A pesar de ser abondo menos invasivo da privacidade un son\u00f3metro -que non pode distinguir quen berra, sen\u00f3n s\u00f3 o nivel sonoro conxunto- que unha c\u00e1mara que permite reco\u00f1ecer o distra\u00eddo que se lle po\u00f1a por diante, pode que a resposta sexa \u2018porque non\u2019. Ou sexa, porque si, sen explicaci\u00f3n, porque o alcalde, equipo de goberno ou quen sexa que estea \u00f3 mando (que \u00f3 mellor non son eles, os que andan pola casa do concello) quere que as\u00ed sexa, sen darlle m\u00e1is voltas a\u00ednda que as te\u00f1a. \u00d3 fin, non \u00e9 iso \u2018exercer o poder\u2019? Pois iso, ex\u00e9rceno. E logo, poden ate quedar mirando para ver se o entendiches ou necesitan outras medidas para que o entendas. Non, non entender a explicaci\u00f3n que non se d\u00e1, sen\u00f3n entender que \u2018non hai\u2019 explicaci\u00f3n.
En realidade, dir\u00eda que prefiro esa idea, sen m\u00e1is, porque as outras que se me ocorren son peores, e aprecio os homes e mulleres que cren estar facendo algo por n\u00f3s a\u00ednda que non coincidamos en que ese algo sexa bo.
En relaci\u00f3n \u00f3 primeiro par\u00e1grafo, comprendo que levamos certo retardo en aplicaci\u00f3n dalgunha tecnolox\u00eda respecto doutros lugares (no que respecta \u00f3s EEUU, m\u00e1is que nada porque al\u00ed din que te\u00f1en m\u00e1is cartos pois incl\u00faen mesmo os nosos). E iso fai que \u00e1s veces vaiamos tam\u00e9n por tras en cousas como considerar que a tecnolox\u00eda non ten a soluci\u00f3n a todo, Ou que pode atentar contra a privacidade ou a intimidade das persoas. Iso \u00e9 precisamente o que est\u00e1 a levar, nos EEUU, a alcaldes e gobernadores (dem\u00f3cratas e tam\u00e9n republicanos) a lexislar contra as c\u00e1maras con reco\u00f1ecemento de cara ou matr\u00edcula e comezando a eliminalas nun momento no que dende a presidencia federal se procura a vixilancia e intimidaci\u00f3n.
En Ribadeo, por contra, est\u00e1n a po\u00f1elas. Doce, din: a seguridade, por riba. Ou a vixilancia. Mais te\u00f1o experiencia que tras un roubo as imaxes das c\u00e1maras non serviron para reco\u00f1ecer \u00f3\/\u00e1 encapuchado ladr\u00f3n ou ladroa mentres era reco\u00f1ecido o roubado, e mentres no edificio correspondente, cada veci\u00f1o \u00e9 rexistrado nas s\u00faas diarias entradas e sa\u00eddas, tranquilamente e usuarios de VUT inclu\u00eddos. Iso si, segundo din, xa se puxeron multas de circulaci\u00f3n por milleiros de euros sen que por iso se note unha mellor\u00eda no tr\u00e1fico.
Por outra banda, mentres unha simple app para o m\u00f3bil como pode ser \u2018Physics Toolbox\u2019 permite medir os decibelios que nos rodean, \u00e1 unha ou \u00e1s cinco da ma\u00f1\u00e1, de xeito an\u00f3nimo, sen atacar a intimidade ou privacidade, e proporcionando datos para atallar o problema do ru\u00eddo, o concello non instala aparellos (tal parece que foran \u2018demon\u00edacos\u2019) de medida de nivel sonoro nin ordena instalalos con limitadores nas fontes de ru\u00eddo. Claro que que como referencia, a sinxela app xa os ten substitu\u00eddos. Para que, pensar\u00e1 o alcalde. Pode que, mesmo a el non lle afecte. E \u00e9 que iso de pensar que se un non se sente afectado, non lle afecta a ning\u00fan \u00e9 algo que est\u00e1 en alza. Falta de empat\u00eda, lle chaman.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Luz sobre as c\u00e1maras (de vixilancia) Por que nos EEUU est\u00e1n a prohibirse as c\u00e1maras con lectores de placas de matr\u00edcula (con milleiros xa instaladas) mentres en Ribadeo aumenta o n\u00famero de c\u00e1maras nas r\u00faas? Por que, pola contra, o goberno municipal non instala un s\u00f3 son\u00f3metro cando hai mesmo en marcha unha campa\u00f1a de […]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[211,158],"tags":[70,9],"class_list":["post-28597","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-ruido","category-sociedade","tag-ruido","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28597","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28597"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28597\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28598,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28597\/revisions\/28598"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28597"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28597"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28597"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}