{"id":28768,"date":"2026-10-14T12:26:48","date_gmt":"2026-10-14T10:26:48","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=28768"},"modified":"2026-10-14T12:26:53","modified_gmt":"2026-10-14T10:26:53","slug":"a-academia-xacobea-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/10\/14\/a-academia-xacobea-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"A Academia Xacobea en Ribadeo"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">D\u00edas pasados tivo lugar unha nova edici\u00f3n de Mar por Medio. A s\u00faa conclusi\u00f3n tivo como acto principal a confirmaci\u00f3n de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/John_Rutherford\">John Rutherford<\/a> como Acad\u00e9mico de Honra e a entrada de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Manuel+val%C3%ADn\">Manuel Val\u00edn<\/a> como Acad\u00e9mico Correspondente na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Manuel+val%C3%ADn\">Academia Xacobea<\/a>. Gustar\u00edame dispor das palabras de ambos no acto, a\u00ednda que polo momento s\u00f3 te\u00f1o as de Manuel Val\u00edn. Aqu\u00ed quedan, despois da reproduci\u00f3n da <a href=\"https:\/\/academiaxacobea.gal\/2026\/10\/11\/a-academia-xacobea-recibe-en-ribadeo-a-john-rutherford-e-manuel-valin-artifices-das-xornadas-mar-por-medio-como-novos-academicos\/\">nota de prensa da Academia en relaci\u00f3n \u00f3 acto<\/a>:<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/10\/SESION-SOLEMNE-RUTHERFOR-1024x768-1.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-28769\" style=\"aspect-ratio:1.3333333333333333;width:1024px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/10\/SESION-SOLEMNE-RUTHERFOR-1024x768-1.jpeg 1024w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/10\/SESION-SOLEMNE-RUTHERFOR-1024x768-1-300x225.jpeg 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/10\/SESION-SOLEMNE-RUTHERFOR-1024x768-1-768x576.jpeg 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A Academia Xacobea celebrou hoxe no Auditorio de Ribadeo a sesi\u00f3n solemne de ingreso de <strong>John Rutherford<\/strong>, como acad\u00e9mico de honra, e de <strong>Manuel Val\u00edn Vald\u00e9s<\/strong>, como acad\u00e9mico correspondente. Ambos son os dous nomes m\u00e1is ligados \u00e1 historia das <strong>Xornadas \u00abMar por Medio\u00bb<\/strong>, que Ribadeo acolle desde 1992 e que a Academia recuperou en 2022 cunha orientaci\u00f3n netamente xacobea. O acto, co que remataron as XXI Xornadas, estivo presidido polo presidente da Academia, Marcelino Ag\u00eds Villaverde. Acompa\u00f1\u00e1rono na mesa o director da Axencia Galega de Turismo de Galicia, Xos\u00e9 Manuel Merelles Remy; o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega P\u00e9rez; o presidente de honra da Academia, Xes\u00fas Palmou Lorenzo; a secretaria da instituci\u00f3n, Milagros M\u00aa Otero Parga; e a acad\u00e9mica de n\u00famero Pilar Falc\u00f3n Osorio. No auditorio estiveron tam\u00e9n o presidente da Academia de Gastronom\u00eda do Principado de Asturias, o comisario provincial da Polic\u00eda Nacional en Lugo e o alcalde de Vegadeo, entre outros asistentes. A sesi\u00f3n pechouse cunha actuaci\u00f3n musical da soprano Esperanza Mara.