{"id":28433,"date":"2026-08-30T16:20:26","date_gmt":"2026-08-30T14:20:26","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=28433"},"modified":"2026-08-30T16:20:31","modified_gmt":"2026-08-30T14:20:31","slug":"taboa-de-rendemento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/08\/30\/taboa-de-rendemento\/","title":{"rendered":"T\u00e1boa de rendemento"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">T\u00e1boa de rendemento<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Hai tempo que penso que debera ser obrigado facer unha t\u00e1boa de rendemento en relaci\u00f3n \u00e1s promesas electorais. Ch\u00e1malle se queres t\u00e1boa de cumprimento, ou avaliaci\u00f3n de cumprimento de programas \/ promesas electorais&#8230; Un ou outro nome indicar\u00eda o mesmo concepto pr\u00e1ctico, pero diferente concepci\u00f3n do que significa a acci\u00f3n do goberno e a rendici\u00f3n de contas en relaci\u00f3n \u00e1 xente. Esa t\u00e1boa debera ser feita por algunha entidade independente, e, xa que non hai costume de facela, comezar a s\u00faa obriga polas entidades p\u00fablicas pequenas, m\u00e1is achegadas \u00e1 xente e polo tanto, en principio m\u00e1is controlables pola xente com\u00fan, como os concellos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c9 evidente que, a m\u00e1is das promesas en forma de propostas electorais, unha vez pasadas as elecci\u00f3ns e comezado o goberno hai novidades pos-electorais que resolver, decisi\u00f3ns de xesti\u00f3n do d\u00eda \u00f3 d\u00eda, do continuo, novas promesas feitas ante novas situaci\u00f3ns, etc, as\u00ed como impedimentos diversos, sexan por oposici\u00f3n pol\u00edtica (por suposto, m\u00e1is en gobernos en minor\u00eda que nos que contan con maior\u00eda absoluta) ou por outras raz\u00f3ns posteriores \u00e1s elecci\u00f3ns. Os impedimentos co\u00f1ecidos na campa\u00f1a electoral non deberan ser considerados como algo que impedir\u00eda o cumprimento do programa, por seren co\u00f1ecidos, e se a\u00ednda as\u00ed seguiuse coa promesa antes das elecci\u00f3ns, iso \u00e9 ben por falta de estudo previo ou por conveniencia do esquecemento e engano: \u00e1mbolos dous casos non demasiado favorecedores para os novos rexedores da instituci\u00f3n correspondente. Ben, o caso \u00e9 que a t\u00e1boa confeccionada en base \u00f3 cumprimento das promesas electorais s\u00f3 ser\u00eda un primeiro paso para unha avaliaci\u00f3n da xesti\u00f3n, moi inferior \u00e1 que os propios pol\u00edticos piden que se faga \u00f3s estudantes ou \u00f3s centros de secundaria, da que depende o paso de nivel. Iso, a m\u00e1is, por suposto, da proposta de \u2018soluci\u00f3ns\u2019 que poder\u00eda estimar quen faga o reconto que implican, datos en man, empeoramento do problema. Ou de \u2018propostas\u2019 que xa se comezaron en per\u00edodos anteriores e non contar\u00edan como tales.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para levar a cabo unha t\u00e1boa tal hai que coller os programas electorais. No caso de Ribadeo e o presente mandato, poden consultarse en https:\/\/shorturl.at\/A5aej. Deixo a ligaz\u00f3n porque as\u00ed quen queira pode facer as comprobaci\u00f3ns pertinentes, a m\u00e1is de constatar que hai que lidar con algunhas dificultades que puideran resultar en subxectividades, cousas cumpridas a medias -e que polo tanto, puntuar\u00edan parcialmente-, etc, que fan dif\u00edcil unha \u2018nota exacta\u2019 final.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As\u00ed, no que atinxe a Ribadeo, unha vez pasados os catro quintos do mandato (queda o 1\/5 \u2018preelectoral\u2019), unha r\u00e1pida revisi\u00f3n fai que apunte 1 sobre 11 en Medio Ambiente. En Econom\u00eda e emprego, tendo en conta que algunha promesa cumpriuse en parte pero non era competencia do concello, e dando por bo e \u2018conseguido\u2019 feitos dos que non segu\u00edn o seu devir, a puntuaci\u00f3n ser\u00eda de 3 sobre 7. En sa\u00fade e coidados, 3 sobre 9\u2026 Bo goberno? 0,5 sobre 10. Con todo o apuntado anteriormente, poder\u00eda seguir, pero co\u00f1ecendo as mi\u00f1as propias eivas e a lonxitude das explicaci\u00f3ns pertinentes (que non axuntei nos n\u00fameros anteriores), prefiro non po\u00f1er unha nota \u00f3 estilo das avaliaci\u00f3ns parciais \u00f3 longo dun curso acad\u00e9mico. Repito: os programas dos partidos est\u00e1n a\u00ed para que calquera poda avaliar o seu cumprimento, sabendo a m\u00e1is que son s\u00f3 indicaci\u00f3ns parciais dunha xesti\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A modo de exemplos dos reparos anteriores: \u201cMelloraremos o aproveitamento das fontes de financiamento\u201d \u00e9 moi diferente do repetido \u2018temos m\u00e1is fondos das fontes de financiamento\u2019. Ter m\u00e1is fondos, por exemplo, por ter m\u00e1is \u2018amigos\u2019 que controlen fondos, non significa que o rendemento deses fondos sexa mellor, ou que se malgasten menos. \u201cDinamizaremos a casa da r\u00eda\u201d non \u00e9 \u2018pedimos subvenci\u00f3n para ama\u00f1ala\u2019, e menos a\u00ednda aproveitar calquera movemento \u00f3 seu arredor para dar novas sobre o que se debera estar a facer e non se fai mentres o edificio e o que alberga segue a deteriorarse e ser esquilmado. \u201cInstitucionalizaremos o d\u00eda do xubilado\u201d \u00e9 algo m\u00e1is que organizar unha comida multitudinaria para a foto; en caso de que fora s\u00f3 iso, haber\u00eda que preguntarse se representa algo positivo. \u201cImplementaremos as actuaci\u00f3ns recollidas no Plan Especial de Protecci\u00f3n das Catedrais\u201d non se ve moi compatible, por moitos anuncios que se den, con celebrar no aparcadoiro habilitado unha macrofesta, por boa e beneficiosa para o pobo que se poda considerar -quen a considere-. E as\u00ed sucesivamente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Seguindo cos reparos, no programa non aparece o equilibrio de gasto, polo que tampouco na avaliaci\u00f3n poden aparecer os gastos desbocados en relaci\u00f3n \u00e1 contenci\u00f3n en \u00e9pocas anteriores.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E, mentres o seguimento da xesti\u00f3n pol\u00edtica queda marxinado, o futuro vir\u00e1 a continuaci\u00f3n, aval\u00edese o presente ou non.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>T\u00e1boa de rendemento Hai tempo que penso que debera ser obrigado facer unha t\u00e1boa de rendemento en relaci\u00f3n \u00e1s promesas electorais. Ch\u00e1malle se queres t\u00e1boa de cumprimento, ou avaliaci\u00f3n de cumprimento de programas \/ promesas electorais&#8230; Un ou outro nome indicar\u00eda o mesmo concepto pr\u00e1ctico, pero diferente concepci\u00f3n do que significa a acci\u00f3n do goberno [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[176,158],"tags":[13,9],"class_list":["post-28433","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-politica","category-sociedade","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28433","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28433"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28433\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28434,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28433\/revisions\/28434"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28433"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28433"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28433"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}