{"id":2950,"date":"2022-04-19T14:44:00","date_gmt":"2022-04-19T12:44:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:35:42","modified_gmt":"2024-10-24T13:35:42","slug":"informe-ipcc-para-tontos-ou-sexa-resume","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/19\/informe-ipcc-para-tontos-ou-sexa-resume\/","title":{"rendered":"Informe IPCC para tontos (ou sexa, resume para pol\u00edticos)"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<p><span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/04\/ipcc.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"324\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/04\/ipcc.png\" class=\"wp-image-2951\" width=\"640\" \/><\/a><\/span><\/p>\n<p><span><br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Ler case 3000 p\u00e1xinas de informe non est\u00e1 entre as costumes dos pol\u00edticos. Cando hai un informe importante e voluminoso, reciben un resume m\u00e1is &#8216;\u00e1 s\u00faa medida&#8217;. Coido que isto \u00e9 comprensible, pois os pol\u00edticos-decisores que nos gobernan (aqu\u00ed, na China, no Congo ou en calquera outro lugar) te\u00f1en que decidir sobre cousas moi variadas, descargando o que queren en asesores diversos que -suponse- ler\u00e1n os informes completos -a suposici\u00f3n non \u00e9 broma-.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Cando se trata de informes internacionais, os expertos que os realizan tam\u00e9n prove\u00f1en de todo o globo terr\u00e1queo (dalg\u00fans lugares, m\u00e1is, doutros, menos), pero canta m\u00e1is xente interv\u00e9n e m\u00e1is voluminoso \u00e9 o informe, m\u00e1is trabas para facer o resume. Sobre todo porque eses resumes non son tan t\u00e9cnicos (outra vez a capacidade limitada dos pol\u00edticos de &#8216;saber de todo&#8217; e interpretalos). \u00c9 dicir, os resumes son traducidos de &#8216;lingua cient\u00edfica&#8217; a &#8216;lingua pol\u00edtica&#8217; \u00f3 tempo que se suprime m\u00e1is do 90 % do contido, inclu\u00eddas as bases (cient\u00edficas) do conxunto.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E aqu\u00ed entra o que poder\u00edamos chamar &#8216;a picaresca&#8217;. Picaresca significa po\u00f1er en pr\u00e1ctica artima\u00f1as por espabilados, a favor de determinados intereses, de xeito tramposo, desvergonzado. Ou sexa, p\u00f3\u00f1ense en marcha os &#8216;lobbies&#8217;, os influenciadores da industria a quitar e po\u00f1er palabras. E con elas, ideas. E o documento, que xa deixa de ser un documento cient\u00edfico, esp\u00e1llase entre xente que non ten nin ganas nin tempo nin co\u00f1ecemento para ir moito m\u00e1is al\u00f3. E chega o &#8216;informe&#8217; e est\u00e1 descafeinado.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>No <a href=\"https:\/\/www.ipcc.ch\/report\/ar6\/wg2\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">informe \u00faltimo do IPCC<\/a>, o Panel Internacional do Cambio Clim\u00e1tico, parece que pasou o que indica o manual M\u00e1is a\u00ednda cando se filtrou -cient\u00edficos disconformes con eses trapicheos- un borrador do resume, e ent\u00f3n puidose comparar o resultado final.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Entre outras cousas, desapareceu o lembrar que a participaci\u00f3n democr\u00e1tica \u00e9 unha ferramenta social que pode permitir un paso m\u00e1is r\u00e1pido e suave a trav\u00e9s dunha transici\u00f3n na que levamos atraso. Onde hai menos democracia hai m\u00e1is posibilidades de manexo de quen ten acceso \u00f3 poder. E polo tanto, dos grupos con moitos cartos que queren ter m\u00e1is. Hai tempo que lle concederon o Premio Nobel a Amartya Sen por amosar cousas como a relaci\u00f3n entre a participaci\u00f3n cidad\u00e1 e o aproveitamento econ\u00f3mico real, pero esa participaci\u00f3n vai contra dos intereses dunha minor\u00eda, e trata de frearse, diminu\u00edrse, facer que desapareza. No caso das democracias, convert\u00edndoas nunha casca baleira.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Tampouco aparece na \u00faltima versi\u00f3n algo claro: a urxencia de cambios dr\u00e1sticos a t\u00f3dolos niveis, non s\u00f3 individual. E \u00e9 que pasaron xa os tempos de poder usar cambios paulatinos ou usar os cambios voluntarios e individuais. Estamos todos no mesmo barco, e se afunde por un choque contra un iceberg, non chega con que po\u00f1a eu o tap\u00f3n do ba\u00f1o para que non entre auga por al\u00ed.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Desaparecen tam\u00e9n as alusi\u00f3ns a que faltan materiais para facer a transici\u00f3n. E desaparece tam\u00e9n iso que se concibe contra o capitalismo -\u00f3 fin, o sistema que nos levou a este punto- do decrecemento.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Ler case 3000 p\u00e1xinas de informe non est\u00e1 entre as costumes dos pol\u00edticos. Cando hai un informe importante e voluminoso, reciben un resume m\u00e1is &#8216;\u00e1 s\u00faa medida&#8217;. Coido que isto \u00e9 comprensible, pois os pol\u00edticos-decisores que nos gobernan (aqu\u00ed, na China, no Congo ou en calquera outro lugar) te\u00f1en que decidir sobre cousas moi [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2951,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,26,13,9],"class_list":["post-2950","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2950","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2950"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2950\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2951"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2950"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2950"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2950"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}