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Unha Academia aberta e plural<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Marcelino Ag\u00eds repasou a historia da Academia e celebrou que a instituci\u00f3n siga \u00absumando acad\u00e9micos desde diferentes \u00e1mbitos xeogr\u00e1ficos\u00bb. Presentou Ribadeo como \u00abparada obrigada no Cami\u00f1o Norte e, ademais, encontro de cami\u00f1os, persoas e culturas\u00bb. \u00abO mar foi sempre un cami\u00f1o feito de estelas no mar. Isto significa fraternidade\u00bb, afirmou. O presidente subli\u00f1ou que \u00abMar por Medio\u00bb permite \u00abdescentralizar as actividades da Academia\u00bb e avanzou a vontade de \u00ababranguer as demais provincias de Galicia e outras cidades de Espa\u00f1a\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Xos\u00e9 Manuel Merelles expresou, \u00aben nome da Xunta e de Turismo de Galicia\u00bb, o \u00aborgullo\u00bb de dar a benvida aos novos acad\u00e9micos. Definiu Ribadeo como \u00abun dos lugares que acollen m\u00e1is visitantes\u00bb e \u00abunha capital asturgalaica\u00bb. Para Merelles, a herdanza do Cami\u00f1o de Santiago \u00abprecisa de persoas que a estuden e a coiden\u00bb, e esa \u00e9 a \u00abtarefa nobre e xenerosa\u00bb da Academia Xacobea: \u00abconverter a experiencia do Cami\u00f1o en co\u00f1ecemento e reunir persoas que contrib\u00faen a manter vivo o legado xacobeo\u00bb, cunha \u00abvocaci\u00f3n aberta e plural\u00bb. Os ingresos de hoxe son, dixo, un \u00abexemplo de como o fen\u00f3meno xacobeo conecta persoas e lugares\u00bb, porque \u00abo Cami\u00f1o transforma unha experiencia individual nun fen\u00f3meno colectivo\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>John Rutherford, de Oxford a Ribadeo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Rutherford (Inglaterra, 1941), profesor em\u00e9rito do Queen\u2019s College da Universidade de Oxford, \u00e9 un dos grandes difusores das letras espa\u00f1olas e galegas no mundo anglosax\u00f3n. A s\u00faa relaci\u00f3n con Ribadeo comezou en 1959, cando pasou un mes na vila nun intercambio co mozo Tito Garc\u00eda M\u00e9ndez, que anos despois ser\u00eda o seu cu\u00f1ado. Autor da primeira e \u00fanica traduci\u00f3n ao ingl\u00e9s de <em>La Regenta<\/em>, que lle valeu en 1984 a Medalla de Ouro ao M\u00e9rito nas Belas Artes, participou en 1991 na creaci\u00f3n do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Oxford. Desde 2013 o centro leva o seu nome. \u00c9 tam\u00e9n acad\u00e9mico de honra da Real Academia Galega desde 2008, autor da novela xacobea <em>As frechas de ouro<\/em> (2004) e, xunto ao ent\u00f3n alcalde Eduardo Guti\u00e9rrez, impulsor das Xornadas \u00abMar por Medio\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No seu discurso, Rutherford agradeceu \u00e1 Academia que rescatase as Xornadas, que \u00abvolveron vivir tras demasiados anos de silencio\u00bb. Celebrou ademais ingresar xunto a \u00abun moi bo e moi querido amigo\u00bb, Manuel Val\u00edn, que \u00abtraballou incansablemente para que volvesen celebrarse\u00bb. Con humor, declarouse \u00abbastante m\u00e1is peregrino que investigador da peregrinaci\u00f3n\u00bb. Desde 1993 fixo \u00abcinco peregrinaxes e media, sempre a p\u00e9, cargando coa mochila e durmindo en albergues\u00bb: tres polo Cami\u00f1o Franc\u00e9s, d\u00faas polo Cami\u00f1o Norte desde Ribadeo e unha \u00faltima polo Primitivo que quedou a medias. O n\u00facleo da intervenci\u00f3n foi a figura de Robert Langton (1470-1524), cl\u00e9rigo do Queen\u2019s College que peregrinou a Compostela arredor de 1512 e que en 1522 publicou un itinerario no que pasa por Oviedo, Luarca, Ribadeo e A Coru\u00f1a antes de chegar a Santiago. Rutherford analizou o seu retrato, pintado en Venecia por un artista do c\u00edrculo de Tiziano e aparecido nunha poxa londinense hai unha ducia de anos, coas cinco insignias de peregrino, entre elas a vieira xacobea. \u00abEstes dous peregrinos xacobeos do Queen\u2019s College de Oxford ter\u00edanse levado moi ben no Cami\u00f1o de Santiago, a pesar do medio milenio que os separa\u00bb, conclu\u00edu.