{"id":2830,"date":"2022-06-07T13:46:00","date_gmt":"2022-06-07T11:46:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T15:17:45","modified_gmt":"2024-10-24T13:17:45","slug":"a-xestion-do-litoral-pablo-mosquera","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/06\/07\/a-xestion-do-litoral-pablo-mosquera\/","title":{"rendered":"A xesti\u00f3n do litoral. Pablo Mosquera"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A xesti\u00f3n do litoral<\/p>\n<p><em>Cinco legislaturas no Parlamento Vasco. Tres nas Xuntas Xerais de \u00c1lava -Parlamento Foral- Deixando ao car\u00f3n o macabro espazo da violencia por motivos pol\u00edticos, te\u00f1o que reco\u00f1ecer a cantidade de veces que sent\u00edn envexa Galaica por como funcionaba a ordenaci\u00f3n do territorio en Euskadi e como a Administraci\u00f3n P\u00fablica Vasca -Com\u00fan e Foral- modernizaba un pa\u00eds con apenas dous mill\u00f3ns de habitantes e tres pequenas provincias que declararon &#8220;Territorios Hist\u00f3ricos&#8221; e as\u00ed foron tratados de us\u00eda pola Constituci\u00f3n de 1978, d\u00e1ndolles un Estatuto de Autonom\u00eda pleno de competencias, xenerosas achegas econ\u00f3micas ao discutir de igual a igual co Estado os recursos econ\u00f3micos que se xeran pola s\u00faa riqueza industrial e autoxesti\u00f3n tributaria. Sen d\u00fabida e por moito que se queixasen ao servizo da Construci\u00f3n Nacional modelo PNV, a Comunidade Aut\u00f3noma Vasca era e \u00e9 un fragmento de Estado con incomparables privilexios, polo menos vistos desde Fisterra.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nE Galicia, ademais de sinalarse como nacionalidade e Territorio con Dereitos Hist\u00f3ricos, que sacou en limpo en todos estes anos con vixencia do Estado das Autonom\u00edas? V\u00e9n a conto pola reivindicaci\u00f3n lex\u00edtima, social e pol\u00edtica, para intervir na ordenaci\u00f3n dun litoral con m\u00e1is de 1600 quil\u00f3metros de costa. Que pronto sa\u00edron os &#8220;c\u00f3nsules&#8221; de Madrid advertindo que tal pretensi\u00f3n non se axusta a Dereito Constitucional e que deberiamos emprender a complicada e lenta modificaci\u00f3n do Estatuto de Autonom\u00eda. A de veces que vin como a Catalu\u00f1a, sen modificar o seu Estatuto, d\u00e1banlle desde o poder central a capacidade para interpretar que formando parte dun Estado Plurinacional pod\u00eda xestionar ao seu antollo toda sorte de espazos socio econ\u00f3micos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA costa galega forma parte do Patrimonio da Humanidade dende o momento que o \u00e9 da Historia e o Territorio da nosa Galicia. Hai que ordenar tal espazo. Hai que consolidalo como substrato fundamental para a econom\u00eda Galaica. Hai que dotalo de equipamientos e servizos, pero especialmente coas mesmas infraestructuras que as vascas -portos pesqueiros, comerciais e deportivos-. Hai que defender integralmente tal riqueza natural fronte aos vertidos. Hai que prepararse para as vicisitudes do cambio clim\u00e1tico na s\u00faa pugna terra-mar.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNingu\u00e9n mellor que os galegos residentes na nai Galicia dos Mares para saber como evitar certas colonizaci\u00f3ns ao servizo dun turismo inculto e ego\u00edsta que noutras Comunidades desencadeou o fen\u00f3meno subcultural da turismofobia.<br \/>\nHoubo unha vez algu\u00e9n que sabiamente comprometeuse a iniciar a xesti\u00f3n para fusionar Concellos por motivos de eficiencia econ\u00f3mica. Onde quedou tal pensamento? Non \u00e9 momento oportuno e necesario para minorar as cargas de tanto aparello administrativo funcionarial e ser moi prudentes cos investimentos a inventario electoral clientelar?.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn tal debate non podo nin quero deixar pasar como mera an\u00e9cdota a petici\u00f3n dun ferrocarril moderno a modo de tranv\u00eda e primeira alternativa para o transporte polo Cant\u00e1brico en direcci\u00f3n a Francia. Xa est\u00e1 ben de lembrarnos con &#8220;agarimo&#8221; do rom\u00e1ntico FEVE-TRASCANT\u00c1BRICO en pleno Xacobeo, para logo deixalo morrer, a diferenza deses ferrocarr\u00eds da Generalitat ou Eusko Trenbideak que permiten vertebrar os territorios da costa Cant\u00e1brica e Mediterr\u00e1nea en Catalu\u00f1a e Euskadi.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; A xesti\u00f3n do litoral Cinco legislaturas no Parlamento Vasco. Tres nas Xuntas Xerais de \u00c1lava -Parlamento Foral- Deixando ao car\u00f3n o macabro espazo da violencia por motivos pol\u00edticos, te\u00f1o que reco\u00f1ecer a cantidade de veces que sent\u00edn envexa Galaica por como funcionaba a ordenaci\u00f3n do territorio en Euskadi e como a Administraci\u00f3n P\u00fablica Vasca [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,14],"class_list":["post-2830","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-pablo-mosquera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2830","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2830"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2830\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2830"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2830"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2830"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}