{"id":3002,"date":"2022-04-05T14:12:00","date_gmt":"2022-04-05T12:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:37:24","modified_gmt":"2024-10-24T13:37:24","slug":"sobre-ubicacion-do-novo-centro-de-saude-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/05\/sobre-ubicacion-do-novo-centro-de-saude-2\/","title":{"rendered":"SOBRE A UBICACI\u00d3N DO NOVO CENTRO DE SA\u00daDE (I). Evaristo Lombardero Rico"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>SOBRE A UBICACI\u00d3N DO NOVO CENTRO DE SA\u00daDE (I) <\/em><\/p>\n<p><em> <\/p>\n<p>Na p\u00e1xina web do Concello de Ribadeo do d\u00eda 30\/3\/22 aparece a nova do acordo entre o Concello e a Xunta para a construci\u00f3n do novo <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/sanidade\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Centro de Sa\u00fade<\/a> nuns terreos enfronte da Estaci\u00f3n de Servizo. Ate agora \u00e9 a \u00fanica informaci\u00f3n oficial que co\u00f1ecemos e nela non se comenta nen de pasada o problema da distancia que deber\u00e1n percorrer as persoas que queiran facer uso do devandito servizo. Alg\u00fans datos doados de contrastar son os seguintes:  <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>1\u00ba O Concello de Ribadeo ten 9871 habitantes de acordo co censo oficial en 2021, con unha lixeira tendencia ao descenso dende 2014. Ademais conta con unha poboaci\u00f3n non censada dif\u00edcil de estimar, pero en todo caso non inferior a varios centos. A maior parte de esa poboaci\u00f3n ten o m\u00e9dico de cabeceira en Ribadeo, polo tanto son usuarios potenciais dos servizos sanitarios do SERGAS. Asemade durante os per\u00edodos vacacionais a poboaci\u00f3n experimenta un incremento de varios miles de persoas.  <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>2\u00ba Segundo datos do INE de 2020, o 69,53 % dos residentes censados en Ribadeo estaban no casco urbano, mentres que no ano 2000 esa porcentaxe era do 56,66 %. Nestes vinte anos o casco urbano pasou de 5119 habitantes a 6856, en parte pola chegada de persoas procedentes de outros concellos ou pa\u00edses e tam\u00e9n por persoas procedentes das parroquias, cuxa poboaci\u00f3n non deixou de baixar de forma continuada, pasando de 3915 habitantes no ano 2000 a 3004 no 2020. Sin embargo estes datos deben tomarse con car\u00e1cter orientativo, pois \u00e9 ben sabido que unha gran parte das persoas procedentes das parroquias que actualmente residen habitualmente no casco urbano seguen censadas no seu lugar de orixe.  <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>3\u00ba Non podemos facer estimaci\u00f3ns sobre o que vai suceder nos pr\u00f3ximos anos pero non cabe ningunha d\u00fabida de que as tendencias sinaladas van seguir tirando por unha perda de poboaci\u00f3n nas parroquias e posiblemente unha parte de esta poboaci\u00f3n fixe a sua residencia no casco urbano. Asemade hai abondos indicios de que o envellecemento vai seguir na mesma tendencia que ate agora.  <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>4\u00baA distancia (medida polo SigPac) entre a Estaci\u00f3n de Servizo e a Praza de Abastos, indo pola Avda de Galicia ou o Teatro, indo por San Roque, ven sendo un quil\u00f3metro, metro arriba metro abaixo. Os atrancos, pasos de pe\u00f3ns, rotondas e riscos para os peons derivados do tr\u00e1fico intenso son ben co\u00f1ecidos.  <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>A partir dos datos anteriores calquera pode decatarse que ag\u00e1s as persoas procedentes das parroquias que xa te\u00f1en que vir en coche e un reducido n\u00famero de veci\u00f1os que residen perto da zona proxectada, para a gran maior\u00eda dos usuarios a nova ubicaci\u00f3n do Centro de Atenci\u00f3n Primaria vai supo\u00f1er un atranco e unha perda de calidade asistencial, maiormente para as persoas maiores, dependentes e con menos recursos.  <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Pola outra banda todos e todas co\u00f1ecemos ben o que \u00e9 o casco urbano de Ribadeo e folga suli\u00f1ar as enormes parcelas sen edificar que existen no centro do mesmo. Tam\u00e9n sabemos que a reforma do Plan Xeral de Ordenaci\u00f3n Municipal foi aprobada definitivamente a finais de 2014 e polo que agora se descubre non se reservou ning\u00fan espazo dotacional para equipamentos como este do Centro de Sa\u00fade Publico. Lembraremos tam\u00e9n que no 2012 o concello de Ribadeo aprobou tres convenios urban\u00edsticos que obviamente favorecron aos propietarios do solo, dado que en outro caso non os houbesen firmado. Sobre este particular non faremos ning\u00fan comentario polo de agora, se ben convidamos ao lector interesado a que consulte a acta do Pleno Municipal do d\u00eda 23 de marzo de 2012, p\u00e1xinas 18 a 25, onde figuran os argumentos da alcald\u00eda e os comentarios dos distintos grupos municipais (v\u00e9xase pax. web do concello).  Tam\u00e9n nas hemerotecas daquelas datas e concretamente en La Comarca del Eo do d\u00eda 31 de marzo do 2012, p\u00e1xina 2, pode atoparse unha substanciosa informaci\u00f3n sobre este asunto.  <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>En resume, a mi\u00f1a opini\u00f3n persoal \u00e9 que o acordo de levar o Centro de Sa\u00fade para o prado que hai enfronte da Estaci\u00f3n de Servizo \u00e9 un erro hist\u00f3rico de Ribadeo, vai causar serios atrancos \u00e1 gran maior\u00eda da poboaci\u00f3n envellecida deste concello e m\u00ednimos beneficios a uns poucos que residen m\u00e1is perto. Polo que atinxe ao equipamento e aparcadoiros hai terreos abondos no centro do casco urbano que poden cubrir perfectamente esas necesidades. No que se refire a tr\u00e1mites administrativos ou recualificaci\u00f3ns do solo son os mesmos ou semellantes nunha zona que outra. Respecto aos prezos dos solares tam\u00e9n son os mesmos ou semellantes unha vez recualificados. O da vontade pol\u00edtica deix\u00e1molo para mais adiante.  <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Evaristo%20Lombardero\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Evaristo Lombardero Rico<\/a>  <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Ribadeo, 5 de Abril de 2022<\/em><\/p>\n<p><em><em><\/em><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"color: black; font-size: 13.5pt;\">&#8212;<\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"color: black; font-size: 13.5pt;\">SOBRE A UBICACI\u00d3N DO NOVO CENTRO DE SAUDE DE RIBADEO: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/sobre-ubicacion-do-novo-centro-de-saude.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">I<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/sobre-ubicacion-do-novo-centro-de-saude_19.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">II<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/sobre-ubicacion-do-novo-centro-de-saude_26.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">III<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/05\/sobre-ubicacion-do-novo-centro-de-saude.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">IV<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/06\/sobre-o-novo-centro-de-saude-de-ribadeo.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">V<\/a>. <\/span><\/em><em><\/em><em><\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; SOBRE A UBICACI\u00d3N DO NOVO CENTRO DE SA\u00daDE (I) Na p\u00e1xina web do Concello de Ribadeo do d\u00eda 30\/3\/22 aparece a nova do acordo entre o Concello e a Xunta para a construci\u00f3n do novo Centro de Sa\u00fade nuns terreos enfronte da Estaci\u00f3n de Servizo. Ate agora \u00e9 a \u00fanica informaci\u00f3n oficial que co\u00f1ecemos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[34,27,9],"class_list":["post-3002","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-evaristo-lombardero","tag-sanidade","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3002","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3002"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3002\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3002"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3002"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3002"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}