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Manuel Val\u00edn, a forza do Cami\u00f1o Norte<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Manuel Val\u00edn Vald\u00e9s (Lugo, 1961), licenciado en Xeograf\u00eda e Historia pola USC, est\u00e1 vinculado a Ribadeo desde 1988, cando comezou a dar clase no IES Dionisio Gamallo Fierros. Foi xerente da Fundaci\u00f3n para o Desenvolvemento da Comarca da Mari\u00f1a Central e desde 2023 dirixe o Centro de Formaci\u00f3n e Experimentaci\u00f3n Agroforestal \u00abPedro Murias\u00bb de Ribadeo. Desde 1989 formou parte do equipo que empezou a promover e difundir o Cami\u00f1o Norte en Galicia. Foi socio fundador da Asociaci\u00f3n de Amigos do Cami\u00f1o Norte na provincia de Lugo e da Asociaci\u00f3n Xacobea \u00abCasa das Letras\u00bb de Ribadeo, coordinou varios Cumios do Cami\u00f1o Norte e \u00e9 autor do tramo Ribadeo-Vilalba na obra colectiva <em>La Gran Obra de los Caminos de Santiago<\/em>. Como tenente de alcalde e concelleiro de Cultura de Ribadeo, colaborou estreitamente con Rutherford na organizaci\u00f3n das primeiras edici\u00f3ns de \u00abMar por Medio\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na s\u00faa intervenci\u00f3n, Val\u00edn expresou a s\u00faa gratitude e repasou os traballos para recuperar os Cami\u00f1os do Norte desde finais dos anos oitenta, \u00abco acompa\u00f1amento de persoas que levan moitos anos traballando neste tema e fixeron cami\u00f1o connosco\u00bb. \u00abNingunha obra colectiva se remata sen o compromiso de moita xente\u00bb, subli\u00f1ou. Agradeceu tam\u00e9n \u00e1s administraci\u00f3ns que \u00abse deron conta de que se sentaban as bases dun desenvolvemento acertado das terras que percorre o Cami\u00f1o do Norte\u00bb. \u00abQuen nos \u00eda dicir que o Cami\u00f1o do Norte ser\u00eda reco\u00f1ecido como Patrimonio da Humanidade e contar\u00eda cunha rede de albergues e de servizos coma a de hoxe\u00bb, afirmou.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, pronunciou as palabras de peche cun reco\u00f1ecemento a \u00abd\u00faas persoas que fixeron moito por estudar e defender o Cami\u00f1o de Santiago\u00bb. Agradeceu \u00e1 Academia que pense en Ribadeo e que recuperase as Xornadas \u00abMar por Medio\u00bb, e a Rutherford o seu \u00abapoio continuado\u00bb \u00e1 vila, onde \u00e9 \u00abunha das persoas m\u00e1is importantes\u00bb para a s\u00faa dimensi\u00f3n cultural e internacional. De Val\u00edn destacou o seu papel \u00abno aspecto pragm\u00e1tico\u00bb para o Cami\u00f1o Norte, como \u00abunha persoa que traballou para facelo real\u00bb. \u00abA Academia Xacobea ga\u00f1a con d\u00faas persoas que a van nutrir de sabedor\u00eda e de experiencia\u00bb, conclu\u00edu.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As Xornadas foron organizadas pola Academia Xacobea coa colaboraci\u00f3n da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Oviedo e o Concello de Ribadeo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center wp-block-paragraph\">SESI\u00d3N DE INGRESO NA <a href=\"https:\/\/academiaxacobea.gal\/\">ACADEMIA XACOBEA<\/a> COMO ACAD\u00c9MICO CORRESPONDENTE<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Sr. Director de Turismo de Galicia<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Sr. Alcalde de Ribadeo<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Sr. Presidente da Academia Xacobea<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Sr. Presidente de Honra da Academia Xacobea<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Acad\u00e9micos, autoridades, amigos e familiares que hoxe nos acompa\u00f1ades<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As mi\u00f1as primeiras palabras deben ser para expresar un profundo sentimento de gratitude. Gratitude \u00e1 Academia Xacobea pola confianza que deposita en min ao nomearme acad\u00e9mico correspondente e, ademais, por facelo o mesmo d\u00eda en que nomea acad\u00e9mico de honra o meu admirado e benquerido John Rutherford. Desde a humildade, espero estar \u00e1 altura do que merece tan alta instituci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Gratitude aos membros daquel grupo de traballo que, no ano 1989, comezamos un labor de estudo, recompilaci\u00f3n e difusi\u00f3n de documentos que acreditaban a importancia do Cami\u00f1o do Norte.