{"id":28893,"date":"2026-11-03T12:56:58","date_gmt":"2026-11-03T11:56:58","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=28893"},"modified":"2026-11-03T12:57:02","modified_gmt":"2026-11-03T11:57:02","slug":"maios-do-68","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/11\/03\/maios-do-68\/","title":{"rendered":"Maios do 68"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Maios do 68<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Vai para 60 anos. Era un p\u00edcaro. V\u00eda as imaxes do maio franc\u00e9s na televisi\u00f3n a\u00ednda da ditadura e m\u00e1is ou menos pensaba, ao modo de Ast\u00e9rix cos romanos: \u2018est\u00e1n tolos estos franceses!\u2019. O que eu v\u00eda era que estaban a desfacer o pa\u00eds, e non comprend\u00eda o por que.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00d3 longo do tempo te\u00f1o rememorado aquelas imaxes de disturbios en diversas ocasi\u00f3ns. Por exemplo, hai vinte anos, sobrevoando como acompa\u00f1ante de alumnos nun intercambio con Alema\u00f1a, un Par\u00eds no que se observaban fumaredas en varios puntos: era unha nova revolta en Francia, a dos banlieu. Dende aquela houbo m\u00e1is, como a revolta dos \u2018chalecos amarelos\u2019 (gilet jaunes), ate chegar \u00e1s actuais. Revoltas estas \u00faltimas que se propagaron por varios pa\u00edses europeos. En Espa\u00f1a, despois de que comezara en Francia esta \u00faltima explosi\u00f3n e antes de que medrara e se propagara polo resto de Europa, montouse unha protesta pac\u00edfica e con outro tipo de organizaci\u00f3n, a acampada de Sol. Lembrando outro maio, este, espa\u00f1ol, o dos indignados, cun sentido diferente. Dir\u00eda que s\u00f3 lixeiramente diferente, a pesar do que os separa. Pero iso, o gradar a diferencia en asuntos como estes, pode ser algo subxectivo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O caso \u00e9 que co tempo fun vendo de xeito diferente o maio franc\u00e9s e tantos outros \u2018maios\u2019 que parece van sendo m\u00e1is frecuentes cada vez \u00f3 longo dun globo terr\u00e1queo que se achica en moitos sentidos, como en tempo para recorrelo, en propagaci\u00f3n de ideas ou virus e en uniformizaci\u00f3n das xentes. Isto \u00faltimo, algo que fai que un \u2018rider\u2019 neoiorquino poda ter m\u00e1is cousas en com\u00fan cun empregado dun Burger King en Ribadeo, a milleiros de quil\u00f3metros da s\u00faa vivenda, que con algu\u00e9n vivindo nun \u00e1tico da Quinta Avenida de Manhattan, a un tiro de pedra do seu traballo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Si, m\u00e1is frecuentes. E, \u00f3 tempo, m\u00e1is uniformes no que se pretende, a\u00ednda que por diversos motivos, a expresi\u00f3n da protesta poda ser moi diferente. As\u00ed, mesmo en Espa\u00f1a, pouco ten que ver a axitaci\u00f3n de Blocus e o aproveitamento que dela est\u00e1 a facer Trump, Israel ou a \u2018dereita\/ultradereita patria\u2019 coa acampada tranquila, colaborativa e construtiva en Sol e noutros lugares. A\u00ednda que as petici\u00f3ns podan parecer semellantes, esta \u00faltima ten recibido os ataques desa mesma \u2018dereita\/ultradereita patria\u2019. E a primeira sobreentende as petici\u00f3ns aparentemente s\u00f3 como motivo da acci\u00f3n. E resulta que os acampados non se ocultan, nin tampouco o seu xeito de organizarse, mentres Blocus, cando isto escribo, segue a ser unha inc\u00f3gnita guiada a trav\u00e9s de internet, cos t\u00edpicos nesgos potenciados polas plataformas dixitais de empresa (Twitter, Facebook, TikTok&#8230;) e os seus intereses, que se contrapo\u00f1en a apertura, colaboraci\u00f3n e tranquilidade de expresi\u00f3n doutras redes de comunidade (estilo Mastodon ou, en xeral, o chamado Fediverso).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Dun xeito ou outro, se as protestas aumentan, coido que o que hai que mirar \u00e9 sobre todo o por que do malestar que as xenera, en troques de mirar en exclusiva o como acabar coa expresi\u00f3n de malestar que representan.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Maios do 68 Vai para 60 anos. Era un p\u00edcaro. V\u00eda as imaxes do maio franc\u00e9s na televisi\u00f3n a\u00ednda da ditadura e m\u00e1is ou menos pensaba, ao modo de Ast\u00e9rix cos romanos: \u2018est\u00e1n tolos estos franceses!\u2019. O que eu v\u00eda era que estaban a desfacer o pa\u00eds, e non comprend\u00eda o por que. \u00d3 longo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[175,165,176],"tags":[32,11,13],"class_list":["post-28893","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-filosofia","category-historia","category-politica","tag-filosofia","tag-historia","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28893","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28893"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28893\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28894,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28893\/revisions\/28894"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28893"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28893"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28893"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}