{"id":2958,"date":"2022-04-18T08:17:00","date_gmt":"2022-04-18T06:17:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:35:56","modified_gmt":"2024-10-24T13:35:56","slug":"que-se-fale-ainda-que-sexa-mal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/18\/que-se-fale-ainda-que-sexa-mal\/","title":{"rendered":"Que se fale, a\u00ednda que sexa mal"},"content":{"rendered":"<p>Que se fale, a\u00ednda que sexa mal<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A propaganda \u00e9 as\u00ed. A mera presenza dun obxecto, a visibilizaci\u00f3n dun servizo, xa \u00e9 un anuncio, e como tal, pode rendibilizarse.<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Al\u00e9dome pola sentencia de xa hai un mes, na que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reitera que a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Illa%20Pancha\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">illa Pancha<\/a> debe permanecer aberta \u00f3 p\u00fablico. Non en vano o grupo Por Nuestro Faro, do que formo parte, levamos defendendo iso mesmo m\u00e1is dun mandato local, e ben antes de que entrara a formar parte da axenda do concello. E al\u00e9dame, a\u00ednda que o resultado sexa ambivalente co sistema actual, que obvia a supremac\u00eda do poder privado sobre o comunitario, e mesmo sobre o que se chama &#8216;p\u00fablico&#8217;, e cunha sentencia que s\u00f3 o limita nunha parcela do conglomerado de vulneraci\u00f3ns arredor da illa Pancha.<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha nota: si, a illa Pancha estaba -e est\u00e1- cerrada \u00f3 paso, a non ser que sexa hora de consumo na cafeter\u00eda (a tempada que abre) ou vaias hospedarte \u00f3s apartamentos. Neste \u00faltimo caso, como di a propagandado establecemento, ter\u00e1s unha illa para ti. En caso de que non sexas ese &#8216;ti&#8217;, quedar\u00e1s a velas vir e ir. Para enterarse, chegaba con ir por al\u00ed se non se fia da propaganda dos apartamentos. Ou ver fotos en internet, coa cancela cerrada, ou coa nota que transcribo:&nbsp;<\/span><\/p>\n<p>\/<em>Pero como ten\u00e9is tanta cara <u>GETAS<\/u> que os adue\u00f1ais de todo<\/em><\/p>\n<p><em>Poner lo que querais, pero dejar el paso abierto. Todos queremos disfrutar de las vistas<\/em><\/p>\n<p><em>Solo nos quereis para pagar impuestos y que tragemos con todo<\/em>\/<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/04\/2022032320photo5895600310871767764.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"360\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/04\/2022032320photo5895600310871767764.jpg\" class=\"wp-image-2959\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Seguimos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hai propaganda, e nas novas, a actuaci\u00f3n seguida no tempo de Por Nuestro Faro, que levou avantaxe \u00e1 t\u00edmida acci\u00f3n institucional, desaparece. Desaparece guiada polas li\u00f1as dunha nota de prensa do concello de difusi\u00f3n controlada para impactar: a noticia prod\u00facese o 22 de marzo, data da sentencia, mentres a difusi\u00f3n atr\u00e1sase ata o 13 de abril, xusto no comezo da campa\u00f1a de Semana Santa. Desaparece nunha nota na que se ignora o feito de que o concello sumouse a posteriori e cunha defensa da illa cualificable de parcial; non s\u00f3 por ser defensa de parte, sen\u00f3n por consideraci\u00f3n de s\u00f3 parte das circunstancias. Sentencia por certo que s\u00f3 v\u00e9n corroborar outra anterior.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Propaganda \u00e9 dar a nova \u00f3s p\u00e9s da Semana Santa, pero tam\u00e9n noutros aspectos. Dicir que a porta ten que estar aberta xusto cando abriu a cafeter\u00eda para a tempada&#8230; que \u00e9? E propaganda \u00e9 dar difusi\u00f3n a algo que, un mes despois, segue sen acatarse (e sen facer que se acate).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Cando escribo isto \u00e9 Domingo de Pascua, remate da Semana Santa, polo tanto xa con baixo impacto propagand\u00edstico. Ma\u00f1\u00e1 estar\u00e1 aberto o paso en horario no que a cafeter\u00eda est\u00e1 cerrada? Estar\u00e1 suspendida a licenza por desacato?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Mentres, seguir\u00e1 a haber ocultaci\u00f3n de informaci\u00f3n sobre feitos na illa. Pode funcionar unha foxa s\u00e9ptica nun establecemento hostaleiro as\u00ed? Verque \u00f3 mar? A seguridade dos visitantes, quen a garante, despois de estar contempladas por contrato medidas que non se advirten? Un novo cami\u00f1o na illa non atenta contra o ser zona de conservaci\u00f3n protexida? Por que, se a concesi\u00f3n \u00e9 dunha parte moi limitada da illa, se anuncia unha illa enteira s\u00f3 para os h\u00f3spedes (e \u00e9 en realidade as\u00ed, dada a exclusi\u00f3n do resto da xente) como se estivera arrendada toda a illa? Que pasou coa unlla de gato arrancada e literalmente tirada nun mont\u00f3n na baixada \u00e1 ponte? Por que non se deu difusi\u00f3n en Ribadeo \u00e1 convocatoria para a concesi\u00f3n? Que informe positivo fixo o concello previo \u00e1 ratificaci\u00f3n ministerial para a posibiidade dun establecemento hostaleiro na illa? Por que non se prestou o\u00eddos nin \u00f3s informes do Defensor del Pueblo, nin \u00e1 fiscal\u00eda?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A anterior \u00e9 s\u00f3 unha mostra de preguntas sen responder&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Que se fale, a\u00ednda que sexa mal &nbsp;&nbsp;&nbsp; A propaganda \u00e9 as\u00ed. A mera presenza dun obxecto, a visibilizaci\u00f3n dun servizo, xa \u00e9 un anuncio, e como tal, pode rendibilizarse. &nbsp;&nbsp;&nbsp; Al\u00e9dome pola sentencia de xa hai un mes, na que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reitera que a illa Pancha debe permanecer [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2959,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-2958","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2958","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2958"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2958\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2959"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2958"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2958"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2958"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}