{"id":2947,"date":"2022-04-19T21:43:00","date_gmt":"2022-04-19T19:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:35:29","modified_gmt":"2024-10-24T13:35:29","slug":"sobre-ubicacion-do-novo-centro-de-saude_19","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/19\/sobre-ubicacion-do-novo-centro-de-saude_19\/","title":{"rendered":"SOBRE A UBICACI\u00d3N DO NOVO CENTRO DE SA\u00daDE (II). Evaristo Lombardero Rico"},"content":{"rendered":"<p><em>SOBRE A UBICACI\u00d3N DO NOVO CENTRO DE SA\u00daDE (II)<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n        Hoxe toca falar da accesibilidade con perd\u00f3n polo palabro. Anque non \u00e9 custi\u00f3n de enfastiar ao lector con citas bibliogr\u00e1ficas, teremos que lembrar a Conferencia Internacional de Alma Ata celebrada na URSS en setembro de 1978  na que se debatiu sobre os modelos de Atenci\u00f3n Primaria  e aprobouse un documento que segue sendo de obrigada referencia despois de medio s\u00e9culo, se ben adaptado aos tempos e \u00e1s circunstancias dos diferentes pa\u00edses. A conferencia foi promovida pola OMS e a UNICEF. O documento at\u00f3pase na rede clicando <a href=\"https:\/\/www.paho.org\/hq\/dmdocuments\/2012\/Alma-Ata-1978Declaracion.pdf\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Atenci\u00f3n Primaria Alma Ata<\/a>. De xeito moi resumido o que ven a propo\u00f1er a conferencia \u00e9 que todos os pa\u00edses se doten de unha estructura asistencial b\u00e1sica, xeralista e que preste servizos a t\u00f3da a sociedade. Dende ent\u00f3n e partindo das diferentes experiencias e circunstancias pol\u00edtico-econ\u00f3micas a gran maior\u00eda dos estados vanse aproximando \u00e1s li\u00f1as xerais marcadas en Alma Ata. No estado espa\u00f1ol o principal avance deuse co famoso <a href=\"https:\/\/www.boe.es\/buscar\/pdf\/1984\/BOE-A-1984-2574-consolidado.pdf\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">decreto 137\/84<\/a> de estruturas b\u00e1sicas de saude. Non nos extendemos e lembramos de novo que toda esta informaci\u00f3n est\u00e1 na rede.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n        O que aqu\u00ed se trata de suli\u00f1ar \u00e9 que xa hai mais de 50 anos, naquela  conferencia internacional prant\u00e9xase a ACCESIBILIDADE como un elemento clave dos servizos de atenci\u00f3n primaria, e no punto 68 do informe final di as\u00ed: \u201cA accesibilidade sup\u00f3n o suministro continuo e organizado de asistencia para toda a comunidade en condici\u00f3ns favorabeis dende o ponto de vista xeogr\u00e1fico, financieiro, cultural e funcional\u2026\u201d, e mais adiante, no ponto 69 di: \u201c Por accesibilidade xeogr\u00e1fica ent\u00e9ndese que a distancia, o tempo necesario para percorrela e os medios de transporte sexan doados para a veci\u00f1anza\u2026\u201d. En fin, nada que non saibamos, como o feito de que  non \u00e9 o mesmo proxectar un centro de sa\u00fade na sabana congole\u00f1a que en Bos Aires ou en Ribadeo 2022. No noso caso partimos dun equipamento e unha experiencia  que datan dos anos oitenta do s\u00e9culo pasado e que ten certas carencias que se tratan de mellorar, pero non \u00e9 cousa de desvestir un santo para vestir outro. Como \u00e9 ben sabido no momento actual Ribadeo conta con un Centro de Sa\u00fade de acceso doado para un 70 ou 75 % dos usuarios, que residen nun radio de cincocentos metros aproximadamente e polo tanto esa \u00e9 unha vantaxe que non se debe perder a cambio de outras promesas de mellora das que como xa dixemos, ate agora non hai m\u00e1is que palabras  e que en calquer caso non deberan ser incompatibeis cas vantaxes actuais. Dito de outro xeito, non hai nengunha raz\u00f3n obxectiva para cambiar as orellas polo rabo. Ademais estamos fartos de saber que se cedes o pouco que tes sen nengunha garant\u00eda de compensaci\u00f3n, ao cabo de catro d\u00edas igual nen unha cousa nen a outra.