{"id":2909,"date":"2022-05-03T10:12:00","date_gmt":"2022-05-03T08:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:27:06","modified_gmt":"2024-10-24T13:27:06","slug":"voz-e-voto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/05\/03\/voz-e-voto\/","title":{"rendered":"Voz e voto"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<p><span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/05\/difundindo.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"604\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/05\/difundindo.png\" class=\"wp-image-2910\" width=\"640\" \/><\/a><\/span><\/p>\n<p><span>Voz e voto<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Na procura do significado da palabra latina vox at\u00f3pome voz, pero tam\u00e9n voto. C\u00e1drame. En tempos, unha palabra dada era m\u00e1is firme que alg\u00fans dos escritos de agora, moitas veces considerados como papel mollado. Polo tanto, a voz dada ter\u00eda un car\u00e1cter inequ\u00edvoco de voto, de preferencia ante unha opci\u00f3n que ser\u00eda certificada pola mera expresi\u00f3n dada, pola palabra.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hoxe por hoxe, parece que para ter voz -xa digo, algo que vai antes do voto, como expresi\u00f3n e certificaci\u00f3n del- hai que apuntarse a determinadas pol\u00edticas e\/ou formaci\u00f3ns pol\u00edticas. Ent\u00f3n, podes ter difusi\u00f3n medi\u00e1tica, aireada pola prensa ou polos contrincantes, que te dan cancha e propaganda, mesmo sobreactuando. Unha postura que me resulta inconcebible non tanto por rid\u00edcula como por incoherente e prexu\u00edzo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>T\u00e9\u00f1ense dado -estanse a dar- moitos casos do que digo no par\u00e1grafo anterior, pero sempre chama m\u00e1is a atenci\u00f3n o que toca m\u00e1is preto, e este artigo ten a s\u00faa orixe precisamente nun deses casos pr\u00f3ximos. Cando hai uns d\u00edas a prensa deu sa\u00edda a unha nota do concello de Ribadeo reafirmando a s\u00faa actividade en prol da igualdade, o que se veu non foi a propia actividade do concello en materia de igualdade e o seu rendemento, (actividade que non estimo errada e da que en xeral \u00e9 pronto para estimar a s\u00faa efectividade), sen\u00f3n a causa que deu orixe \u00e1 nota do concello: segundo parece, as cr\u00edticas vertidas dende un partido de extrema dereita. E digo segundo parece, porque algu\u00e9n houbo mergullarse no torrente das redes sociais para chegar a unha nota dese partido, a nivel provincial, da que en Ribadeo nada ou pouco se sab\u00eda e na que Ribadeo aparece nada m\u00e1is que como unha cita entre outras, sen argumentaci\u00f3n particular algunha.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Pero si, o caso \u00e9 que agora ese partido de extrema dereita xa ten presenza nas novas do concello. Que polo momento os votos que tivera caiban con folganza nunha carteira non impide que o papel adicado neste caso xa non caiba. Algo ben diferente do que ocorre con outros feitos con movemento orixinado no propio termo municipal. Por po\u00f1er alg\u00fans exemplos, a baixada \u00e1 praia do cargadoiro, a de orixe natural m\u00e1is pr\u00f3xima \u00e1 vila, leva un ano impracticable, foi un feito notificado polos veci\u00f1os urxindo a s\u00faa reparaci\u00f3n e enfr\u00f3ntase \u00e1 campa\u00f1a de ver\u00e1n sen ama\u00f1o e sen novas explicativas ou xustificativas do concello. O acceso \u00e1 illa Pancha, que entre outras reclamaci\u00f3ns presentadas ten recibido d\u00faas sentenzas xudiciais, segue restrinxido sen actuaci\u00f3n do concello m\u00e1is al\u00f3 de dicir que a sentenza \u00e9 positiva, non dando importancia a que o concello foi levado a xu\u00edzo (e non \u00f3 rev\u00e9s) e que hai un movemento veci\u00f1al ben anterior \u00f3 que ben pouco caso se lle fixo. Ou a nova residencia de maiores, levantada a partir da insistencia dos veci\u00f1os, fonte de m\u00faltiples notas de prensa no seu momento e agora relegada \u00e1 falta de informaci\u00f3n e seguimento social, a pesar da importancia de ambas para o desenvolvemento a longo prazo dun servizo deste tipo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A voz vai antes que o voto. Para emitir o voto, fai falta voz; en caso contrario, non se ten confianza de que valla para algo. De a\u00ed a que a participaci\u00f3n se encauce cara a extremismos antidemocr\u00e1ticos vai un paso.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Voz e voto &nbsp;&nbsp;&nbsp; Na procura do significado da palabra latina vox at\u00f3pome voz, pero tam\u00e9n voto. C\u00e1drame. En tempos, unha palabra dada era m\u00e1is firme que alg\u00fans dos escritos de agora, moitas veces considerados como papel mollado. Polo tanto, a voz dada ter\u00eda un car\u00e1cter inequ\u00edvoco de voto, de preferencia ante unha opci\u00f3n que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2910,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,9],"class_list":["post-2909","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2909","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2909"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2909\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2910"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2909"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2909"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2909"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}