{"id":2900,"date":"2022-05-09T16:02:00","date_gmt":"2022-05-09T14:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:26:47","modified_gmt":"2024-10-24T13:26:47","slug":"unha-lanza-en-favor-das-panchas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/05\/09\/unha-lanza-en-favor-das-panchas\/","title":{"rendered":"Unha lanza en favor das Panchas"},"content":{"rendered":"<p><span>Unha lanza en favor das Panchas<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Anda estes d\u00edas en Ribadeo unha pol\u00e9mica sobre cartos dados, cartos recibidos e impostos debidos. En resume, o concello puxo cartos para subvencionar as compras no comercio local, e agora, \u00e9poca da declaraci\u00f3n da renda, os beneficiarios intermedios (consumidores) te\u00f1en declaralos como ingresos. As <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=panchas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Panchas<\/a>, uns vales locais cualificados de &#8216;moeda local&#8217; (calquera que te\u00f1a visto \u2018<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/os-milagres-non-existen-coneces-worgl.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Das Wunder von W\u00f6rgl<\/a>\u2019 pode ver a diferenza cunha moeda local) foron apoiados polo concello de xeito que se ti &#8216;comprabas&#8217; 30 \u20ac de panchas, d\u00e1banche 40 \u20ac para mercar. Resultado, &#8216;ingresabas&#8217; 10 \u20ac do orzamento do concello.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Anos anteriores, as Panchas, editadas en menor cantidade, parece que non tiveron problema fiscal, pero este ano o concello, pode que en parte polo sistema empregado, tivo que pasar unha relaci\u00f3n \u00f3 Ministerio de Facenda, quen computou eses ingresos a quen recibiu as panchas. O resultado, a ollos da facenda, est\u00e1 claro: recibiches m\u00e1is ingresos, pagas m\u00e1is.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>As cantidades recibidas por cada persoa, son min\u00fasculas en relaci\u00f3n \u00f3s ingresos totais do ano. Min\u00fasculas, pero non nulas. E saltou a noticia e os reproches. A m\u00e1xima cantidade de subvenci\u00f3n recibida por adulto intermediario consumista ter\u00edan sido 70 \u20ac, pois houbo unha limitaci\u00f3n da cantidade m\u00e1xima a adquirir. 70 \u20ac, a un tipo marxinal de IRPF de 30% d\u00e1 como resultado 21 \u20ac m\u00e1is a pagar na declaraci\u00f3n da renda. Unha cantidade aproximada do que ter\u00eda que pagar, como m\u00e1ximo, cada persoa. Se a declaraci\u00f3n se fai por gananciais, a cantidade pode ser dobre. E, se quen mercou as panchas \u00e9 algu\u00e9n que non ti\u00f1a obriga de declarar por non chegar \u00f3 m\u00ednimo, agora pasa a ter que facelo \u00f3 diversificar as fontes de ingreso. Isto \u00faltimo, algo que pode ser beneficioso, pois pode que \u00f3 obrigar a declarar por baixo do m\u00ednimo, resulte algunha cantidade a devolver<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En calquera caso, a quen colleu desprevido o ter que declarar esa cantidade recibida, coido que agora estar\u00e1 reflexionando varias cousas sobre os impostos. Por exemplo:<\/p>\n<p>&#8211; Son cos impostos dos ribadenses cos que se paga esa subvenci\u00f3n do concello \u00f3 comercio. Algo as\u00ed como unha transferencia dos teus cartos, a trav\u00e9s do concello (e, \u00f3 mellor, de ti mesmo) \u00f3s comerciantes.<\/p>\n<p>&#8211; Se ti recibes cartos dunha entidade p\u00fablica, non te podes escapar de declaralos como ingresos. Cousa ben diferente \u00e9 que eses cartos sexan legais ou non, que as novas sobre corrupci\u00f3n est\u00e1n \u00e1 orde do d\u00eda.<\/p>\n<p>&#8211; Cando manexes cartos subvencionados, pensa de onde ve\u00f1en: os impostos te\u00f1en mala fama, pero son a base que mant\u00e9n a educaci\u00f3n ou a sanidade p\u00fablicas, a m\u00e1is dos chiringuitos.<\/p>\n<p>&#8211; Como pagas impostos, procura que sexan distribu\u00eddos e aproveitados e non asaltados e desperdiciados, vix\u00eda a pol\u00edtica e impl\u00edcate para que as cousas vaian ben.<\/p>\n<p>&#8211; Non pidas \u00e1 administraci\u00f3n o que en xustiza non lle das, o mesmo que pretendes que non che pida o que en xustiza non debe pedirche.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>En fin, nunca tiven claro o tema das panchas nin a nivel te\u00f3rico nin no de &#8216;\u00e9xito&#8217; edici\u00f3n tras edici\u00f3n (a\u00ednda que nesta quedaran panchas por solicitar). Pero, a\u00ednda coas sorpresas de ter que declaralas cando non se esperaba (xa sabemos que todos podemos vivir nas nubes cando nos conv\u00e9n), coido que esta edici\u00f3n puido servir para reflexionar e aprender un pouco de econom\u00eda&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha lanza en favor das Panchas &nbsp;&nbsp;&nbsp; Anda estes d\u00edas en Ribadeo unha pol\u00e9mica sobre cartos dados, cartos recibidos e impostos debidos. En resume, o concello puxo cartos para subvencionar as compras no comercio local, e agora, \u00e9poca da declaraci\u00f3n da renda, os beneficiarios intermedios (consumidores) te\u00f1en declaralos como ingresos. As Panchas, uns vales locais [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9],"class_list":["post-2900","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2900","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2900"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2900\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2900"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2900"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2900"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}