{"id":28830,"date":"2026-10-23T14:20:53","date_gmt":"2026-10-23T12:20:53","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=28830"},"modified":"2026-10-23T14:27:37","modified_gmt":"2026-10-23T12:27:37","slug":"caca-culo-pedo-pis","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/10\/23\/caca-culo-pedo-pis\/","title":{"rendered":"Caca, culo, pedo, pis"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center wp-block-paragraph\">Caca, culo, pedo, pis<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">De caca, culo, pedo, pis a Facebook, X, Threads, Tiktok parece ir un mundo. Nada m\u00e1is lonxe da realidade. Iso si, cambiaron cousas polo medio nunha versi\u00f3n moderna daquelo que dic\u00eda o Gatopardo: cambiar todo para que nada cambie.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En tempos, os nenos pequenos cando quer\u00edan ser transgresores pod\u00edan comezar a dicir verbas \u2018prohibidas\u2019, mesmo de carreiri\u00f1a, como \u2018cacaculopedopis\u2019, e sent\u00edanse o que se dir\u00eda agora \u2018empoderados\u2019. O mero feito de pronunciar verbas que lles dec\u00edan eran malsoantes e que consideraban como prohibidas constitu\u00eda unha transgresi\u00f3n que os reafirmaba. Verbas que, a m\u00e1is, estaban relacionadas consigo mesmos, como partes constitutivas do seu corpo ou como produtos del. Era polo tanto a uni\u00f3n da transgresi\u00f3n \u00e1 propia valoraci\u00f3n do que eran e dos seus actos, a\u00ednda que de merda se tratara.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Hoxe, ning\u00fan deses produtos tecnol\u00f3xicos, de Facebook a X, Threads ou Tiktok (por procurar un conxunto de catro quizais m\u00e1is relevantes ca outros) \u00e9 producido por n\u00f3s nin \u00e9 \u2018noso\u2019. M\u00e1is ben somos n\u00f3s dalg\u00fan xeito pertencentes \u00e1s plataformas anteditas e o noso comportamento e o noso ser est\u00e1 influenciado polo seu uso, a\u00ednda que de merda se trate.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Aqu\u00ed, unha nota: hai xa varios anos que estou separado de calquera deses produtos citados, mais, ate o momento, coido que \u00e9 unha opci\u00f3n minoritaria, e, se infl\u00faen na xente \u00f3 meu arredor, tam\u00e9n rematar\u00e1n influ\u00edndo en min, por moito que sexa de xeito indirecto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Contin\u00fao. \u00cda dicindo que ata certo punto temos unha dependencia e unha pertenza a esas plataformas, das que a estas alturas somos m\u00e1is ou menos conscientes que son subprodutos dun corpo que \u00e9 internet, a modo de refugallos o mesmo que a merda, o mexo ou os peidos o son do noso corpo. Cunha diferencia fundamental: o noso corpo expulsa todo o que lle sobra tras alimentarse, mentres que os produtos das plataformas serven para que elas se alimenten de n\u00f3s mentres nos lanzan cada vez m\u00e1is merda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En calquera caso, actuamos como os nenos pequenos coas \u2018palabrotas\u2019: solaz\u00e1ndonos no que dalg\u00fan xeito temos consciencia de que \u00e9 merda, e que por outra banda ten un efecto de atracci\u00f3n sobre n\u00f3s que non podemos explicar moi ben (por moito que estea estudado). Hai numerosos exemplos disto que digo. O \u00faltimo que chegou \u00e1s mi\u00f1as mans (na realidade, \u00f3s meus ollos) \u00e9 o caso de Ana Colau. A referente barcelonesa parece ser que hai cinco anos que abandonou Twitter (agora X). Dende aquela, o algoritmo est\u00e1 m\u00e1is nesgado \u2018cara \u00e1 dereita\u2019, co que para unha pol\u00edtica que se encadra \u2018na esquerda\u2019 entras a\u00ed \u00e9 algo as\u00ed como pedir que a esnaquicen. Mais m\u00e9tese de novo en X para ter m\u00e1is audiencia\u2026 Recomendar\u00edalle (igual que a calquera, de esquerdas ou dereitas) Mastodon, ou, en \u00faltimo caso e como tempo de transici\u00f3n, Bluesky, antes de enmerdarse en plataformas con regras adaptadas para que triunfen as ideas de alg\u00fans, propietarios das plataformas que se alimentan de n\u00f3s e que nos env\u00edan os refugallos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">[Nota: a imaxe \u00e9 unha adaptaci\u00f3n dunha vi\u00f1eta de Mygumsarebleeding]<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Caca, culo, pedo, pis De caca, culo, pedo, pis a Facebook, X, Threads, Tiktok parece ir un mundo. Nada m\u00e1is lonxe da realidade. Iso si, cambiaron cousas polo medio nunha versi\u00f3n moderna daquelo que dic\u00eda o Gatopardo: cambiar todo para que nada cambie. En tempos, os nenos pequenos cando quer\u00edan ser transgresores pod\u00edan comezar a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":28831,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[158],"tags":[9],"class_list":["post-28830","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sociedade","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28830","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28830"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28830\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28837,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28830\/revisions\/28837"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28831"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28830"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28830"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28830"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}