{"id":2937,"date":"2022-04-24T14:05:00","date_gmt":"2022-04-24T12:05:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:35:13","modified_gmt":"2024-10-24T13:35:13","slug":"estatisticas-de-guerra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/24\/estatisticas-de-guerra\/","title":{"rendered":"Estat\u00edsticas de guerra"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/04\/jpg.png\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"278\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/04\/jpg.png\" class=\"wp-image-2938\" width=\"400\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Estat\u00edsticas de guerra<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Na nosa modernidade, onde os mortos son estat\u00edstica, as guerras son transmitidas e visibilizadas tam\u00e9n por ese medio, as estat\u00edsticas. E hainas que presentan un balance de tanques feitos anacos, avi\u00f3ns derribados ou persoas mortas, sen necesidade de facer unha presentaci\u00f3n gr\u00e1fica, sen\u00f3n sinxelamente achegando n\u00fameros. N\u00fameros que soen ser abondo diferentes segundo as fontes, que cada bando ten que manter a moral e presentarse como os bos do conto. \u00c1s veces, mesmo parece como se se puidesen eliminar tanques sen dispararlles, ou disparar e causar grandes danos materiais sen &#8216;v\u00edtimas civ\u00eds colaterais&#8217;. O caso \u00e9 presentar n\u00fameros. N\u00fameros que complementan: para elevar os \u00e1nimos doutro xeito xa est\u00e1n as imaxes impactantes, moitas veces repetidas, que esquecen os n\u00fameros de estat\u00edsticas \u00f3s que ir\u00edan asociadas, e mesmo \u00e1s veces esquecen que foron tomadas noutro lugar e tempo: estamos a falar de estat\u00edsticas ou de imaxes, non de veracidade.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>\u00d3 tempo que as estat\u00edsticas e as imaxes da guerra saen f\u00f3ra, tam\u00e9n se poden producir estat\u00edsticas (e imaxes) dende f\u00f3ra sobre a guerra. Ilustrativas dunha realidade m\u00e1is achegada, m\u00e1is nosa, se non estamos implicados directamente como sociedade librando a guerra. Estaba pensando en cousas como as estat\u00edsticas de n\u00famero de asistentes \u00e1s concentraci\u00f3ns pola paz. Estaba pensando nunhas concretas, \u00e1s que vou, os xoves dende que comezou a invasi\u00f3n da Ucra\u00edna. Porque se di invasi\u00f3n, non guerra, non?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Volvendo \u00f3 tema, de xeito aproximado, en oito edici\u00f3ns da protesta que van, o primeiro d\u00eda (xusto unha semana despois do comezo) a xente non se deu decatado -algo normal- e houbo que considerou que era pouca asistencia. O segundo a xente duplicouse. Polo que estimo un erro de t\u00e1ctica (o xeito no que se fixo ese segundo d\u00eda) e coa colaboraci\u00f3n do mal tempo, a participaci\u00f3n comezou a baixar, semana tras semana, reduc\u00edndose na oitava edici\u00f3n -a\u00faltima cando isto escribo- a s\u00f3 unha fracci\u00f3n da primeira vez.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Vale&#8230; resulta que na segunda semana de guerra foi m\u00e1is ou menos cando m\u00e1is medo se pasou pola posibilidade dunha guerra nuclear. Logo, a cousa foi a menos. Tam\u00e9n foi cando m\u00e1is \u00e9nfase se puxo nos efectos posibles da suba do gas, e a\u00ednda non chegara a disrupci\u00f3n mental que supuxo a entrega virtual do S\u00e1hara, outra guerra m\u00e1is. Despois a guerra foi relativiz\u00e1ndose, non tanto en intensidade como en efectos sobre a nosa vida diaria. Con altibaixos, o temor nuclear cotiza \u00e1 baixa, os combustibles f\u00f3siles baixaron o prezo &#8216;\u00e1 vista&#8217;, a electricidade o mesmo, os refuxiados est\u00e1n m\u00e1is invisibilizados polo momento e sen elecci\u00f3ns en curso que puideran axitar as augas, e as\u00ed sucesivamente. Por exemplo, pasaron as m\u00e1scaras (o poder quitalas, abondo m\u00e1is que as comisi\u00f3ns \u00e1 s\u00faa conta) a ter unha importancia relativa maior que a guerra, que volve a estar lonxe. Iso explicar\u00eda a baixada de asistencia \u00e1s concentraci\u00f3ns pola paz abondo m\u00e1is que o que se podan convocar mellor ou que te\u00f1an un ou outro formato.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>De calquera xeito, as estat\u00edsticas poden servir para medir o impacto de algo. No caso da guerra, da invasi\u00f3n rusa de Ucra\u00edna, a m\u00e1xima asistencia \u00e1s concentraci\u00f3ns no noso concello, Ribadeo, situouse nun 2% da poboaci\u00f3n do concello. Evidentemente, moita m\u00e1is xente quere a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/paz\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">paz<\/a> (asumindo que non toda), pero, ata que punto se quere? Querer a paz non significa ter que ir, si ou si, a unha concentraci\u00f3n, pero iso, a manifestaci\u00f3n sobre o que se quere a paz, l\u00e9mbrame o conflito entre Lutero e a Contrarreforma: a contraposici\u00f3n das concepci\u00f3ns relixiosas elucubrando sobre se &#8216;a fe sen obras \u00e9 unha fe morta&#8217; ou a idea &#8216;d\u00e1deme obras, que eu vos darei a fe&#8217;. Por certo, contraposici\u00f3n que levou a unha longa e cruel guerra da que se aproveitaron outros intereses. Non, cando nalgueres hai guerra, remata afect\u00e1ndonos a todos, a\u00ednda que pareza lonxe.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Estat\u00edsticas de guerra &nbsp;&nbsp;&nbsp; Na nosa modernidade, onde os mortos son estat\u00edstica, as guerras son transmitidas e visibilizadas tam\u00e9n por ese medio, as estat\u00edsticas. E hainas que presentan un balance de tanques feitos anacos, avi\u00f3ns derribados ou persoas mortas, sen necesidade de facer unha presentaci\u00f3n gr\u00e1fica, sen\u00f3n sinxelamente achegando n\u00fameros. N\u00fameros que soen ser [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2938,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[17],"class_list":["post-2937","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-paz"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2937","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2937"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2937\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2938"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2937"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2937"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2937"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}