{"id":28444,"date":"2026-09-02T08:41:59","date_gmt":"2026-09-02T06:41:59","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=28444"},"modified":"2026-09-02T09:33:53","modified_gmt":"2026-09-02T07:33:53","slug":"grazas-guiri","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/09\/02\/grazas-guiri\/","title":{"rendered":"Grazas, guiri!"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center wp-block-paragraph\">Grazas, guiri!<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Estiven por titular \u2018grazas, madrile\u00f1o\u2019! Pero por non discriminar decid\u00edn ampliar as grazas, a\u00ednda que o n\u00famero relativo de madrile\u00f1os \u00e9 evidentemente grande en relaci\u00f3n \u00f3 total de afectados polas verbas que ve\u00f1en.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A cousa \u00e9 que grazas! Por todo! Si, home, muller, p\u00edcaros\u2026 a todos e por todo! Grazas por impedir que usemos as beirarr\u00faas ou o mesmo unha r\u00faa peonil! As\u00ed podemos ter a oportunidade de contemplar as filas de seres especiais que pasan non fronte a n\u00f3s, sen\u00f3n m\u00e1is ben sobre n\u00f3s, como non poder\u00eda ser doutro xeito! Aprenderemos alg\u00fan d\u00eda a comportarnos as\u00ed? Pode que a nosa campechan\u00eda nos impida desenvolver unha actitude tan viril (para os homes) e tan se\u00f1orial (para as mulleres). Que lucidez iso de ocupar todo o espazo de paso! A anos luz das nosas atrasadas pr\u00e1cticas de compartir a nosa beira coa xente que ven de fronte! Pode que aqu\u00ed haxa alg\u00fan adiantado neste sentido, pero est\u00e1 visto que temos que modernizarnos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Grazas a vos decat\u00e1monos das vantaxes que sup\u00f3n o facer cola, mesmo do sublime deses momentos nos que se che colan. Atenci\u00f3n, ese feito sublime de ver como se colan non ten nada que ver coa minucia de deixar que pase algu\u00e9n, sexa porque leva un s\u00f3 produto nunha cola dunha caixa, ou porque vemos\/sabemos a s\u00faa necesidade ou urxencia. Non, iso son cousas do pobo, dos \u2018pueblerinos\u2019 que non est\u00e1n de moda nas grandes vilas, costumes con tendencia a desaparecer. E nin fai falta que vos esforcedes, a cola sae de xeito natural, polo mero feito de estar vos! Algo que aprendemos! Grazas!<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E os sistemas de conduci\u00f3n e aparcamento? Si, non podemos negar que aqu\u00ed tam\u00e9n temos Fittipalidis, pero en xeral poden considerarse meros aprendices (falo en masculino por iso de que parece haber maior\u00eda de homes, pero hai mulleres que non lles te\u00f1en nada que envexar, non!) fronte \u00f3s consumados \u2018drivers\u2019 forasteiros. Nin que dicir que as t\u00e9cnicas de aparcamento, sexa en dobre fila, sexa sobre a beirarr\u00faa, sexa nas esquinas, ou mesmo as tres cousas \u00e1 vez se se presta, son dunha sofisticaci\u00f3n que ilumina \u00f3s lugare\u00f1os e que esperamos que nun pr\u00f3ximo futuro se impo\u00f1a tam\u00e9n aqu\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por suposto, grazas polos cartos, eses que gastades aqu\u00ed e que van a parar a alg\u00fans petos que logo os distrib\u00faen xenerosamente, e que colaboran a aumentar o valor das casas, dos apartamentos ou das humildes terras que a\u00ednda quedan en posesi\u00f3n dos locais. As\u00ed, por suposto, ev\u00edtase que calquera descamisado poda comprar, ou mesmo alugar. Faltar\u00eda m\u00e1is! Que logo non hai nin quen traballe para v\u00f3s? Danos colaterais, pasaxeiros en todo caso e preocupaci\u00f3n dos ind\u00edxenas que non te\u00f1en onde meterse. Pouca cousa ante o rego de billetes que se gastan a mans cheas. Si, que corran os cartos, as\u00ed un caf\u00e9 non o poder\u00e1 en breves tomar calquera, hai que establecer uns l\u00edmites claros entre quen pode e quen non. Mesmo nas colas por poder sentarse nalgunha terraza, por suposto. A beleza dos cartos \u00e9 as\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Grazas por ensinarnos que se pode vivir sen normas, que as normas son para xente de aldea, ignorante de que normas e leis p\u00f3dense usar para limpar o cu, que non son para xente intelixente coma vos. A\u00ed, estamos no bo cami\u00f1o: xa hai xente \u2018da nosa\u2019 adiantada que se pasa as normas polo mesmo sitio. Claro que co voso exemplo, \u00e9 m\u00e1is doado!<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Grazas por todo iso e por moito m\u00e1is. Far\u00edase un artigo moi longo de chegar a po\u00f1er todos os agradecementos de vos debemos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A\u00ednda as\u00ed, un par de precisi\u00f3ns: sabemos que todos os guiris non son merecedores de tanta gracia, pero \u00f3 fin, \u00e9 unha minor\u00eda. Ou polo menos, \u00f3 non facerse notar, parece minor\u00eda. Pobri\u00f1os, par\u00e9cense a n\u00f3s. Tam\u00e9n hai que dicir que alg\u00fans lugare\u00f1os descastados non estar\u00edan de acordo con tanta graza. Nin caso. \u00d3 fin, lugare\u00f1os, sen m\u00e1is!<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Hai que dar grazas tam\u00e9n pola aquiescencia municipal, polo saber que as prerrogativas da xente de f\u00f3ra hai que defendelas. As\u00ed, por exemplo, as graciosas costumes asociadas \u00f3s berros nocturnos ou os alegres botell\u00f3ns en c\u00e9ntricos espazos rodeados de vivendas, ambos xa con carta de natureza no pobo. Os dereitos da xente de aqu\u00ed? Eses \u00f3 mellor se poden defender nos d\u00edas de diario durante o inverno\u2026 que \u00e9 moi longo, non?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">De novo, grazas por todo! Sodes e seredes ben recibidos pola hospitalidade desta vila que \u00e9 vosa de sempre e para sempre.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Con agradecemento, dende Ribadeo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Grazas, guiri! Estiven por titular \u2018grazas, madrile\u00f1o\u2019! Pero por non discriminar decid\u00edn ampliar as grazas, a\u00ednda que o n\u00famero relativo de madrile\u00f1os \u00e9 evidentemente grande en relaci\u00f3n \u00f3 total de afectados polas verbas que ve\u00f1en. A cousa \u00e9 que grazas! Por todo! Si, home, muller, p\u00edcaros\u2026 a todos e por todo! Grazas por impedir que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[158],"tags":[9],"class_list":["post-28444","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sociedade","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28444","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28444"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28444\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28452,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28444\/revisions\/28452"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28444"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28444"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28444"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}