{"id":2973,"date":"2022-04-11T08:53:00","date_gmt":"2022-04-11T06:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:36:26","modified_gmt":"2024-10-24T13:36:26","slug":"o-rueiro-de-ribadeo-visto-desde","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/11\/o-rueiro-de-ribadeo-visto-desde\/","title":{"rendered":"O  RUEIRO  DE  RIBADEO  VISTO  DESDE  A  FILOLOX\u00cdA. Carlos \u00c1lvarez Lebredo"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O escrito a continuaci\u00f3n foi publicado na Comarca del Eo de 9 de abril de 2022. Visto o artigo, e que eu mesmo te\u00f1o cometido alg\u00fan dos erros nel comentados, soliciteille \u00f3 autor publicalo no blog, o que fago despois de que mo enviara. Eng\u00e1dolle varias ligaz\u00f3ns a outros lugares do blog, onde aparecen nomes de autores citados (o mesmo Carlos \u00c1lvarez Lebredo, Eduardo Guti\u00e9rrez e Arturo Mogo), a un artigo de Eduardo Guti\u00e9rrez nomeado, e \u00f3s artigos sobre placas.<\/p>\n<p><strong>O  RUEIRO  DE  RIBADEO<br \/>\nVISTO  DESDE  A  FILOLOX\u00cdA<\/strong><\/p>\n<p>Carlos \u00c1lvarez Lebredo<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Unha das decisi\u00f3ns<br \/>\nmunicipais que contribu\u00edron ao maior engado do casco antigo de<br \/>\nRibadeo foi a tomada a finais de 2014, e publicitada a partir do mes<br \/>\nde decembro, para renovar as <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=placas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">placas<\/a> que informan do rueiro ribadense<br \/>\n(prazas, r\u00faas, etc.). As novas placas que se foron colocando en<br \/>\nsubstituci\u00f3n das antigas incl\u00faen alusi\u00f3ns a denominaci\u00f3ns<br \/>\nanteriores ou explicaci\u00f3ns dos personaxes ep\u00f3nimos que lles dan<br \/>\nnome a eses lugares, se \u00e9 o caso. A decisi\u00f3n inicial afectou a<br \/>\nunhas 50 r\u00faas e \u2018La Comarca del Eo\u2019 informou aos ribadenses: o<br \/>\nd\u00eda 27 de decembro o daquela concelleiro <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Eduardo%20Guti%C3%A9rrez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Eduardo Guti\u00e9rrez<\/a> asinou<br \/>\nunha nota explicativa titulada \u201c<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Sobre+placas+e+nomes\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Sobre placas e nomes<\/a>\u201d.<br \/>\nPosteriormente, nos anos seguintes, ampliouse o n\u00famero de placas<br \/>\nafectadas e mesmo se inclu\u00edron outras que informan de edificios<br \/>\nribadenses hist\u00f3ricos ou singulares, moitas veces acompa\u00f1adas de<br \/>\nart\u00edsticos debuxos ou de perf\u00eds urbanos, obra do arquitecto Carlos<br \/>\nLongarela. A realizaci\u00f3n material das placas \u00e9 de Cer\u00e1micas de<br \/>\nSargadelos, que emprega os seus caracter\u00edsticos azulexos esmaltados,<br \/>\ncoas cores branca (de fondo) e azul cobalto no r\u00f3tulo, na orla e no<br \/>\ndebuxo insertado.