{"id":2962,"date":"2022-04-15T18:49:00","date_gmt":"2022-04-15T16:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:36:07","modified_gmt":"2024-10-24T13:36:07","slug":"aire-no-futuro-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/15\/aire-no-futuro-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Aire no futuro de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/04\/Ribadeo20no20sigpac.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"512\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/04\/Ribadeo20no20sigpac.png\" class=\"wp-image-2963\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Ribadeo no Sigpac<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span><br \/>\n&nbsp;<\/span><\/p>\n<p><span>Aire no futuro de Ribadeo<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O venres 15 de abril, o d\u00eda seguinte a que se celebrase o aire novo que representou o advenemento da II Rep\u00fablica, apareceu na portada da Comarca del Eo (datada o s\u00e1bado 16) un artigo co t\u00edtulo &#8216;El futuro de Ribadeo ya no est\u00e1 en el aire&#8217;, sen asinar. En tempos pos-covid, cun entorno completamente cambiante, resulta raro un t\u00edtulo as\u00ed. Foi o que pensei \u00f3 velo e sigo pensando tras lelo. Por iso quero deixar aqu\u00ed alg\u00fan comentario a dito artigo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Evidente: Ribadeo afronta cambios. F\u00edxoo sempre, seguir\u00e1 a facelo, e non diminu\u00edu a taxa de cambio no comezo da pos-pandemia. Pero, nun mundo interconectado de m\u00faltiples xeitos, por influenzas m\u00e1is externas que internas, dependendo o futuro do turismo ou a inflaci\u00f3n (por non falar directamente de cambio clim\u00e1tico ou estrutura enerx\u00e9tica), m\u00e1is que doutras circunstancias m\u00e1is locais. E m\u00e1is a\u00ednda, se a palabra &#8216;estruturais&#8217;, que aparece no artigo aplicada \u00f3s cambios, lle ven demasiado grande.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Din (di o artigo) que chega a revoluci\u00f3n industrial porque baixan os prezos das parcelas no <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=pol%C3%ADgono+industrial\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">pol\u00edgono (supostamente) industrial<\/a>. Deixando aparte a xa longa historia da revoluci\u00f3n industrial, celebro unha baixa de prezos que non comprendo, pois, se levan os prezos das parcelas altos m\u00e1is dunha d\u00e9cada (o pol\u00edgono \u00e9 de 2010), a baixada ven con retardo. E, o seu efecto a futuro, despois de chegar atrasado e perder a competencia con Barres (que ten unha extensi\u00f3n dobre e est\u00e1 abondo m\u00e1is poboado) e outros pol\u00edgonos (unha poboaci\u00f3n semellante, Vilalba, ten un pol\u00edgono catro veces m\u00e1is extenso e ocupado), est\u00e1 a\u00ednda por ver. Sen ir m\u00e1is lonxe, non sei que se fixera ning\u00fan estudo que apoie a afirmaci\u00f3n da pr\u00f3xima &#8216;revoluci\u00f3n industrial ribadense&#8217;. Evidente, mal non lle ven, pero o pol\u00edgono, polo momento, sinxelamente deixar\u00e1 de estar no aire para pasar a estar no vento.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Din que o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/sanidade\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">centro de sa\u00fade<\/a> lambe as s\u00faas feridas, e que o solar que deixar\u00e1 o vello \u00f3 trasladarse 1 km m\u00e1is al\u00f3 ser\u00e1 ouro puro. Coido que para a sanidade ribadense a ferida principal neste momento, a necesidade m\u00e1is perentoria, \u00e9 a falta de persoal m\u00e9dico, e que o mero feito do cambio de lugar non vai suplilo. Nese sentido, ter\u00e1 que seguir a lamber as feridas en troques de curalas de xeito efectivo m\u00e1is que coa saliva. O cambio de situaci\u00f3n, se ben vai supo\u00f1er a mellora de acceso para alg\u00fans, para a maior\u00eda da poboaci\u00f3n vai ser o contrario: xeograf\u00eda e servizos cantan claro. Non sei o que custar\u00eda po\u00f1er o centro de sa\u00fade \u00f3 d\u00eda, pero dubido que sexa m\u00e1is do que custar\u00e1 un novo. E, non d\u00e1 que pensar que o lugar do vello sexa cualificado de &#8216;ouro puro&#8217;? Se ten tan boa situaci\u00f3n, para que facer que se marche de a\u00ed?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Din &#8216;cambio de urbanismo&#8217; cando coido debera dicir &#8216;m\u00e1is do mesmo&#8217;. Ou as \u00faltimas aprobaci\u00f3ns urban\u00edsticas cambiaron o futuro do que xa hai? Saltaron por riba e estableceron li\u00f1as diferentes en relaci\u00f3n \u00f3 <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=pxom\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">PXOM<\/a>?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Un casco hist\u00f3rico e unha torre dos Moreno que xa non asuste? Ribadeo, por sorte, leva m\u00e1is dunha d\u00e9cada rehabilitando o seu casco vello. Pode verse como estaba hai algo m\u00e1is de quince anos no documento &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/03\/2006-ribadeo-falls.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadeo Falls. Presentaci\u00f3n sobre as casas ca\u00edntes en Ribadeo<\/a>&#8216;. Pode apreciarse a diferencia. E nun paseo, pode verse o que lle falta. Seguir\u00e1 a mellorar. A torre tam\u00e9n, esperemos.Pero polo momento, desde que chegou Paisajes de Asturias, os ama\u00f1os vense compensados co desgaste, e non creo doado dicir se o balance \u00e9 positivo ou negativo. De feito, o mesmo artigo citado, entre outras cousas, ten escrito &#8216;hace ya tiempo que su nueva propietaria mayoritaria, Paisajes de Asturias, tendr\u00eda que tener listo su proyecto de rehabilitaci\u00f3n del edificio&#8217;. Ou sexa, foi polo vento, veu polo aire&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Remata con algo no que estamos, m\u00e1is ou menos, de acordo: garantirase un &#8216;pulm\u00f3n verde&#8217; entre o formig\u00f3n. O proxecto incl\u00fae pistas, que far\u00e1n que o verde se vexa sobrepasado por outras cores. Benvida \u00e1 nova dotaci\u00f3n. Fai falta unha zona de calistenia (ver a <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=4168&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">nota de prensa do concello<\/a>) a\u00ednda que na parcela veci\u00f1a, r\u00faa Daniel Cortez\u00f3n por medio, haxa elementos de ximnasia que non se potenciaron. Iso si, o proxecto non mellora as traseiras dos edificios nin a s\u00faa beleza.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Benvidos os cambios? Parte deles, si. Pero, mentres vexo voar as gaivotas sobre a r\u00eda, l\u00e9mbrome do vello son &#8216;Pousa, pousa&#8217;: fun polo vento, vin polo aire&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ribadeo no Sigpac &nbsp; Aire no futuro de Ribadeo &nbsp;&nbsp;&nbsp; O venres 15 de abril, o d\u00eda seguinte a que se celebrase o aire novo que representou o advenemento da II Rep\u00fablica, apareceu na portada da Comarca del Eo (datada o s\u00e1bado 16) un artigo co t\u00edtulo &#8216;El futuro de Ribadeo ya no est\u00e1 en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2963,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,21,26,27,9],"class_list":["post-2962","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-economia","tag-medio","tag-sanidade","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2962","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2962"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2962\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2963"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2962"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2962"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2962"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}