Hoxe andou un vendedor ambulante por Ribadeo vendendo diversas cousas que levaba consigo, de entre as que me fixei nas pulseiras que ti\u00f1a na s\u00faa man esquerda. Unha morea. Seguro que non baixaban de trinta e probable que por riba das cincuenta. A meirande parte, po\u00f1amos unhas 4 de cada 5, eran \u2018rojigualda\u2019, pero o resto non eran co emblema galego, non, sen\u00f3n co emblema da rep\u00fablica espa\u00f1ola. Non merquei -para comezar, non son de levar pulseira-, pero quedei coas ganas de ofrecerlle o prezo dunha para tirarlle unha foto coa ristra pulseiril. Se non o fixen foi por un sentimento que encaixa en parte co pudor, porque que non me pareceu adecuado facer a foto a un vendedor na procura do seu pan, negro, de aspecto inmigrante con acento e dificultade de expresi\u00f3n en castel\u00e1n, co que se poder\u00edan facer m\u00faltiples asociaci\u00f3ns de todo tipo. De xeito alternativo, pas\u00f3useme pola cabeza usar unha ia (vale, se queres, IA, pero para min non merce as mai\u00fasculas) para artellar unha imaxe. Mais o efecto ser\u00eda parello, a m\u00e1is do uso de auga e enerx\u00eda extra para facer unha copia ama\u00f1ada da realidade. Por iso, quedei sen imaxe para o artigo.
O caso \u00e9 que o vendedor foi para min unha especie de imaxe da situaci\u00f3n actual no estado espa\u00f1ol. Tratarei de describilo, a\u00ednda que pode resultar demasiado xeral, cos erros asociados a esa xeneralizaci\u00f3n.
Que algu\u00e9n apareza con pulseiri\u00f1as a tutipl\u00e9n para a s\u00faa venda parece implicar que hai mercado para elas; se non se venderan (nin subvencionara a s\u00faa produci\u00f3n, que dubido moito que sexa o caso con inmigrantes) aprender\u00edan que non paga a pena facelas e levalas consigo. A m\u00e1is, a oferta estaba reducida a dous tipos, non habendo no \u2018cat\u00e1logo\u2019 nin emblemas galegos nin tampouco con s\u00edmbolos asturianos, a pesar de estar en Galicia e a un quil\u00f3metro do terreo controlado pola administraci\u00f3n asturiana. Con parello razoamento, caber\u00eda argumentar que pode que os galegos non sexamos moito de levar s\u00edmbolos no pulso, mesmo a pesar da proliferaci\u00f3n de tatuaxes ou das pulseiri\u00f1as que se poden acumular nalg\u00fan pulso a ra\u00edz da asistencia a concertos diversos. Ou caber\u00eda quizais mellor dicir que non somos moito de s\u00edmbolos identitarios patri\u00f3ticos.
\u2026 O que deixa o manexo dos s\u00edmbolos pulseir\u00eds reducidos \u00f3s de simbolox\u00eda de nivel estatal, con dous predominantes. Un, promovido polas forzas centralistas, o capital e os medios de comunicaci\u00f3n ligados a el, de d\u00faas cores, vermello e ouro, e outro, promovido polo que poderiamos chamar a contestaci\u00f3n por iso de tentar promover o cambio dalgunhas leis actuais (un par de exemplos? A monarqu\u00eda, a lei mordaza), tricolor, vermello, amarelo e morado. O caso \u00e9 que, coa legalidade actual, o s\u00edmbolo bicolor debera ser patrimonio com\u00fan, e non estar monopolizado. Un \u2018se le supone\u2019, como rezaba nas cartillas da mili en tempos en referencia \u00f3 valor do posuidor do libri\u00f1o, sen ter que telo continuamente presente como superior e imposto sobre outros s\u00edmbolos.
Poder\u00eda falarse asemade da significaci\u00f3n de que o vendedor tivera abondas m\u00e1is pulseiri\u00f1as bi- que tri- cor. Evidente que non porque exista moit\u00edsima m\u00e1is xente partidaria da bandeira mon\u00e1rquica que da republicana, como ten quedado amosado en m\u00faltiples ocasi\u00f3ns dende o c\u00e9lebre \u2018non imos facer un referendo sobre a monarqu\u00eda, porque perdemos\u2019 (non \u00e9 unha cita literal).
E nesas estamos e seguimos. A un par de d\u00edas do d\u00eda do Pilar, \u2018D\u00eda da festa nacional\u2019 (estatal), que noutros tempos foi chamado \u2018d\u00eda da hispanidade\u2019 e \u2018d\u00eda da raza\u2019. Por iso de ser a \u2018raza hispana\u2019 a que despois de redescubrir as indias un Crist\u00f3bal Col\u00f3n de controvertida orixe (veneciano? galego? Catal\u00e1n?), \u00f3 mando dunha expedici\u00f3n fretada pola coroa de Castela, un 12 de outubro de 1492, implantou a hispanidade no que rematou cham\u00e1ndose Am\u00e9rica por mor do florentino, que non castel\u00e1n, Amerigo Vespucci. \u00c9 a iso, \u00e1 \u2018conquista de Am\u00e9rica\u2019, \u00f3 que se asocia a festa do estdo simbolizado pola bicolor, non \u00e1 monarqu\u00eda que comezou a institu\u00edr a bandeira como insignia da flota de guerra (non da mercante!) hispana doutros tempos.
Pasa o d\u00eda, e ven un vendedor ambulante vendendo s\u00edmbolos. Barati\u00f1os, por certo. Con moita probabilidade de seren confeccionados por algu\u00e9n con non todos os papeis que alg\u00fans esixen ter en regra par pisar en Espa\u00f1a sen vir de turismo. Por certo, un termo ese, o de Espa\u00f1a, que nalgunha \u00e9poca foi empregado para designar \u00f3s reinos musulm\u00e1ns da pen\u00ednsula…<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Pulseiri\u00f1as de bandeira Estas verbas quizais deberan ir, pero non van, acompa\u00f1adas duna imaxe. A explicaci\u00f3n de por que \u00e9 as\u00ed ven m\u00e1is tarde.Hoxe andou un vendedor ambulante por Ribadeo vendendo diversas cousas que levaba consigo, de entre as que me fixei nas pulseiras que ti\u00f1a na s\u00faa man esquerda. Unha morea. Seguro que non […]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[158],"tags":[9],"class_list":["post-28748","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sociedade","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28748","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28748"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28748\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28749,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28748\/revisions\/28749"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28748"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28748"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28748"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}