentalidade que leva tempo xest\u00e1ndose e \u00f3 que se lle est\u00e1n a po\u00f1er todo tipo de atrancos interesados para que algunha xente -pouca, pero tendo en conta que nalgunha circunstancia podemos pertencer n\u00f3s a esa \u2018pouca xente\u2019- poda manter avantaxes diversos sobre os m\u00e1is, nun sinsentido se  miramos dende o ben com\u00fan.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Todos contra todos &nbsp;&nbsp;&nbsp; Xa tardaba. O exemplo das grandes empresas, sexan bancos ou el\u00e9ctricas por iso de que estamos m\u00e1is afeitos \u00e1s s\u00faas falcatruadas, ou outras, cunde e trasl\u00e1dase a outros nichos sociais. Se onte eran as grandes empresas as que aseguraban a s\u00faa pervivencia e ganancias por medio dos seus contactos pol\u00edticos, hoxe [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,26,13,9],"class_list":["post-3036","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3036","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3036"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3036\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3036"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3036"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3036"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}