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Baixo a tutela de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Jos%C3%A9+Joaqu%C3%ADn+Mil%C3%A1ns+del+Bosch\">Jos\u00e9 Joaqu\u00edn Mil\u00e1ns del Bosch<\/a> e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=C%C3%A1ndido+Sanjurjo\">C\u00e1ndido Sanjurjo<\/a>, piares fundamentais da Asociaci\u00f3n Astur-Galaica de Amigos de los Caminos del Norte, demos os nosos primeiros pasos Manuel D\u00edaz S\u00e1nchez, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Roberto%20Rodr%C3%ADguez\">Roberto Rodr\u00edguez<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=%22Pablo+Rodr%C3%ADguez+Fern%C3%A1ndez%22\">Pablo Rodr\u00edguez<\/a>, Eduardo Baamonde e m\u00e1is eu. Pouco tempo despois, viu a luz a Asociaci\u00f3n de Amigos do Cami\u00f1o do Norte da Provincia de Lugo, que tivo un protagonismo fundamental na recuperaci\u00f3n e consolidaci\u00f3n desta ruta xacobea, que percorre a cornixa cant\u00e1brica e se interna cara ao interior de Galicia desde Ribadeo e Trabada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Aquel traballo naceu coa convicci\u00f3n de que estabamos ante unha parte fundamental da nosa historia que merec\u00eda ser recuperada, estudada e transmitida \u00e1s novas xeraci\u00f3ns. Os cami\u00f1os son pegadas de vida, testemu\u00f1as do paso dos s\u00e9culos e lugares de encontro entre persoas, culturas e territorios.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A partir daquel momento, contamos co acompa\u00f1amento permanente de persoas que levaban moitos anos traballando no eido dos Cami\u00f1os de Santiago e que nos axudaron a cometer os menores erros posibles: Pepa Sanz, Laureano Garc\u00eda, \u00c1ngel Trabada, Juan Carlos Fern\u00e1ndez Pulpeiro, Ricardo Pol\u00edn e tantas outras per soas que fixeron cami\u00f1o connosco.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A todas elas, o meu reco\u00f1ecemento. Ningunha ruta se recupera en solitario e ningunha obra colectiva se constr\u00fae sen o esforzo, a xenerosidade e a perseveranza de moitas persoas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Gratitude tam\u00e9n \u00e1s instituci\u00f3ns \u2014concellos, Deputaci\u00f3n e Xunta\u2014, porque sen elas todo o traballo realizado non ter\u00eda sido tan doado nin os logros acadados tan frut\u00edferos. Os alcaldes, os gobernos provinciais, os conselleiros e os xerentes da S. A. de Xesti\u00f3n do Plan Xacobeo decat\u00e1ronse axi\u00f1a de que, ao recuperar esta ruta de peregrinaci\u00f3n, ademais de po\u00f1er en valor unha parte importante da historia de Galicia, sentaban as bases para un desenvolvemento axeitado, presente e futuro, das terras por onde discorre o Cami\u00f1o do Norte.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Quen nos \u00eda dicir a n\u00f3s que, despois de m\u00e1is de trinta anos de esforzo e dedicaci\u00f3n desinteresada de tanta xente, o Cami\u00f1o do Norte estar\u00eda recuperado, delimitado e sinalizado, e contar\u00eda cunha magn\u00edfica rede de albergues p\u00fablicos e privados.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Quen nos \u00eda dicir a n\u00f3s que os Cami\u00f1os do Norte ser\u00edan reco\u00f1ecidos coa declaraci\u00f3n de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2015.