{"id":2835,"date":"2022-06-02T14:21:00","date_gmt":"2022-06-02T12:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:17:57","modified_gmt":"2024-10-24T13:17:57","slug":"os-novos-corsarios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/06\/02\/os-novos-corsarios\/","title":{"rendered":"Os novos corsarios"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/06\/Joannis_de_Suhigaraychipy_dit_Coursic.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"597\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/06\/Joannis_de_Suhigaraychipy_dit_Coursic.jpg\" class=\"wp-image-2836\" width=\"418\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr style=\"text-align: left;\">\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Corsario, por Jahsensie, <span>Wikimedia Commons,<\/span> <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/4.0\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">CC BY-SA 4.0<\/a><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>Os novos corsarios<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hai pouco, da man de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Pancho%20Campos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pancho Campos<\/a>, decateime da existencia de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Corsario,_corsaria\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">corsarios<\/a> en Ribadeo. Non de barcos corsarios que atacaran en Ribadeo, sen\u00f3n de barcos con base en Ribadeo e con <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Patente_de_corso\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">patente de corso<\/a> para atacar barcos doutras bandeiras. E \u00e9 que &#8216;polas pel\u00edculas&#8217;, parece que os corsarios sempre eran &#8216;dos outros&#8217;, dos malos por natureza, obviando que en todo lugar cocen fabas. A corsaria, unha actividade &#8216;comercial&#8217;, &#8216;lucrativa&#8217;, etc, que hoxe nos deixa -polo menos, a min- cun palmo de narices: un permiso legal para atacar a xentes alleas a quen conced\u00eda a patente de corso. Unha actividade, que na actualidade ten herdeiros directos nas ideas coas que se conciben alg\u00fans chamados &#8216;negocios&#8217;, dende quen pide non cumprir a lei para &#8216;que lle cadren as contas&#8217; (hai m\u00faltiples versi\u00f3ns disto) ata quen sinxelamente, incumpre a(s) lei(s) sen moito ru\u00eddo, pero se o pillan, escab\u00fallese dicindo que cumpre algunha outra lei ou sinxelamente que a lei non lle \u00e9 de aplicaci\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>En relaci\u00f3n con isto \u00faltimo, o caso do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=em%C3%A9rito\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">em\u00e9rito<\/a> est\u00e1 tan manido que xa non chama a atenci\u00f3n, por iso o outro d\u00eda si ma chamou a declaraci\u00f3n do responsable de <a href=\"https:\/\/www.clearview.ai\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Clearview AI<\/a>, unha empresa que se adica a recoller na rede fotos de xente, aplicarlle a chamada &#8216;intelixencia artificial&#8217; e vender datos, fotos e o que sexa posible sobre aqueles de n\u00f3s con algunha foto nalg\u00fan lugar da rede. \u00c9 dicir, sobre todos. Ese home, un tal  Hoan Ton-That, unha vez que foi multada a compa\u00f1\u00eda e esixida a retirada da s\u00faa base de datos dos cidad\u00e1ns de varios pa\u00edses da UE (por certo, non vin a Espa\u00f1a entre eles), respondeu que a compa\u00f1\u00eda non ten sede -doado de comprobar- nin clientes -m\u00e1is dificultoso- na UE, e que non realiza ningunha actividade en contra do regulamento de protecci\u00f3n de datos da UE, polo que \u00e9 posible que o resultado sexa parello \u00f3 visto co em\u00e9rito: entrar e sa\u00edr nas redes da UE cunha resposta asimilable \u00e1s &#8216;explicaci\u00f3ns de que? Ja, ja&#8217; que nos soan tan familiares. Neste caso, a base empresarial est\u00e1 nos EEUU, que xa lle limitou a quen pode vender os datos e que ser\u00eda como quen conced\u00eda as antigas patentes de corso, deix\u00e1ndolle atacar a outros&nbsp; sen consecuencias legais al\u00ed.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Claro, para chegar a iso de que a lei non lles \u00e9 de aplicaci\u00f3n, neces\u00edtase unha certa potencia de fogo para obter a patente de corso, o que se di un certo peso ou un certo tama\u00f1o. Para os corsarios m\u00e1is pequenos quedan as petici\u00f3ns de non cumprimento da lei (\u00e9 dicir, laiar para tentar conseguir unha patente de corso que a\u00ednda non se ten) ou o irse polas ramas dicindo que cumpre outras leis, a ver se coa. Do primeiro dos casos temos estes d\u00edas as verbas dos que piden non po\u00f1er en xaque a hostaler\u00eda e o turismo, &#8216;sectores clave da econom\u00eda&#8217;, \u00f3 po\u00f1er en marcha un algoritmo de detecci\u00f3n de horas extra. Penso que todos sabemos o que eso significa, mais \u00f3 fin, \u00e9 unha forma de presi\u00f3n dentro do sistema xeral no que vivimos, sistema que non poder\u00eda sobrevivir se de xeito impl\u00edcito ou expl\u00edcito non fora mantido pola maior\u00eda (se non est\u00e1s de acordo co anterior, revisa o teu d\u00eda a d\u00eda&#8230;).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O caso que resta est\u00e1 a medias entre os outros dous. Sobrepasa ou desbota a sinxela presi\u00f3n, pero non se sinte tan forte (e non ten por que ser funci\u00f3n da &#8216;forza absoluta&#8217;, sen\u00f3n dunha determinada relaci\u00f3n de forzas) como para reclamar ser eximido da legalidade. Nesa situaci\u00f3n estar\u00edan unha ampla gama de empresas. Actividades como a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=eolicosasinon\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">xeraci\u00f3n e\u00f3lica<\/a>, na actualidade cunha especie de toma-daca, cumprindo, pero non todo, ofrecendo algunha regal\u00eda marxinal a modo de caramelo para &#8216;compensar&#8217;. Pero tam\u00e9n outras que tentan atacar facendo uso interesado, con nesgo, de normas legais para amedrentar a quen lles quera esixir o cumprimento da legalidade nas actividades, empregando os seus recursos en disuadir con loitas xur\u00eddicas a quen s\u00f3 lles pide o cumprimento da lei.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Para rematar, a diferencia entre piratas e corsarios: o pirata \u00e9 un bandido. A secas. O corsario, ten a autorizaci\u00f3n gobernamental para atacar a outros, para facer o que fan os bandidos, pero con protecci\u00f3n. Por se non estaba claro ou non se entendeu que a autorizaci\u00f3n pode ser por activa (coa patente) ou por pasiva (co &#8216;laissez faire&#8217;)&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Corsario, por Jahsensie, Wikimedia Commons, CC BY-SA 4.0 Os novos corsarios &nbsp;&nbsp;&nbsp; Hai pouco, da man de Pancho Campos, decateime da existencia de corsarios en Ribadeo. Non de barcos corsarios que atacaran en Ribadeo, sen\u00f3n de barcos con base en Ribadeo e con patente de corso para atacar barcos doutras bandeiras. E \u00e9 que &#8216;polas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2836,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,13,9],"class_list":["post-2835","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2835","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2835"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2835\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2836"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2835"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2835"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2835"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}