{"id":2879,"date":"2022-05-19T09:08:00","date_gmt":"2022-05-19T07:08:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:26:08","modified_gmt":"2024-10-24T13:26:08","slug":"unha-primavera-para-hernan","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/05\/19\/unha-primavera-para-hernan\/","title":{"rendered":"Unha primavera para Hern\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p>Unha primavera para Hern\u00e1n<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Van xa 21 anos dende que Hern\u00e1n, Hern\u00e1n Naval Parapar, para m\u00e1is dun \u2018o Mestre\u2019, nos deixou, desped\u00edndose nunhas letras galegas que levaba no coraz\u00f3n. Paso pola p\u00e1xina da Galipedia onde o seu nome d\u00e1 acubillo a unha entrada que se poder\u00eda ampliar moito m\u00e1is e que seguro que se ter\u00eda ampliado se non nos tivera deixado antes de cumprir as catro d\u00e9cadas sobre esta terra nosa que animou a s\u00faa vida.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Estamos na primavera, e, \u00f3 tempo que esperamos con ilusi\u00f3n ver florecer a nosa lingua, celebramos a s\u00faa existencia, a\u00ednda que non poidamos celebrar moito m\u00e1is. Mais a primavera \u00e9 tempo no que, xunto coas flores, medra a ilusi\u00f3n, as ganas de vivir, o impulso de proxecci\u00f3n cara \u00f3 futuro. Venme \u00e1 cabeza unha obra de teatro que vin unha primavera e que trata precisamente desa proxecci\u00f3n ilusionante deste tempo: Unha primavera para Aldara. Non sei por que, se non \u00e9 precisamente por esa ilusi\u00f3n vital da que trata a obra, plasmada nun tema e tempo abondo afastados deste aqu\u00ed e agora. Translitero o seu t\u00edtulo \u00f3 destas letras que estou a escribir. Sei que quen co\u00f1eceu a Hern\u00e1n e traballou con el, m\u00e1is ou menos ten a idea de que o legado que deixou, sexa m\u00fasica ou sexan verbas e ideas, ten un potencial que non est\u00e1 a ser desenvolto. E non o est\u00e1 a ser en boa parte por desco\u00f1ecemento dese legado.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hai moitos anos xa que Fernando Rodr\u00edguez fixo un traballo de recompilaci\u00f3n do que te\u00f1o deixado en Ribadeando o que ser\u00edan as fichas de todo o material que recompilou. Anos despois, viu a luz un libro titulado cunha sentenza ic\u00f3nica de Hern\u00e1n, identitaria dun momento da s\u00faa vida: \u2018Vou canso de todo menos da m\u00fasica\u2019. Coordinado por Suso L\u00f3pez, contando con colaboraci\u00f3ns de Chenchu a Aurora, pasando por Vanessa ou o mesmo Fernando, recolleu unha mostra de artigos, \u00f3 tempo que unha exposici\u00f3n retra\u00eda imaxes, e, \u00f3 seu trav\u00e9s, tam\u00e9n ideas, de volta ata os nosos d\u00edas. Pero nin eses traballos, nin outros como o xerme do \u2018Arquivo Dixital Hern\u00e1n Naval\u2019 ou as cen entradas que baixo o ep\u00edgrafe Hern\u00e1n Naval poden verse no blog Ribadeando, te\u00f1en conseguido polo momento esa primavera \u00e1 que remato de referirme. Renacemento que require quizais unha publicaci\u00f3n exhaustiva da s\u00faa obra, a modo de \u2018obras completas\u2019, e que entendo que poder\u00eda facerse a partir de todo o recompilado por Fuji.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Chegar\u00e1 o tempo? Coido que que chegue ou non, est\u00e1 nas nosas mans. Mentres, dispo\u00f1emos da nosa limitada memoria.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha primavera para Hern\u00e1n &nbsp;&nbsp; &nbsp;Van xa 21 anos dende que Hern\u00e1n, Hern\u00e1n Naval Parapar, para m\u00e1is dun \u2018o Mestre\u2019, nos deixou, desped\u00edndose nunhas letras galegas que levaba no coraz\u00f3n. Paso pola p\u00e1xina da Galipedia onde o seu nome d\u00e1 acubillo a unha entrada que se poder\u00eda ampliar moito m\u00e1is e que seguro que se [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51,11],"class_list":["post-2879","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2879","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2879"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2879\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2879"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2879"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2879"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}