{"id":28860,"date":"2026-10-29T09:15:31","date_gmt":"2026-10-29T08:15:31","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=28860"},"modified":"2026-10-29T09:15:37","modified_gmt":"2026-10-29T08:15:37","slug":"o-meu-voto-vale-mais-co-teu-nada-novo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/10\/29\/o-meu-voto-vale-mais-co-teu-nada-novo\/","title":{"rendered":"O meu voto vale m\u00e1is c\u00f3 teu. Nada novo"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center wp-block-paragraph\">O meu voto vale m\u00e1is c\u00f3 teu. Nada novo<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Hai moito tempo que a democracia estableceu \u2018un home, un voto\u2019. Esa afirmaci\u00f3n pecaba de defectos (e en menor grao, segue pecando), pois en principio non inclu\u00eda a t\u00f3dolos homes, sen\u00f3n s\u00f3 \u00f3s propietarios, e tampouco inclu\u00eda \u00e1s mulleres, e \u00f3 final nos sistemas, actuais ou pasados, non ten o mesmo peso o que diga e faga algu\u00e9n coma min que outra persoa que ten un patrimonio moitos mill\u00f3ns de veces maior co meu. As mulleres a\u00ednda hoxe en d\u00eda \u2018levan retardo\u2019 en dereitos diversos e en diferentes pa\u00edses; mesmo non son novidade os retrocesos nos seus dereitos, e non s\u00f3 en Afganist\u00e1n, sen\u00f3n tam\u00e9n en pa\u00edses \u2018occidentais\u2019. En Espa\u00f1a, hai non tanto as mulleres ti\u00f1an que pedir permiso \u00f3s maridos para moitas cousas (a\u00ednda que na alta sociedade hab\u00eda sistemas para cortocircuitar ao menos alg\u00fan deses permisos). Mentres, os \u2018propietarios\u2019 levan tempo querendo volver \u00e1 casi\u00f1a de sa\u00edda. \u00c9 dicir, a ser eles os que te\u00f1en o voto e non ter necesidade de contar coa vontade dos desposu\u00eddos. Isto, nun sentido amplo, porque mentres calquera propietario pode interpretar que as s\u00faas propiedades lle outorgan dereitos, canto m\u00e1is se sube na escala de propiedades, m\u00e1is dereitos se interpreta ter, mesmo negando \u00f3s de abaixo (e non s\u00f3 \u00f3s desposu\u00eddos, sen\u00f3n a xente con posesi\u00f3ns m\u00e1is modestas que as deles) o dereito a calquera voto ou expresi\u00f3n de opini\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ese \u2018facer calar \u00f3s de abaixo\u2019 tense manifestado de moitos xeitos. Dende a presi\u00f3n econ\u00f3mica e laboral para que na expresi\u00f3n de opini\u00f3ns (e de voto) as manifestaci\u00f3ns tenderan a facer coincidir os de abaixo cos de arriba, \u00e1 articulaci\u00f3n legal de prohibir as manifestaci\u00f3ns para facer presi\u00f3n que puideran expresar os de abaixo mentres son toleradas as presi\u00f3ns \u00f3 alcance dos de arriba. As\u00ed, v\u00e9xase que a lei mordaza ata curto a disensi\u00f3n pac\u00edfica mentres permite alternar (non di nada sobre o tema, non hai mordaza) \u00f3s de arriba e manifestarse libremente cara a cara cos pol\u00edticos mesmo en sede institucional. E, dun tempo a esta parte, coa acumulaci\u00f3n de riqueza desatada por alg\u00fans mecanismos econ\u00f3micos en torno \u00e1s \u2018novas tecnolox\u00edas\u2019, tam\u00e9n hai manifestaci\u00f3ns para negar o voto a diferentes categor\u00edas de xente e para influ\u00edr nela (en n\u00f3s), para destru\u00edr a confianza en xente do pobo e facer que apareza como salvadora xente moi, moi rica. Si, sempre houbo diso. Pero estamos en tempos nos que se volve a recruar esa visi\u00f3n, apoiada precisamente polas mesmas novas tecnolox\u00edas que levan multiplicado a riqueza dun pu\u00f1ado de persoas a nivel mundial. Si, da mesma xente que est\u00e1 planeando ir vivir a Marte mentres est\u00e1n na primeira li\u00f1a para contribu\u00edr a desfacer o mundo no que vivimos (e non s\u00f3 de xeito ecol\u00f3xico, sen\u00f3n tam\u00e9n por exemplo, no que \u00f3 social se refire).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Non, non digo nada novo. Mesmo de tanto telo repetido e escoitado poder\u00eda pensarse que non \u00e9 necesario volver dicilo. Mais unha ollada \u00f3 noso arredor desminte a falta de necesidade de lembrar algo tan evidente como a desigualdade e a s\u00faa tendencia a aumentar no sistema actual. Por iso \u00e9 necesario, para tentar contrarrestar esa indefensi\u00f3n dos de abaixo e esa dependencia cara arriba que anula votos e vontades. Para seguir tendo consciencia e actuando en consecuencia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O meu voto vale m\u00e1is c\u00f3 teu. Nada novo Hai moito tempo que a democracia estableceu \u2018un home, un voto\u2019. Esa afirmaci\u00f3n pecaba de defectos (e en menor grao, segue pecando), pois en principio non inclu\u00eda a t\u00f3dolos homes, sen\u00f3n s\u00f3 \u00f3s propietarios, e tampouco inclu\u00eda \u00e1s mulleres, e \u00f3 final nos sistemas, actuais ou [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[176,158],"tags":[13,9],"class_list":["post-28860","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-politica","category-sociedade","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28860","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28860"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28860\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28861,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28860\/revisions\/28861"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28860"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28860"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28860"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}