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E quen me \u00eda dicir a min que hoxe, neste acto, ser\u00eda proposto pola Academia Xacobea para incorporarme como acad\u00e9mico correspondente. De seguro que todos os que comezamos xuntos esta andaina polo Cami\u00f1o do Norte re\u00fanen tantos ou m\u00e1is m\u00e9ritos ca min para tal distinguida encomenda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Grazas, pois, por tanto e por todo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Asumo este ingreso como acad\u00e9mico correspondente coa humildade de quen sabe que o Cami\u00f1o de Santiago non \u00e9 s\u00f3 unha li\u00f1a no mapa, sen\u00f3n un tecido vivo de historia, arte, fe e humanidade. Estar aqu\u00ed hoxe, entre quen dedicou boa parte da s\u00faa vida ao estudo e \u00e1 difusi\u00f3n do fen\u00f3meno xacobeo, \u00e9 tanto un motivo de profunda gratitude como unha responsabilidade que acollo co maior dos compromisos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os cami\u00f1os e todo o que xorde ao seu arredor d\u00e9bense entender non s\u00f3 como vestixios do pasado, sen\u00f3n como un patrimonio din\u00e1mico baseado en tres piares fundamentais:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u2022 A memoria hist\u00f3rica e documental.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u2022 A dimensi\u00f3n relixiosa, cultural e humana.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u2022 O reto da sustentabilidade e da conservaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A Academia Xacobea desempe\u00f1a un papel fundamental como gardi\u00e1 e difusora deste legado. Ao incorporarme hoxe como acad\u00e9mico correspondente, asumo o compromiso de colaborar activamente nos seus proxectos de investigaci\u00f3n, divulgaci\u00f3n e defensa do patrimonio cultural vencellado \u00e1 figura do Ap\u00f3stolo e \u00e1s s\u00faas rutas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c9 o noso deber velar porque o trazado dos Cami\u00f1os do Norte non perda a s\u00faa esencia hospitalaria, porque as s\u00faas pedras sigan contando historias \u00e1s xeraci\u00f3ns futuras e porque o esp\u00edrito de <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Ultreia\">Ultreia et Suseia<\/a> contin\u00fae resoando por todas as terras que os percorren.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Moitas grazas pola honra que me concededes e por acollerme nesta casa do saber xacobeo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ribadeo, 11 de outubro de 2026<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Manuel Val\u00edn Vald\u00e9s<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>D\u00edas pasados tivo lugar unha nova edici\u00f3n de Mar por Medio. A s\u00faa conclusi\u00f3n tivo como acto principal a confirmaci\u00f3n de John Rutherford como Acad\u00e9mico de Honra e a entrada de Manuel Val\u00edn como Acad\u00e9mico Correspondente na Academia Xacobea. Gustar\u00edame dispor das palabras de ambos no acto, a\u00ednda que polo momento s\u00f3 te\u00f1o as de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[165,158],"tags":[11,9],"class_list":["post-28768","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-historia","category-sociedade","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28768","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28768"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28768\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28770,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28768\/revisions\/28770"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28768"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28768"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28768"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}