{"id":28505,"date":"2026-09-06T12:15:14","date_gmt":"2026-09-06T10:15:14","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=28505"},"modified":"2026-09-06T12:15:17","modified_gmt":"2026-09-06T10:15:17","slug":"os-efectos-secundarios-do-turismo-iii-a-fenda-da-desigualdade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/09\/06\/os-efectos-secundarios-do-turismo-iii-a-fenda-da-desigualdade\/","title":{"rendered":"Os efectos secundarios do turismo III: A fenda da desigualdade"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Os efectos secundarios do turismo III: A fenda da desigualdade<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><br>Falamos en escritos anteriores da saturaci\u00f3n e degradaci\u00f3n dos espazos naturais por un turismo sobre o que renunciamos a facer algunha planificaci\u00f3n ou control. Tam\u00e9n da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/08\/19\/mais-efectos-secundarios-do-turismo-que-foi-do-dereito-o-descanso-nocturno-ivan-rodriguez-lombardero\/\">problem\u00e1tica do ruido<\/a> de actos que converten a nosa vila nunha sorte de \u201cparque tem\u00e1tico\u201d no que o visitante non deixe de ver movemento: Todo sexa por atraer cada vez m\u00e1is visitantes -lembremos a case enfermiza contabilizaci\u00f3n anual do seu n\u00famero nas oficinas de tur\u00edsmo- que consideramos a nosa principal fonte de riqueza.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Certamente, nun modelo global no que o sentido com\u00fan \u00e9 que crecer \u00e9 bo sen facer m\u00e1is preguntas, pol\u00edticos, periodistas e opinadores en xeral estiman que o n\u00famero de visitantes e outros indicadores econ\u00f3micos abondan para ver se imos mellor ou peor. Por exemplo nestes meses pasados lin que no ano 23 o PIB per c\u00e1pita de Ribadeo acadou os 23000\u20ac. Pouco despois, nun artigo da Voz, que os fogares de Ribadeo son os que te\u00f1en m\u00e1is \u201crenda dispo\u00f1ible\u201d da Mari\u00f1a. O pasado setembro que as cifras de visitantes do 2025 foron record hist\u00f3rico. Estes titulares van conformando un sentido com\u00fan que v\u00e9n a dicir que imos ben, sen que sintamos preciso afondar m\u00e1is nin saber onde imos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ribadeo \u00e9 hai s\u00e9culos a capital comercial da comarca, unha actividade ligada hist\u00f3ricamente \u00f3 seu porto. O nacemento do turismo nas \u00faltimas d\u00e9cadas veu complementar ese tecer sector da nosa econom\u00eda cun desenvolvemento hostaleiro e inmobiliario de segundas vivendas, daquela maiormente para as propias familias que retornaban polo ver\u00e1n. O perfil do negocio dominante era tam\u00e9n pequeno e familiar, as festas tradicionais e a m\u00fasica de gaita e banda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nestas \u00faltimas d\u00e9cadas esa visi\u00f3n de Ribadeo foi virando cara a algo moi diferente. A promoci\u00f3n tur\u00edstica deu en tranformar o modelo familiar de longa estancia e segunda vivenda noutro m\u00e1is desarraigado de alugueres por d\u00edas. Tam\u00e9n o perfil do negocio familiar trocou cara a hipermercados, cadenas de roupa e franquicias hostaleiras con traballadores por conta allea. Decidir se esta mudanza foi progreso ou degradaci\u00f3n precisar\u00eda definir antes o que queremos para a nosa vila: non podemos saber se avanzamos ou retrocedemos sen antes pensar onde imos. Se queremos ser unha unha vila m\u00e1is familiar ou m\u00e1is ben os novos Benidorm, Ibiza ou Magaluz do Cant\u00e1brico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A cousa \u00e9 que se esa decisi\u00f3n imos tomala con base en indicadores socioecon\u00f3micos ser\u00e1 ben afondar un pouco neles. Os valores medios son interesantes, pero lembremos que <em>a media di que se com\u00edn eu dous polos e ti ning\u00fan, comemos \u201cde media\u201d un polo cada un<\/em>. Se miramos cun certo coidado e empat\u00eda os datos socioecon\u00f3micos entenderemos que o boom da vivenda tur\u00edstica ten provocado subas superiores \u00f3 50% en poucos anos, e que iso \u00e9 un aut\u00e9ntico cataclismo no mercado do aluguer para o 25% de familias mozas (a meirande parte inmigrante) con salarios baixos, pais e nais de crianzas con necesidades de apoio escolar, con menos de 12000\u20ac de renda anual dispo\u00f1ible.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No outro extremo, contamos cun 5% de propietarios de inmobles, empresarios e profesionais cualificados con ingresos medios duns 78000\u20ac anuais. Son estes ingresos tan elevados os que sit\u00faan a Ribadeo \u00e1 cabeza da Mari\u00f1a en renda familiar dispo\u00f1ible. Mais \u00f3 tempo, est\u00e1 tam\u00e9n na cabeza do \u00edndice Gini de desigualdade (28,9%), funcionando precisamente o mercado do aluguer como mecanismo de transferencia de riqueza da clase m\u00e1is desfavorecida \u00f3 grupo de maiores ingresos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En resumo, a aposta polo turismo est\u00e1 a levar a Ribadeo polo cami\u00f1o do crecemento econ\u00f3mico, mais trouxo tam\u00e9n problemas que c\u00f3mpre mitigar. Entre eles a degradaci\u00f3n dos nosos espazos naturais e os efectos sobre o noso dereito \u00f3 descanso nocturno, m\u00e1is tam\u00e9n un importante risco de fractura social derivada do incremento da desigualdade. C\u00f3mpre reflexionar, escoitar \u00e1 veci\u00f1anza e aplicarse no dese\u00f1o de medidas que axuden a optimizar os beneficios do sector reducindo estes \u201cefectos secundarios\u201d nada desexables.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right wp-block-paragraph\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=iv%C3%A1n+Rodr%C3%ADguez+Lombardero\">Iv\u00e1n Rodr\u00edguez Lombardero<\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os efectos secundarios do turismo III: A fenda da desigualdade Falamos en escritos anteriores da saturaci\u00f3n e degradaci\u00f3n dos espazos naturais por un turismo sobre o que renunciamos a facer algunha planificaci\u00f3n ou control. Tam\u00e9n da problem\u00e1tica do ruido de actos que converten a nosa vila nunha sorte de \u201cparque tem\u00e1tico\u201d no que o visitante [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[225],"tags":[62],"class_list":["post-28505","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-ivan-rodriguez","tag-ivan-rodriguez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28505","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28505"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28505\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28506,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28505\/revisions\/28506"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28505"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28505"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28505"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}