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n        Caese de caix\u00f3n o que quer decir ACCESIBILIADE. Desde o punto de vista econ\u00f3mico que a asistencia sanitaria sexa gratuita ou polo menos moi barata; dende o ponto de vista organizativo que funcione cando se precisa, ou sexa sen retrasos que adien os remedios para cando non sexan eficaces e dende o punto de vista xeogr\u00e1fico que o servizos este\u00f1an ubicados o mais pr\u00f3ximos posible \u00e1s zonas de residencia da veci\u00f1anza, por raz\u00f3ns tan obvias te\u00f1en pouco debate.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n        A relaci\u00f3n entre accesibilidade e calidade tam\u00e9n \u00e9 tan evidente que non precisa esmagarse os miolos. Moitas persoas, particularmente as dependentes e as de maior idade, onde moitas veces as doenzas te\u00f1en unha evoluci\u00f3n lenta e insidiosa, deixar\u00e1n de asistir aos servizos santarios se estes est\u00e1n lonxe da sua residencia, se te\u00f1en que estraveirar por pasos de peons perigosos e estradas sen beirar\u00faas ou deterioradas e con coches aparcados, ou se te\u00f1en que pagar un taxi ou agardar polos  parentes ou veci\u00f1os para que os acompa\u00f1en ou leven en coche. Este ser\u00eda o caso de moitas persoas de Ribadeo se se chega a construir o novo centro de sa\u00fade onde se proxecta, enfronte da estaci\u00f3n de servizo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n        En resumo, dende o ponto de vista da accesibilidade, o proxecto de constru\u00edr un novo centro de saude a un quil\u00f3metro do centro do casco urbano \u00e9 un motivo de preocupaci\u00f3n pola perda de calidade de vida, de nivel asistencial e de facilidade para facer uso dos servizos sanitarios. E como xa dixemos, se non houbese terreos mais cercanos sen edificar, nin baixos vacantes aca\u00eddos,  cecais non quedar\u00eda m\u00e1is remedio que aceptar un proxecto tan pouco razonable, pero non \u00e9 caso de Ribadeo, onde semella que se queren po\u00f1er por diante os intereses especulativos de particulares e promotoras sobre as necesidades de asistencia sanitaria da gran maior\u00eda.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Evaristo%20Lombardero\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Evaristo Lombardero Rico<\/a>&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Ribadeo, 19 de Abril de 2022&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"color: black; font-size: 13.5pt;\">&#8212;<\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"color: black; font-size: 13.5pt;\">SOBRE A UBICACI\u00d3N DO NOVO CENTRO DE SAUDE DE RIBADEO: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/sobre-ubicacion-do-novo-centro-de-saude.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">I<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/sobre-ubicacion-do-novo-centro-de-saude_19.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">II<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/sobre-ubicacion-do-novo-centro-de-saude_26.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">III<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/05\/sobre-ubicacion-do-novo-centro-de-saude.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">IV<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/06\/sobre-o-novo-centro-de-saude-de-ribadeo.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">V<\/a>. <\/span><\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>SOBRE A UBICACI\u00d3N DO NOVO CENTRO DE SA\u00daDE (II) Hoxe toca falar da accesibilidade con perd\u00f3n polo palabro. Anque non \u00e9 custi\u00f3n de enfastiar ao lector con citas bibliogr\u00e1ficas, teremos que lembrar a Conferencia Internacional de Alma Ata celebrada na URSS en setembro de 1978 na que se debatiu sobre os modelos de Atenci\u00f3n Primaria [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[34,27],"class_list":["post-2947","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-evaristo-lombardero","tag-sanidade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2947","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2947"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2947\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2947"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2947"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2947"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}