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cando comezaron a facerse<br \/>\nvisibles os novos r\u00f3tulos tam\u00e9n comezaron a circular comentarios<br \/>\nsobre eles. Comprobouse que a remuda de placas inclu\u00eda unha<br \/>\ngaleguizaci\u00f3n das mesmas, decisi\u00f3n coa que concordo; as\u00ed, Calle<br \/>\npasou a ser R\u00faa, Plazuela a Praci\u00f1a, Rinconada a Recanto, etc. En<br \/>\nxeral ningu\u00e9n discutiu a oportunidade, a informaci\u00f3n concisa ou a<br \/>\nest\u00e9tica das novas placas. Pero si xerou m\u00e1is controversia o<br \/>\ncontido dalgunhas en concreto. En \u2018La Comarca del Eo\u2019 do 24 de<br \/>\nxaneiro de 2015, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Arturo+Mogo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Arturo Mogo<\/a> fai p\u00fablicas algunhas discrepancias,<br \/>\nque son respondidas no mesmo n\u00famero por Eduardo Guti\u00e9rrez baixo o<br \/>\nt\u00edtulo \u201cPrecisi\u00f3ns denominativas\u201d. Un texto cr\u00edtico m\u00e1is<br \/>\nelaborado e argumentado publicouse en \u2018La Comarca\u2019 o d\u00eda 1 de<br \/>\nagosto baixo o t\u00edtulo \u201cPlacas de r\u00faas\u201d. Nel o asinante P. R.<br \/>\n(?) cuestiona que para a r\u00faa Pasar\u00f3n y Lastra se utilizase algunha<br \/>\nvez o nome \u201cR\u00faa da Confitar\u00eda\u201d (tal e como consta na nova<br \/>\nplaca). E engade: \u201cO peor de todo son os disparates Pai (sic)<br \/>\nSarmiento e Pai (sic) Feix\u00f3o\u201d, pois rotular as\u00ed sup\u00f3n \u201cun<br \/>\ndesco\u00f1ecemento pavoroso da lingua galega. (&#8230;) Mesmo a xente de<br \/>\nf\u00f3ra de Galicia dec\u00e1tase do erro\u201d, concl\u00fae.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Este artigo foi respondido \u00e1<br \/>\nsemana seguinte, 8 de agosto, por outro asinado por Eduardo Guti\u00e9rrez<br \/>\ne titulado \u201cA voltas coas placas\u201d, no que explica que \u201choubo un<br \/>\nerro de transmisi\u00f3n, ou de comunicaci\u00f3n, a\u00ednda que o elexido era<br \/>\nsinxelamente un P mai\u00fasculo cun ponto\u201d, ou sexa P. Feixoo e P.<br \/>\nSarmiento. (&#8230;) Fagamos constar que o erro, que se corrixir\u00e1, \u00e9<br \/>\nmenor (&#8230;) tendo en conta que o \u00e9timo latino \u00e9 o mesmo\u201d. E sobre<br \/>\na palabra \u201cconfitar\u00eda\u201d (criticada por P. R.) di que o sufixo<br \/>\n\u2014ar\u00eda \u00e9 tradicional en Galicia e desde 2003 \u00e9 normativo.<br \/>\nFinalmente fai outras consideraci\u00f3ns de tipo persoal sobre o<br \/>\nasinante P. R., que aqu\u00ed non ve\u00f1en ao caso.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Para rematar esta informaci\u00f3n<br \/>\nsobre a mera colocaci\u00f3n das placas, resta engadir que en marzo de<br \/>\n2019 o concello informou da colocaci\u00f3n de 30 m\u00e1is en r\u00faas e<br \/>\nprazas, xa en zonas de ensanche da vila, con textos, nalg\u00fans casos,<br \/>\ndo Cronista Oficial de Ribadeo, Eduardo Guti\u00e9rrez. (Como tal fora<br \/>\nnomeado en 2016).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hei de reco\u00f1ecer que a<br \/>\nprimeira vez que pousei a vista nalgunhas das placas citadas<br \/>\nexperimentei alg\u00fan xeito de des\u00e1nimo ao ver que, ao lado do<br \/>\nindubidable acerto est\u00e9tico e funcional, nalg\u00fan dos textos hab\u00eda<br \/>\nalg\u00fan desatino que para un fil\u00f3logo resulta demasiado rechamante.