{"id":2918,"date":"2022-04-30T21:34:00","date_gmt":"2022-04-30T19:34:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:27:25","modified_gmt":"2024-10-24T13:27:25","slug":"outro-nome-controvertido-praza-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/30\/outro-nome-controvertido-praza-de\/","title":{"rendered":"OUTRO NOME CONTROVERTIDO: PRAZA DE FEDERICO OU DE VICENTE \u00c1LVAREZ MIRANDA? Carlos \u00c1lvarez Lebredo"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Artigo publicado na Comarca del Eo de 30 de abril de 2022. A segunda foto que acompa\u00f1a ten un texto sobre o que trata o artigo. A primeira, a vella placa, \u00e9 citada no mesmo. Este artigo \u00e9 continuaci\u00f3n de outro de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Carlos+%C3%81lvarez+Lebredo&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Carlos \u00c1lvarez Lebredo<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/04\/20211205_134338.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"396\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/04\/20211205_134338.jpg\" class=\"wp-image-2919\" width=\"623\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/04\/Alvarez20Miranda.jpeg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"569\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/04\/Alvarez20Miranda.jpeg\" class=\"wp-image-2920\" width=\"632\" \/><\/a><\/p>\n<p align=\"center\" class=\"western\" lang=\"es-ES\"><span style=\"font-size: medium;\"><strong>OUTRO NOME CONTROVERTIDO:<br \/>\nPRAZA DE FEDERICO OU DE VICENTE \u00c1LVAREZ MIRANDA?<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"center\" class=\"western\" lang=\"es-ES\"><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>Carlos \u00c1lvarez Lebredo<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"es-ES\"><span style=\"font-size: medium;\">\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A semana pasada fixemos<br \/>\nalgunhas <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/04\/o-rueiro-de-ribadeo-visto-desde.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">observaci\u00f3ns nestas mesmas p\u00e1xinas<\/a> de \u2018La Comarca del<br \/>\nEo\u2019 sobre alg\u00fans dos r\u00f3tulos informativos que acompa\u00f1an os nomes<br \/>\nde r\u00faas e prazas nas art\u00edsticas placas de azulexos de Sargadelos<br \/>\nque van festoneando o rueiro de Ribadeo. En varias delas s\u00f3<br \/>\nrecolliamos algunhas d\u00fabidas e preguntas que nos ti\u00f1an chegado ao<br \/>\nrespecto, desde hai anos, dos textos dalgunhas delas. Quen tivese a<br \/>\npaciencia de ler aquel texto ver\u00eda que as nosas propostas estaban<br \/>\nbaseadas exclusivamente na filolox\u00eda, no rigor ling\u00fc\u00edstico e no<br \/>\ndesexo de que a informaci\u00f3n se ofreza coa maior claridade posible.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"es-ES\"><span style=\"font-size: medium;\">\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Para esta ocasi\u00f3n traemos<br \/>\nunha cuesti\u00f3n semellante pero algo m\u00e1is enrevesada. Est\u00e1 claro que<br \/>\nhai outra placa manifestamente errada pero tampouco somos quen de<br \/>\nesclarecer absolutamente todos os puntos que rodean o asunto. Tr\u00e1tase<br \/>\nda placa, recentemente colocada, que sobre seis azulexos de<br \/>\nSargadelos pon \u201cPraci\u00f1a de \u00c1lvarez Miranda\u201d e que na parte<br \/>\ninformativa engade: \u201cVicente \u00c1lvarez Miranda. Escritor. Pol\u00edtico.