{"id":2888,"date":"2022-05-16T14:14:00","date_gmt":"2022-05-16T12:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:26:25","modified_gmt":"2024-10-24T13:26:25","slug":"os-tempos-son-variados-dos-bardos-das","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/05\/16\/os-tempos-son-variados-dos-bardos-das\/","title":{"rendered":"Os tempos son variados \/ dos bardos, das idades"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/05\/DC3ADa20de20Galiza.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"409\" height=\"589\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/05\/DC3ADa20de20Galiza.jpg\" class=\"wp-image-2889\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Portada do libri\u00f1o facs\u00edmile editado pola Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><strong>Os tempos son variados \/ dos bardos, das idades<\/strong><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/lingua\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Lingua<\/a> e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=xente\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">xente<\/a>. Coido que recorrer \u00f3 Himno galego o d\u00eda da lingua non ten nada de especial, como tampouco o facelo no &#8216;d\u00eda de Galicia&#8217;. Escribo xusto antes dun 17 de maio, d\u00eda das letras galegas, e non \u00e9 complicado observar que o himno ten letra e que hai unha relaci\u00f3n. Precisamente que se achegue o d\u00eda das letras facilitou que, \u00f3 pasar pola feira do libro, me fixera cun exemplar facsimilar do impreso para celebrar o d\u00eda de Galiza de 1935 en Lugo. \u00cda dicir que a Deputaci\u00f3n Provincial, cunha caseta na feira, mo obsequiou, o cal \u00e9 certo, pero coido que m\u00e1is certo \u00e9 dicir que o coll\u00edn da caseta porque estaba para coller despois de quedar restos de edici\u00f3n dende o 2010 no que foi editado. Restos que polo que parece non se dan esgotado.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>\u00d3 folleto, de 16 p\u00e1xinas de interior, foille engadida informaci\u00f3n sobre a edici\u00f3n facs\u00edmile e un escrito de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xos%C3%A9_Ant%C3%B3n_Bao\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ant\u00f3n Bao Abelleira<\/a>, daquela Vicepresidente da Deputaci\u00f3n de Lugo. Non \u00e9 a primeira vez que o vexo, pero si a primeira que o collo e leo. E que penso nel co\u00f1ecendo o contido. Diso van estas letras. Sen tentar facer un &#8216;spoiler&#8217;, que coido que as 14 p\u00e1xinas numeradas (m\u00e1is anuncios da \u00e9poca, verbas do Vicepresidente, informaci\u00f3n de edici\u00f3n e portada) merecen a atenci\u00f3n para ser co\u00f1ecidas de primeira man. E, nese sentido, espero que no futuro a Deputaci\u00f3n te\u00f1a a ben facer unha nova edici\u00f3n, quizais sen a intervenci\u00f3n do Vicepresidente, a\u00ednda que entendo que foi o impulsor da edici\u00f3n de 2010, ou polo contrario, cunha introduci\u00f3n e\/ou un estudo moito m\u00e1is amplo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O folleto incl\u00fae o programa da banda, \u00f3 comezo, e o himno \u00f3 final. Produto dun tempo no que a escrita non estaba normalizada, nin por ser &#8216;normal&#8217; escribir en galego, nin por ter un intercambio escrito flu\u00eddo chegando a un consenso de norma de uso, nin por terse ditado unha &#8216;normativa oficial&#8217; da escrita, no primeiro aparece como Himno mentres no final o fai como Hino.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Os textos, curtos, levan a sinatura de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ram%C3%B3n_Otero_Pedrayo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ram\u00f3n Otero Pedrayo<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ant%C3%B3n_Villar_Ponte\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A. Villar Ponte<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Manuel_Murgu%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Manoel Murgu\u00eda<\/a> (xa non na terra dos vivos polo 1935 do folleto) e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xerardo_%C3%81lvarez_Gallego\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">X. \u00c1lvarez Gallego<\/a>. E, a\u00ednda o seu escaso tama\u00f1o, s\u00f3 podo comentar aqu\u00ed alg\u00fan feito das ideas, comentarios e citas que aparecen.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Fala Otero Pedrayo do &#8216;<em>Estilo ardente e refleisivo da nosa Raza, as esencias eternas da Galiza<\/em>&#8216;. A\u00ednda non chegaran os tempos da unha \u00fanica raza, a humana, mentres a\u00ednda hai quen segue a loitar polas esencias eternas m\u00e1is que por unha Galicia inclusiva, sabendo e apreciando o noso, pero tam\u00e9n o dos demais.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Fala tam\u00e9n Pedrayo de que &#8216;<em>A festa da Galiza abrangue o pasado i-o futuro<\/em>&#8216;, non podendo estar m\u00e1is de acordo, e inclu\u00edndo a necesaria perspectiva para non s\u00f3 co\u00f1ecer e celebrar, sen\u00f3n valorar, aprender e prever.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Don Ant\u00f3n tam\u00e9n menciona &#8216;<em>exixencias raciais<\/em>&#8216; e &#8216;<em>imperativos da terra<\/em>&#8216;, nun signo de uni\u00f3n con Pedrayo nas ideas do tempo. Mais parece m\u00e1is pesimista, a\u00ednda que sexa a modo de aviso. Fala de &#8216;<em>terra morta espiritualmente na que roian os vermes da caciqueira<\/em>&#8216; ou de &#8216;<em>territorio con habitantes, pero nunca un pais con alma<\/em>&#8216;, dando a soluci\u00f3n na autonom\u00eda. Algo que, despois de m\u00e1is de corenta anos de aplicaci\u00f3n do estatuto auton\u00f3mico segue sendo en parte actualidade m\u00e1is que futuro descartado. Claro que non cumpre moi ben o &#8216;<em>Arrechegando a responsabilidade de goberno e do Parlamento o pobo<\/em>&#8216;&#8230; Segue vixente a desvalorizaci\u00f3n da nosa cultura, do noso, que leva, <em>&#8216;que caber\u00eda agardar, se non escravitude material e moral, pobreza e cobard\u00eda?&#8217;<\/em><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Un libri\u00f1o moi pequeno sobre o que cabe falar moito.<\/span><em> <\/em><\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Por xentileza da Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo, deixo colgado o folleto <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1Pj7A5utpe7yy2uZiCRipZhjA786KLjq1\/view?usp=sharing\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">D\u00eda de Galiza, Lugo 1935<\/a> en internet.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Portada do libri\u00f1o facs\u00edmile editado pola Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo Os tempos son variados \/ dos bardos, das idades &nbsp;&nbsp;&nbsp; Lingua e xente. Coido que recorrer \u00f3 Himno galego o d\u00eda da lingua non ten nada de especial, como tampouco o facelo no &#8216;d\u00eda de Galicia&#8217;. Escribo xusto antes dun 17 de maio, d\u00eda das [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2889,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,11,16],"class_list":["post-2888","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-historia","tag-lingua"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2888","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2888"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2888\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2889"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2888"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2888"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2888"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}