<br \/>\nEspecialmente os citados \u201cPai Feij\u00f3o\u201d e \u201cPai Sarmiento\u201d,<br \/>\npero non s\u00f3. \u201cA Filolox\u00eda leva ao crime!\u201d, di un personaxe da<br \/>\ncomedia \u2018La le\u00e7on\u2019, de Ionesco. E a pesar disto, non me resisto<br \/>\na pasar pola peneira da Filolox\u00eda unha revisi\u00f3n destas art\u00edsticas<br \/>\nplacas do rueiro de Ribadeo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Efectivamente, como xa<br \/>\napuntaba o citado P. R., nin Frei Benito Feixoo nin Frei Mart\u00edn<br \/>\nSarmiento poden ser \u201cpais\u201d pois en galego para ser \u201cpai\u201d hai<br \/>\nque ter fillo(s) e ning\u00fan dos dous frades tivo descendencia (que se<br \/>\nsaiba). O oficio no que se desempe\u00f1aron ambos relixiosos beneditinos<br \/>\nfai de cada un deles ser \u201cpadre\u201d, palabra que se estende tam\u00e9n a<br \/>\nsacerdotes e presb\u00edteros. E non \u00e9 un \u201cerro menor\u201d a confusi\u00f3n<br \/>\nnas respectivas placas, que Guti\u00e9rrez xustifica en que o \u00e9timo de<br \/>\n\u201cpai\u201d e o de \u201cpadre\u201d \u00e9 o mesmo. Claro que o \u00e9 (ambas<br \/>\npalabras derivan do lat\u00edn PATRE). Pero se a lingua desenvolveu d\u00faas<br \/>\npalabras distintas a partir da mesma, por algo foi: por necesidade.<br \/>\nPor iso n\u00f3s agora non as podemos confundir. Afirmar que \u00e9 un \u201cerro<br \/>\nmenor\u201d intercambiar d\u00faas palabras porque \u201co seu \u00e9timo latino \u00e9<br \/>\no mesmo\u201d significa que podemos confundir \u00f3pera con obra, radio con<br \/>\nraio, colgar con colocar, reixa con regra, praza con platea, eira con<br \/>\n\u00e1rea, etc. En definitiva, se unha lingua necesitou desenvolver d\u00faas<br \/>\npalabras a partir dun mesmo \u00e9timo \u00e9 porque, ao cabo do tempo,<br \/>\nnecesitou as d\u00faas para diferenciar e especificar os respectivos<br \/>\nsignificados modernos: son os denominados dobretes l\u00e9xicos. (Por<br \/>\ncerto, cando os dicionarios da lingua galega te\u00f1en que explicar o<br \/>\nsignificado galego e o uso da palabra \u201cpadre\u201d, po\u00f1en sempre<br \/>\nestes dous exemplos: Padre Feixoo e Padre Sarmiento). Por outra parte<br \/>\no apelido Feixoo, ou Feijoo, non ten que levar ning\u00fan acento<br \/>\ngr\u00e1fico.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En canto ao afirmado en 2015<br \/>\nno sentido de que \u201cse corrixir\u00e1 o erro de transmisi\u00f3n ou de<br \/>\ncomunicaci\u00f3n\u201d, pois xa vai sendo hora: este tipo de erros<br \/>\nmanifestos e \u00e1 vista de todo o mundo (nunca mellor dito) non deixan<br \/>\nen bo lugar nin ao concello de Ribadeo (que foi quen encargou e<br \/>\nfinanciou as placas e quen as exhibe) nin ao prestixio da empresa<br \/>\nSargadelos (se, como se publicou, \u00e9 certa esa explicaci\u00f3n de que<br \/>\nfoi deles \u00e9 a decisi\u00f3n de po\u00f1er Pai onde lles encargaran P.).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Respecto \u00e1 outra cuesti\u00f3n<br \/>\nque xa planteaba a nota asinada por P. R., a do antigo nome da r\u00faa<br \/>\nPasar\u00f3n y Lastra, \u00e9 certo que na nova placa consta: \u201cAntigamente<br \/>\nR\u00faa da Confitar\u00eda\u201d. Antes do cambio denomin\u00e1base Calle de la<br \/>\nConfiter\u00eda, as\u00ed, en castel\u00e1n, e talvez sexa iso o que critica P.