<br \/>\nMilitar (Cruz Laureado de San Fernando)\u201d. Nada hai que obxectar a<br \/>\nesta lac\u00f3nica aclaraci\u00f3n que en s\u00f3 oito palabras perfila moi ben o<br \/>\ncitado personaxe. O problema \u00e9 que esa praci\u00f1a leva algo m\u00e1is de<br \/>\nsetenta e cinco anos dedicada ao seu irm\u00e1n Federico. Na parte alta<br \/>\nda praci\u00f1a a\u00ednda se conserva a placa primitiva, colocada en 1946. \u00c9<br \/>\nun sinxelo m\u00e1rmore branco, con letras mai\u00fasculas gravadas en<br \/>\nbaixorrelevo e adherido \u00e1 fachada traseira da casa dos D\u00edaz-Fierros.<br \/>\nLiteralmente pon: \u201cPlazuela de F. \u00c1lvarez Miranda\u201d. Ou sexa, que<br \/>\no personaxe ep\u00f3nimo da praza non \u00e9 Vicente (como se explica na<br \/>\nmoderna placa de Sargadelos) sen\u00f3n o seu irm\u00e1n Federico, a quen<br \/>\ncorresponde esa letra F.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"es-ES\"><span style=\"font-size: medium;\">\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Esta cuesti\u00f3n non admite<br \/>\nd\u00fabida. En 1946 o concello de Ribadeo quixo homenaxear a cinco<br \/>\ndistinguidas persoas da localidade po\u00f1endo o seu nome a varias r\u00faas<br \/>\nda vila: o Bispo Veres, J. Vicente P\u00e9rez Mart\u00ednez, Pasar\u00f3n y<br \/>\nLastra, Acevedo Rodr\u00edguez e Federico \u00c1lvarez Miranda. O acordo<br \/>\nmunicipal \u00e9 de 12 de xu\u00f1o de 1946 e est\u00e1 recollido en portada<br \/>\npolos dous semanarios ribadensese os d\u00edas 15 e 16 dese mes. Incl\u00fae<br \/>\nunha pequena xustificaci\u00f3n de m\u00e9ritos para cada un deles. Do<br \/>\n\u00faltimo, Federico \u00c1lvarez Miranda, subl\u00ed\u00f1ase que \u00e9 un poeta<br \/>\nl\u00edrico, de inspiraci\u00f3n fina e delicada, autor de belas<br \/>\ncomposici\u00f3ns, entre as que destaca \u201cA una rosa\u201d. Os dous<br \/>\nsemanarios locais fix\u00e9ronse eco do citado acordo municipal e<br \/>\nposteriormente dos actos de homenaxe e descubrimento das respectivas<br \/>\nplacas, que tiveron lugar o d\u00eda 29 de xullo. No caso concreto de<br \/>\nFederico \u00c1lvarez Miranda foi Dionisio Gamallo o encargado de eloxiar<br \/>\n\u2018in situ\u2019 o escritor, ler un dos seus poemas e descubrir a placa.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"es-ES\"><span style=\"font-size: medium;\">\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Vicente \u00c1lvarez Miranda<br \/>\npuido ter m\u00e9ritos para que unha r\u00faa ribadense levase o seu nome. E<br \/>\nincluso \u00e9 probable que a tivese antes do seu irm\u00e1n, pero non esa<br \/>\npraci\u00f1a: isto \u00e9 s\u00f3 unha conxectura mi\u00f1a, que se poder\u00eda resolver<br \/>\ncon paciencia, acudindo ao arquivo municipal ou revisando actas<br \/>\nmunicipais anteriores ao ver\u00e1n de 1946. Insto a que os historiadores<br \/>\nlle dediquen tempo. Para establecer esta conxectura bas\u00e9ome s\u00f3 na<br \/>\nmi\u00f1a interpretaci\u00f3n (subxectiva, arriscada) dunha nota de Dionisio<br \/>\nGamallo publicada xusto un mes antes do citado acordo municipal de<br \/>\ndarlle a Federico \u00c1. Miranda o nome da praci\u00f1a. En \u2018La Comarca\u2019<br \/>\ndo d\u00eda 12 de maio publicou Gamallo unha semblanza do seu irm\u00e1n<br \/>\nVicente \u00c1lvarez Miranda. Entre outras cousas afirma que aos<br \/>\nribadenses tenlles que soar este nome \u201ccomo consecuencia de<br \/>\nexistir, dentro del casco urbano de la villa, un callej\u00f3n (por<br \/>\nfortuna blanco y limpio) rotulado de este modo h\u00e1bil y prometedor:<br \/>\n\u2018Traves\u00eda de \u00c1lvarez Miranda\u2019\u201d. D\u00e1 a entender, pois, Gamallo<br \/>\nque o \u201ccallej\u00f3n\u201d xa levaba o nome de Vicente cando no concello<br \/>\nlle po\u00f1en \u00e1 praci\u00f1a o nome de Federico. Eu non me atrevo a<br \/>\nconxecturar m\u00e1is. Pero o que si est\u00e1 claro \u00e9 que, a\u00ednda no caso<br \/>\nde que a Traves\u00eda fose de Vicente, a Praci\u00f1a \u00e9 inequivocamente de<br \/>\nFederico. