{"id":28922,"date":"2026-11-16T14:00:17","date_gmt":"2026-11-16T13:00:17","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=28922"},"modified":"2026-11-16T14:00:21","modified_gmt":"2026-11-16T13:00:21","slug":"web-summit-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/11\/16\/web-summit-2026\/","title":{"rendered":"Web Summit 2026"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center wp-block-paragraph\">Web Summit 2026<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Estimo que \u00e1 meirande parte da xente que vexa estas letras non lle dir\u00e1 moito o t\u00edtulo. Tr\u00e1tase dunha feira de tecnolox\u00eda relacionada con internet que se achega \u00f3s vinte anos, celebr\u00e1ndose os dez \u00faltimos en Lisboa, e que xa leva posto en marcha algunha \u2018sucursal\u2019. \u00c9 grande, con varios milleiros de postos (uns, fixos durante toda a feira e outros, visitables s\u00f3 un dos d\u00edas) e moitas charlas e outras actividades, a m\u00e1is de abundantes decenas de milleiros de visitantes. Impulsada de xeito comercial, pode verse m\u00e1is e dende diversos puntos de vista na wikipedia en portugu\u00e9s ou ingl\u00e9s, ou espa\u00f1ol, entre outras (en galego estar\u00e1 pronto, supo\u00f1o). Te\u00f1o asistido a varias edici\u00f3ns, abondo como para poder comparar ou resaltar algunhas caracter\u00edsticas e feitos, e po\u00f1elos en relaci\u00f3n con outros aspectos do mundo actual. A\u00ednda que nun espazo tan reducido como este formato de artigo curto po\u00f1er unhas cantas cousas relacionadas poda resultar nunha mestura bizarra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Este ano, o punto de vistosidade estaba na promoci\u00f3n da &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=intelixencia+artificial\">Intelixencia Artificial<\/a>&#8216;, como na pasada edici\u00f3n, co complemento da capa rob\u00f3tica que se pretende baseada na IA. Nunha feira, onde as empresas tentan ampliar a s\u00faa visibilidade e onde prima a venda, sempre hai moito charlat\u00e1n, e esta non se diferencia nese aspecto do que poda ser unha feira peri\u00f3dica das que se organizan cada semana ou cada mes nos nosos pobos. Iso si, aqu\u00ed unha charla pode congregar nun auditorio ate 20 000 persoas, a\u00ednda que na pr\u00e1ctica siga a ser irrelevante e falta de interese, ou ter s\u00f3 un pequeno espazo para un p\u00fablico menor de 100 e ser novidosa e interesante. A xente segue a ser xente por moito que se vista de tecnolox\u00eda, e pode actuar como persoas ou como personaxes nun escenario.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nun mundo no que a tecnolox\u00eda procura cada vez m\u00e1is atenci\u00f3n, ver que as demostraci\u00f3ns de robots na feira prescinden con dificultade dalg\u00fan mando (deses que lembran \u00f3s hoxe populares drons), chamoume a atenci\u00f3n. En particular polo que non deixan ver: o que lle falta \u00f3s robots para unha autonom\u00eda xeral, para ter unha \u2018intelixencia artificial\u2019 que se pregoa como base do robot guai que se estea a ofertar. Ver como bailan nove robots humanoides de xeito acompasado, ou como executan unha kata dunha arte marcial deixa a un pensando. Pero ver despois como cambia a velocidade e o saber facer para retirarse ordenadamente do estrado \/ pista de baile fai volver \u00e1 realidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Outra cousa que chama a atenci\u00f3n \u00e9 precisamente iso, a captura e perda da atenci\u00f3n. Na feira, produtos e compa\u00f1\u00edas en diferente estado de evoluci\u00f3n, necesidade de cartos ou monetarizaci\u00f3n procuran a atenci\u00f3n da xente, visitantes e outras empresas. Como a atenci\u00f3n que se pode prestar (sexa unha persoa ou o conxunto dunha compa\u00f1\u00eda) \u00e9 limitada, a captura de atenci\u00f3n por parte dunha entidade (empresa, produto, orador, \u2026) incide na falta de atenci\u00f3n en relaci\u00f3n a outras cousas, organizaci\u00f3ns, comunidades ou consumos. E de feito, \u00e9 curioso ver a competencia. Por exemplo, a xente atendendo \u00f3 seu m\u00f3bil nunha presentaci\u00f3n deste tipo: milleiros de persoas en te\u00f3rica prestaci\u00f3n de atenci\u00f3n a quen est\u00e1 presentando o que sexa e, \u00f3 tempo, milleiros de m\u00f3biles coa pantalla acesa visibles de xeito doado na semiescuridade do auditorio. \u00c9 dicir, mesmo en eventos deste tipo, \u00e9 patente a mesma falta de atenci\u00f3n da que nos queixamos moitas veces no ensino, por po\u00f1er un caso relevante.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ah, iso si, os robots humanoides caracterizados con \u2018pel\u2019 e aparencia humanas, ve\u00f1en moitos con aspecto chin\u00e9s, fan tai chi\u2026 L\u00f3xico, cando hai un apartado s\u00f3 para China na distribuci\u00f3n de actividades, non? Unha nota: non houbo un espazo equivalente para os EEUU.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"690\" height=\"420\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/11\/Acreditacion-Web-Summit-2026.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-28923\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/11\/Acreditacion-Web-Summit-2026.jpg 690w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/11\/Acreditacion-Web-Summit-2026-300x183.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Acreditaci\u00f3n de entrada \u00e1 <a href=\"https:\/\/fqribadeo.ribadeando.com\/search?q=WebSummit\">Web Summit<\/a> 2026<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Web Summit 2026 Estimo que \u00e1 meirande parte da xente que vexa estas letras non lle dir\u00e1 moito o t\u00edtulo. Tr\u00e1tase dunha feira de tecnolox\u00eda relacionada con internet que se achega \u00f3s vinte anos, celebr\u00e1ndose os dez \u00faltimos en Lisboa, e que xa leva posto en marcha algunha \u2018sucursal\u2019. \u00c9 grande, con varios milleiros de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[190],"tags":[40],"class_list":["post-28922","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-tecnoloxia","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28922","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28922"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28922\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28924,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28922\/revisions\/28924"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28922"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28922"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28922"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}