<br \/>\nR. Non \u00e9 este o problema. Desde a Filolox\u00eda o problema est\u00e1 en que<br \/>\n\u201cconfitar\u00eda\u201d non \u00e9 palabra galega (nin de ningunha outra<br \/>\nlingua). Digamos que hai un intento de galeguizar a palabra do<br \/>\ncastel\u00e1n \u201cconfiter\u00eda\u201d, pero non est\u00e1 ben resolto. E non polo<br \/>\nsufixo \u2014ar\u00eda, que efectivamente \u00e9 correcto en galego, sen\u00f3n pola<br \/>\nra\u00edz da palabra. Aqu\u00ed est\u00e1 a cuesti\u00f3n: a palabra galega correcta<br \/>\n(e coincidente co portugu\u00e9s) \u00e9 confeitar\u00eda (ou confeiter\u00eda, que<br \/>\ntam\u00e9n \u00e9 correcta), coa ra\u00edz confeit\u2014 (de confeitos), pois neses<br \/>\nobradoiros, nas confeiter\u00edas, \u00e9 onde se elaboran e se venden os<br \/>\nconfeitos e confeituras, ou sexa os doces ou pasteis.<\/p>\n<p><strong>Outras placas discutibles<\/strong><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Dentro desta sinal\u00e9tica<br \/>\nribadense que estamos revisando hai outras cuesti\u00f3ns de rango menor<br \/>\nque se poden comentar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A palabra \u201ccalex\u00f3n\u201d<br \/>\nempregouse para as placas de Calex\u00f3n do Bispo Cebeira ou Calex\u00f3n<br \/>\ndos Perigos. Non \u00e9 palabra galega \u201ccalex\u00f3n\u201d a\u00ednda que \u00e9 certo<br \/>\nque est\u00e1 viva na fala oral. \u00c9 unha soluci\u00f3n popular para<br \/>\ngaleguizar o castel\u00e1n \u201ccallej\u00f3n\u201d (en castel\u00e1n, despectivo de<br \/>\ncalle y de calleja, para Corominas, e que a RAE define como \u201cpaso<br \/>\nestrecho y largo entre paredes, casas o elevaciones del terreno). Non<br \/>\nhai en galego ning\u00fan descendente do lat\u00edn CALLIS (sendeiro,<br \/>\nespecialmente de gando), como si os hai en castel\u00e1n (calle) ou en<br \/>\n\u00e9uscaro (kalea). A maior\u00eda das linguas rom\u00e1nicas optaron por<br \/>\noutros descendentes de palabras latinas para denominar as v\u00edas<br \/>\nurbanas: carrer en catal\u00e1n, rue en franc\u00e9s, via en italiano. En<br \/>\ngalego e en portugu\u00e9s temos a palabra r\u00faa. E para cando unha r\u00faa \u00e9<br \/>\nestreita ou pequena est\u00e1 a palabra ruela (diminutivo de r\u00faa), que \u00e9<br \/>\na habitual en Portugal e agora mesmo estendida por toda Galicia. Se<br \/>\nfose menos que ruela, porque vai profunda ou irregular, ent\u00f3n est\u00e1n<br \/>\nas palabras carreiro e congostra (viva no nomencl\u00e1tor de Rinlo, por<br \/>\nexemplo). En definitiva, nin a Academia Galega nin os dicionarios<br \/>\nacollen como palabra galega \u201ccalex\u00f3n\u201d ou \u201ccalexa\u201d, a\u00ednda<br \/>\nque en tempos pasados chegou mesmo a entrar no galego escrito ou<br \/>\nliterario (C. Fern\u00e1ndez de la Vega, Xavier Carro, Garc\u00eda-Boda\u00f1o).