{"id":28532,"date":"2026-09-09T18:55:07","date_gmt":"2026-09-09T16:55:07","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=28532"},"modified":"2026-09-09T18:55:11","modified_gmt":"2026-09-09T16:55:11","slug":"o-ano-que-mago-de-oz-non-tocou-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/09\/09\/o-ano-que-mago-de-oz-non-tocou-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"O ano que M\u00e4go de Oz non tocou en Ribadeo"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"690\" height=\"440\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/09\/con-sen-mago.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-28533\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/09\/con-sen-mago.jpeg 690w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/09\/con-sen-mago-300x191.jpeg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Dous carteis das Patronais 2026 de Ribadeo no mesmo establecemento, en exposici\u00f3n simult\u00e1nea. \u00c1 nosa dereita, s\u00f3 con D&#8217;Cano, e o da nosa esquerda, con D&#8217;Cano e M\u00e4go de Oz<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center wp-block-paragraph\">O ano que M\u00e4go de Oz non tocou en Ribadeo<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por suposto, as festas da patroa deste ano en Ribadeo ser\u00e1n lembradas. Todos os anos o son, que cada quen ten as s\u00faas propias lembranzas, e este ano non ser\u00e1 menos. A\u00ednda as\u00ed, as rec\u00e9n rematadas pode que te\u00f1an como caracter\u00edstica que as lembranzas ser\u00e1n moi compartidas. E \u00e9 que si, houbo cousas noticiables que lembrar a m\u00e1is das protestas polo ru\u00eddo. Houbo a sorpresa de non ter alumeado de festa, despois dunha carreira en anos anteriores por tentar superar cada ano o alumeado ornamental que se fixera ata ent\u00f3n (consegu\u00edndoo ou non). Non transcendeu moito, pero si que se comentou. E non quedou a\u00ed. A competici\u00f3n non declarada de espect\u00e1culos celestes nocturnos, entre a exhibici\u00f3n \u2018patri\u00f3tica\u2019 asturiana de drons en Penarronda e os tradicionais fogos do sete de Ribadeo, deu m\u00e1is que falar, e pode que se ir\u00eda apagando pouco a pouco e non de xeito brusco se a noite seguinte non se dera outra situaci\u00f3n a lembrar. E \u00e9 que o esperado M\u00e4go de Oz non tocou. A cousa ten historia: xa nos carteis anunciadores das festas houbo unha versi\u00f3n sen o grupo -un erro sen m\u00e1is-, e outra con el, de xeito que non era evidente que foran tocar a noite do oito, d\u00eda da patroa e remate das festas. D\u00eda no que choveu de finais da ma\u00f1\u00e1 en diante, se ben \u00e1 hora prevista, 11 da noite, levaba xa tempo con orballo tendendo a amainar. E xusto \u00e1s 11 e cuarto, cando o presidente da Comisi\u00f3n de festas sae para dicir que se cancela o concerto, e logo un representante do grupo an\u00edmase a dicir que eles tocar\u00edan, que fixeron unha longa viaxe de sete horas dende Madrid e est\u00e1n aqu\u00ed, pero que hai un r\u00edo de auga baixo o escenario e ser\u00eda un perigo polos cables el\u00e9ctricos, etc, xusto nese momento, parou de caer a xa pequena cantidade de auga que ca\u00eda. E iso provocou queixas, berros&#8230; coido que de calquera xeito, non demasiados en relaci\u00f3n \u00e1 cantidade de xente que hab\u00eda, que non era pouca e que levaba en xeral alg\u00fan tempo esperando no lugar con paraugas aberto ou sen paraugas. Como fin de festa, non est\u00e1 mal, e por iso o t\u00edtulo: estas festas ser\u00e1n lembradas non tanto pola falta de alumeado ou pola competici\u00f3n de espect\u00e1culo de luces nocturnas, sen\u00f3n pola desbandada de Mago de Oz.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por certo, que en rigor, o t\u00edtulo \u00e9 discutible. E \u00e9 que Mago de Oz, a \u00faltima vez (e primeira) que pasou por Ribadeo, en agosto de 2002, tam\u00e9n marchou sen tocar o previsto. \u00cda ser no Pepe Barrera, con entradas en venda anticipada e al\u00ed mesmo antes do concerto. Pero veu a chuvia. E o concerto, xa comezado, parou. O que non volveu foron os cartos \u00e1 xente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Un par de notas \u00f3 final: en contraste con eles, os teloneiros do d\u00eda da patroa -D\u2019Cano- non tiveron problema en tocar e fix\u00e9rono rematando con aplausos. Ser\u00eda s\u00f3 porque como asturianos co\u00f1ecen a choiva a diferenza dos madrile\u00f1os? Como o concerto era gratu\u00edto para o p\u00fablico asistente, no marco das festas patronais, non houbo devoluci\u00f3n algunha de cartos. L\u00f3xico, por moito que te\u00f1a fastidiado plans ou feito gastar en desprazamentos a algu\u00e9n. Mais, que cobraron MdeO por vir? Devolveron cartos \u00e1 organizaci\u00f3n? Pois non te\u00f1o datos, estar\u00e1 no contrato&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O ano que M\u00e4go de Oz non tocou en Ribadeo Por suposto, as festas da patroa deste ano en Ribadeo ser\u00e1n lembradas. Todos os anos o son, que cada quen ten as s\u00faas propias lembranzas, e este ano non ser\u00e1 menos. A\u00ednda as\u00ed, as rec\u00e9n rematadas pode que te\u00f1an como caracter\u00edstica que as lembranzas ser\u00e1n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-28532","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28532","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28532"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28532\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28534,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28532\/revisions\/28534"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28532"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28532"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28532"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}