{"id":28807,"date":"2026-10-19T15:12:22","date_gmt":"2026-10-19T13:12:22","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=28807"},"modified":"2026-10-19T15:12:25","modified_gmt":"2026-10-19T13:12:25","slug":"non-ti-non-es-ribadense","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/10\/19\/non-ti-non-es-ribadense\/","title":{"rendered":"Non, ti non es ribadense"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center wp-block-paragraph\">Non, ti non es ribadense<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">P\u00f3delle pasar a calquera, levando medio s\u00e9culo de vida no pobo ou mesmo nado en Ribadeo, que se sinta ribadense. \u00c9 o l\u00f3xico, non? Ben. Sentir, pode sentirse, pero en xeral \u00e9 un sentimento que ten algo de errado. Do mesmo xeito que o sentes, deixa (podes deixar) de sentilo. Ser\u00e1 mesmo mellor para ti, que reco\u00f1ezas a t\u00faa pertenza, e pode que de m\u00e1is dun xeito, non sexa Ribadeo por moito que esteas ancorado nel.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Podes votar, mercar, comer e durmir en Ribadeo, pero se os dereitos de ribadense xa te foron escamoteados, es a\u00ednda ribadense? Se che parece raro o que digo, pensa un pouco. Posiblemente non te vexas formando parte dese Ribadeo que din que pode admitir moitos m\u00e1is visitantes. Dese Ribadeo que quere seguir medrando en forasteiros que substit\u00faen durante uns d\u00edas \u00f3s veci\u00f1os que xa se botaron, que se foron, sexa de xeito temporal -escapar do ru\u00eddo das festas- ou definitivo, indo f\u00f3ra ou cambiando de barrio; en calquera caso deixando un baleiro na s\u00faa ausencia que se enche con visitantes ou veraneantes. Dese Ribadeo que se pretende modelo para turistas mentres como pouco invisibiliza \u00f3s veci\u00f1os que quedan sen expulsar e que son os que constru\u00edron ese \u2018lugar mod\u00e9lico\u2019 que tanto vende e que deixar\u00e1 de selo para eles mesmos. Que te vexas, polo contrario, formando parte do Ribadeo que non atopa un lugar \u00f3 Sol, e, se o atopa, est\u00e1 tenso porque en calquera momento pode ter que comezar a pagar o que non ten por ocupar ese lugar \u00f3 Sol. Dese Ribadeo que non vive, sen\u00f3n que sobrevive, procurando non entrar en conflito (entrar en conflito est\u00e1 mal visto, sobre todo se tes fronte a ti unha instituci\u00f3n ou algu\u00e9n que se cre cun certo poder) como se o seu\/teu pobo non fora con eles\/contigo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Si, se chegaches ate aqu\u00ed, m\u00edrate, \u00e9 moi posible que en certo xeito non sexas ribadense a\u00ednda que te\u00f1as pasado a meirande parte da t\u00faa vida neste pobo que consideras o teu. Digo, ribadense por ser expulsado e\/ou segundo o canon ditado \u00e1 vista de quen marca o que \u00e9 ser ribadense. Un canon que ter\u00eda a s\u00faa orixe no mirarse no embigo e considerar como local, en xeral, o que vaia consigo (con ese embigo, o de quen cre ter o poder de Ribadeo, coas s\u00faas ideas e os seus cartos). Ad\u00e1ptaste? Un m\u00e1is. Non? Non es.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Non, non \u00e9 o de Ribadeo un caso \u00fanico. Pode ter algunhas caracter\u00edsticas m\u00e1is marcadas que outras, constitu\u00edndo unha especie de selo diferenciador, pero o proceso seguido, o sistema en marcha, \u00e9 algo com\u00fan na nosa \u00e9poca no noso entorno.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Caber\u00eda pensar se ten ama\u00f1o. Porque traballar para conseguir cousas \u00e9 humano. E hai que tentar de ama\u00f1alo. Mais para iso \u00e9 moi conveniente decatarse de que nos afecta a todos, a\u00ednda que haxa xente que se crea a salvo de cousas como a xentrificaci\u00f3n. A conta disto \u00faltimo, venme a lembranza dun estudo que apunta a que no madrile\u00f1o barrio de Salamanca est\u00e1n a verse xentrificadas familias con entradas mensuais de 5 ou 7 mil euros, pola presi\u00f3n de compra e aloxamento de potentados suramericanos. Xente que se ir\u00e1 dese barrio a outros lugares que centrifugar\u00e1n a outra xente con menos poder adquisitivo, e as\u00ed sucesivamente: fen\u00f3menos dese tipo rematan afectando a todos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ou sexa que, \u00e1nimo. Que que melloren a t\u00faa zona non te\u00f1a que levar aparellado, que significar que te vaia a ser m\u00e1is dif\u00edcil seguir a vivir al\u00ed. Que as pol\u00edticas de urbanismo non sexan dependentes de mercadotecnia para venda do teu pobo. Parafraseando, e a\u00ednda que sexa un lema defectuoso \u00f3 que haber\u00eda que axuntar a xente do rural, \u00f3s veci\u00f1os m\u00e1is afastados, \u2018A vila, para quen vive nela\u2019. Entre todos, podemos. E non importa que algu\u00e9n poda dicir que non somos ribadenses se nos sentimos como tales.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non, ti non es ribadense P\u00f3delle pasar a calquera, levando medio s\u00e9culo de vida no pobo ou mesmo nado en Ribadeo, que se sinta ribadense. \u00c9 o l\u00f3xico, non? Ben. Sentir, pode sentirse, pero en xeral \u00e9 un sentimento que ten algo de errado. Do mesmo xeito que o sentes, deixa (podes deixar) de sentilo. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[175],"tags":[32],"class_list":["post-28807","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-filosofia","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28807","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28807"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28807\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28809,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28807\/revisions\/28809"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28807"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28807"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28807"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}