<br \/>\nS\u00f3 os dicionarios precient\u00edficos, os que se limitaban a recoller<br \/>\ntodo tipo de formas orais sen ning\u00fan criterio filol\u00f3xico (Carr\u00e9,<br \/>\nEladio Rodr\u00edguez, Franco Grande) acolleron e definiron \u201ccalexa\u201d<br \/>\nou \u201ccalex\u00f3n\u201d. Hoxe en d\u00eda as \u00fanicas soluci\u00f3ns correctas son a<br \/>\nxa comentada ruela e tam\u00e9n carreiro e calella (como o veci\u00f1o<br \/>\nasturleon\u00e9s caleya: paso ou cami\u00f1o para carros entre casas de<br \/>\naldea).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Chama tam\u00e9n a atenci\u00f3n a<br \/>\ndenominaci\u00f3n oficial \u201cR\u00faa Meni\u00f1as da Saudade\u201d referido ao<br \/>\nprimeiro grupo feminino de gaiteiras de Galicia. Nunca foron<br \/>\nco\u00f1ecidas baixo ese nome de \u201cmeni\u00f1as\u201d, nin en Ribadeo nin f\u00f3ra<br \/>\nda vila. Algunhas delas xa non eran tan meni\u00f1as nin cando comezaron<br \/>\nos ensaios pois a maior\u00eda pod\u00edan cualificarse polo menos de mozas.<br \/>\nNa prensa da s\u00faa \u00e9poca m\u00e1is activa (anos 1961-1965) ou nas s\u00faas<br \/>\nespor\u00e1dicas reaparici\u00f3ns (anos 80 e 90) rec\u00f3llese en castel\u00e1n a<br \/>\ndenominaci\u00f3ns colectiva de \u201cchicas gaiteras\u201d. E en galego:<br \/>\nGaiteiras, Gaiteiri\u00f1as, Grupo Saudade, Grupo de gaiteiras de Ribadeo<br \/>\ne Mozas de Saudade. Esta \u00faltima denominci\u00f3n (ou a m\u00e1is directa<br \/>\nGaiteiras de Saudade) ser\u00eda a m\u00e1is axeitada para non deixar orfa na<br \/>\nplaca a palabra Saudade como nome da r\u00faa por se se confunde co<br \/>\nsubstantivo com\u00fan. Meni\u00f1as ten un significado moi apegado \u00e1 idade<br \/>\ninfantil, impropio para as idades daquelas gaiteiras, que cando<br \/>\nactuaban xa estaban na idade de seren m\u00e1is ben mozas. (Dicionarios:<br \/>\n\u201cMeni\u00f1o-\u00f1a: neno moi novi\u00f1o, despois de nacer e cando ten moi<br \/>\npouca idade\u201d). Pero \u00e9 que ademais a Filolox\u00eda (de novo) ten algo<br \/>\nque engadir: \u201cmeni\u00f1as\u201d non \u00e9 palabra propia da comarca<br \/>\nribadense, onde o diminutivo e o apreciativo de nenas \u00e9 neni\u00f1as.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tam\u00e9n existe unha placa co<br \/>\nr\u00f3tulo de \u201cPraza dos Catro Canos\u201d. Neste caso hai un procedor<br \/>\nclaramente incorrecto que \u00e9 o de normativizar un top\u00f3nimo propio da<br \/>\nfala ribadense (en realidade de todo o galego oriental), que \u00e9 a<br \/>\npalabra cuatro. Contra o que poida pensar quen non est\u00e1 ao tanto<br \/>\ndestas cuesti\u00f3ns, cuatro non \u00e9 un castelanismo no galego da nosa<br \/>\ncomarca (como non o son o verbo guardar, o adverbio cuando ou o<br \/>\nsubstantivo guada\u00f1a, por exemplo). Son as soluci\u00f3ns naturais para<br \/>\nas palabras que comezaban en lat\u00edn por QUA\u2014 neste galego oriental<br \/>\ne noutras zonas ourens\u00e1s e mi\u00f1otas (F. Fern\u00e1ndez Rei,<br \/>\n\u2018Dialectolox\u00eda da lingua galega\u2019, pp. 51 ss.) P\u00f3dense<br \/>\nnormativizar a nivel culto as palabras do l\u00e9xico com\u00fan pero facelo<br \/>\ncos top\u00f3nimos sup\u00f3n un disparate cultural e filol\u00f3xico pois eles<br \/>\nson fieis reflexos da realidade hist\u00f3rica e ling\u00fc\u00edstica de cada<br \/>\nterritorio. (A\u00ednda que non ten placa nas r\u00faas, pois non \u00e9 nome<br \/>\noficial, este comentario serve tam\u00e9n para aplicar \u00e1 impropia<br \/>\ndenominaci\u00f3n Catro R\u00faas que se emprega na publicidade municipal e<br \/>\ncomercial para a tradicional Cuatro Calles. Non entro a discutir o de<br \/>\nR\u00faas, pero a primeira parte do top\u00f3nimo s\u00f3 pode ser o territorial,<br \/>\ndialectal e galego Cuatro).