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"es-ES\"><span style=\"font-size: medium;\">\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Xa no seu momento Gamallo<br \/>\nintentou aclarar vixentes confusi\u00f3ns entre ambos irm\u00e1ns, por<br \/>\nexemplo nas datas de nacemento. E \u00e9 que os dous tam\u00e9n faleceron<br \/>\nrelativamente novos e ambos foron escritores. Vicente, m\u00e1is<br \/>\napaixonado e de car\u00e1cter vehemente, era capaz de asombrosas<br \/>\nimprovisaci\u00f3ns m\u00e9tricas, \u00e1 maneira dos regueifeiros tradicionais,<br \/>\npero en versificaci\u00f3n culta. Pero respecto da s\u00faa calidade po\u00e9tica,<br \/>\no sempre fiable diagn\u00f3stico de Gamallo, inclu\u00eddo na citada<br \/>\nsemblanza de Vicente en \u2018La Comarca\u2019 do 12 de maio de 1946, \u00e9<br \/>\nclaro: ref\u00edrese a \u201csu hermano D. Federico, mil veces superior como<br \/>\npoeta a Vicente, y digno de la cuidadosa exhumaci\u00f3n a que lo<br \/>\nsometeremos\u201d. Esta \u00faltima alusi\u00f3n ref\u00edrese, claro est\u00e1, ao<br \/>\nprevisto acordo municipal do mes seguinte de darlle a Federico o nome<br \/>\nda praci\u00f1a.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"es-ES\"><span style=\"font-size: medium;\">\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En definitiva, non te\u00f1o<br \/>\nclaro que \u00e1 altura de xu\u00f1o de 1946 Vicente \u00c1lvarez Miranda xa lle<br \/>\ndese nome a unha calella (\u201ccallej\u00f3n\u201d) de Ribadeo. \u00c9 probable. O<br \/>\nque si est\u00e1 f\u00f3ra de d\u00fabidas \u00e9 que o nome do seu irm\u00e1n Federico<br \/>\ndeulle nome \u00e1 praci\u00f1a que se abre desde unha calella procedente de<br \/>\nAmando P\u00e9rez e que desemboca, en lixeira costa abaixo, na parte alta<br \/>\nda r\u00faa Antonio Otero, case en fronte \u00e1 Costi\u00f1a Padre Sarmiento. En<br \/>\ncalquera caso, como a praci\u00f1a leva o nome de Federico, non ten<br \/>\nning\u00fan sentido que na moderna placa de Sargadelos se lle atrib\u00faa o<br \/>\nnome da praci\u00f1a a Vicente nin que se aclare nela a biograf\u00eda deste.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"es-ES\"><span style=\"font-size: medium;\">\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Para rematar: Vicente \u00c1lvarez<br \/>\nMiranda naceu na casona de Guimar\u00e1n o d\u00eda 30 de maio de 1815 e<br \/>\nfaleceu en Veracruz (M\u00e9xico) o 5 de abril de 1858. Federico \u00c1lvarez<br \/>\nMiranda naceu na mesma casa o d\u00eda 30 de abril de 1817 e faleceu en<br \/>\nRibadeo o 29 de novembro de 1841.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Artigo publicado na Comarca del Eo de 30 de abril de 2022. A segunda foto que acompa\u00f1a ten un texto sobre o que trata o artigo. A primeira, a vella placa, \u00e9 citada no mesmo. Este artigo \u00e9 continuaci\u00f3n de outro de Carlos \u00c1lvarez Lebredo OUTRO NOME CONTROVERTIDO: PRAZA DE FEDERICO OU DE VICENTE [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2919,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,9],"class_list":["post-2918","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2918","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2918"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2918\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2919"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2918"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2918"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2918"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}