{"id":3004,"date":"2022-04-04T19:01:00","date_gmt":"2022-04-04T17:01:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:59:37","modified_gmt":"2024-10-24T13:59:37","slug":"botin-de-guerra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/04\/botin-de-guerra\/","title":{"rendered":"Bot\u00edn de guerra"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Procuro non mirar constantemente as novas da guerra. Tentar desactivala no que poda, edificar a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/paz\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">paz<\/a>, si, pero absorber unha tras outras as miserias humanas que se manifestan nunha guerra \u00e9 nocivo, \u00e9 instaurar a guerra no noso propio corpo, no noso propio ser. A\u00ednda as\u00ed, de cando en vez escoito ou paso os ollos por diante de noticias de guerra. Non de partes de guerra, sen\u00f3n en xeral. E non de calquera guerra, que a guerra coa que nos est\u00e1n bombardeando agora ten unha serie de nomes asociados: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Ucra%C3%ADna&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ucra\u00edna<\/a>, Putin, Rusia, Zelenski&#8230; Para min, ten xa un nome m\u00e1is: muller.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>As atrocidades diversas de t\u00f3dalas guerras impactan, e tentar clasificalas parece unha labor inhumana, de colaboraci\u00f3n coa propia guerra. E esa clasificaci\u00f3n coido pode variar coa guerra ou a \u00e9poca na que se desenvolve. Mais como guerra, fixo que hai algunha constante. E unha delas est\u00e1 asociada coa parte que leva a muller nas guerras.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>&#8216;Nesta&#8217;, na guerra na Ucra\u00edna, sabemos que sa\u00edron xa mill\u00f3ns de persoas do pa\u00eds, tentando refuxiarse en Europa. Nunha Europa que di que vai acollelas de xeito dilixente mentres no Mediterr\u00e1neo segue a morrer xente e mesmo alg\u00fan pa\u00eds traizoa a cidad\u00e1ns seus no deserto do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=S\u00e1hara&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">S\u00e1hara<\/a> axudando coa escusa de evitar recibir m\u00e1is inmigrantes. Ben, pois esas persoas que fuxiron a Europa son mulleres e nenos: os homes non poden sa\u00edr.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Nesta guerra suc\u00e9dese a desinformaci\u00f3n, pero non cabe d\u00fabida do sufrimento da xente. Hoxe, con minutos de diferenza, xunto unha noticia na que unha ucra\u00edna ter\u00eda sido violada a punta de pistola por un ruso -unha violaci\u00f3n m\u00e1is-, con outra na que outra ucra\u00edna \u00e9 atada indefensa a un poste co cu \u00f3 aire no medio dunha cidade despois de ser violada e ante a indiferenza dos transe\u00fantes -unha muller m\u00e1is-. No primeiro caso, a muller estar\u00eda gorec\u00e9ndose cunha crianza nun grupo nun soto, pero ante as armas, pouco que facer, como se o ser un acto de guerra variara moitas consideraci\u00f3ns. No segundo, a muller ser\u00eda unha &#8216;terceira columna&#8217; do inimigo na poboaci\u00f3n, como se encadrando o acto nunha guerra volveran variar as consideraci\u00f3ns. En \u00e1mbolos dous casos, de ser home seguramente o sucedido ser\u00eda diferente.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>\u00c9 unha constante nas guerras. As mulleres son bot\u00edn de guerra. Dende hai moito. Polo menos est\u00e1 documentado dende o mitificado rapto das Sabinas que deu pulo \u00f3 nacemento do Imperio Romano. Non son o \u00fanico bot\u00edn nin as \u00fanicas persoas prexudicadas, pero si unha constante que pasa por machacar \u00f3 m\u00e1is d\u00e9bil. Sona, non? O t\u00edpico acoso, que de \u2018escolar\u2019, o m\u00e1is escoitado nos \u00faltimos tempos, pasa a calquera outra faceta, tempo ou lugar na vida: machacar a quen ten menos poder, est\u00e1 m\u00e1is illado, vese m\u00e1is d\u00e9bil. Segue a soar, verdade? E moitas veces, coa complicidade doutra xente, que se sinte poderosa polo feito de poder machacar a quen \u00e9 m\u00e1is d\u00e9bil. Revisa. Rev\u00edsate.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Procuro non mirar constantemente as novas da guerra. Tentar desactivala no que poda, edificar a paz, si, pero absorber unha tras outras as miserias humanas que se manifestan nunha guerra \u00e9 nocivo, \u00e9 instaurar a guerra no noso propio corpo, no noso propio ser. A\u00ednda as\u00ed, de cando en vez escoito ou paso os [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,17,9],"class_list":["post-3004","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-paz","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3004","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3004"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3004\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3004"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3004"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3004"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}