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Unha das placas m\u00e1is<br \/>\nmodernas no rueiro ribadense \u00e9 \u00e1 da r\u00faa dedicada \u00e1 escritora Luz<br \/>\nPozo, nome acordado en 2001: \u201cR\u00faa Luz Pozo Garza. Poetisa e<br \/>\nacad\u00e9mica ribadense\u201d. Neste caso a palabra, correcta sen d\u00fabida<br \/>\npero matizable desde un certo punto de vista, \u00e9 poetisa. Como \u00e9<br \/>\nsabido, esta flexi\u00f3n feminina do substantivo masculino poeta<br \/>\naplicouse historicamente \u00e1s mulleres que publican poes\u00eda. Pero<br \/>\ndesde hai anos, e atendendo sobre todo \u00e1 demanda das propias<br \/>\nescritoras, empr\u00e9gase a palabra poeta para ambos sexos. Elas<br \/>\nat\u00f3panse m\u00e1is c\u00f3modas con esta denominaci\u00f3n. Hoxe a palabra<br \/>\npoetisa a\u00ednda non se percibe como arca\u00edsmo pero xa \u00e9 estra\u00f1a e<br \/>\nsoa extempor\u00e1nea en calquera texto moderno que a conte\u00f1a. Mesmo os<br \/>\ndicionarios galegos, a\u00ednda que a admiten, aclaran que tam\u00e9n se usa<br \/>\npoeta para o feminino. No caso concreto de Luz Pozo, en todas as<br \/>\nnecrol\u00f3xicas aparecidas tras o seu falecemento en 2020 \u00e9 citada<br \/>\ncomo poeta. A RAG ref\u00edrese a ela ou a Xela Arias, por exemplo, como<br \/>\npoeta. Na actualidade a palabra poetisa practicamente s\u00f3 se usa no<br \/>\nespa\u00f1ol de Am\u00e9rica.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En fin, obviamente non \u00e9<br \/>\nunha cuesti\u00f3n perentoria, nin tan sequera urxente, acometer unha<br \/>\nrectificaci\u00f3n dos textos das fermosas e art\u00edsticas placas do rueiro<br \/>\nribadense aqu\u00ed comentadas. Pero tampouco se debe perder de vista que<br \/>\nnalg\u00fan momento, para n\u00f3s mesmos e para as persoas que nos visitan,<br \/>\ndebemos de ser xustos e respectuosos coa nosa lingua e mais coa nosa<br \/>\nhistoria.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;O escrito a continuaci\u00f3n foi publicado na Comarca del Eo de 9 de abril de 2022. Visto o artigo, e que eu mesmo te\u00f1o cometido alg\u00fan dos erros nel comentados, soliciteille \u00f3 autor publicalo no blog, o que fago despois de que mo enviara. Eng\u00e1dolle varias ligaz\u00f3ns a outros lugares do blog, onde aparecen [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[38,11,9],"class_list":["post-2973","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eduardo-gutierrez","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2973","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2973"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2973\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2973"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2973"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2973"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}