{"id":28090,"date":"2026-07-31T08:56:38","date_gmt":"2026-07-31T06:56:38","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=28090"},"modified":"2026-07-31T08:56:42","modified_gmt":"2026-07-31T06:56:42","slug":"o-panorama-nas-catedrais-21-anos-de-desproteccion-ivan-rodriguez-lombardero","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/07\/31\/o-panorama-nas-catedrais-21-anos-de-desproteccion-ivan-rodriguez-lombardero\/","title":{"rendered":"\u201cO Panorama nas Catedrais: 21 anos de desprotecci\u00f3n\u201d. Iv\u00e1n Rodr\u00edguez Lombardero"},"content":{"rendered":"\n<p>Sabido \u00e9 que para as nosas administraci\u00f3ns o respecto pola natureza e o coidado da contorna nunca foi unha prioridade. Sofremos dunha inconsciencia xeralizada sobre as repercusi\u00f3ns da contaminaci\u00f3n (qu\u00edmica, radiativa, sonora) na nosa sa\u00fade, tanto coma sobre os efectos das nosas acci\u00f3ns sobre os sistemas e procesos naturais. Engan\u00e1monos cunha errada percepci\u00f3n de bo estado xeral do noso verde medio e sofremos unha tam\u00e9n exaxerada autopercepci\u00f3n de necesidade, que nos leva a sacrificar unha e outra vez calidade ambiental poir uns euros m\u00e1is que nunca abondan.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 o caso da praia das Augas Santas -rebautizado coma As Catedrais-, ese recuncho da Rochela de gran beleza, esa experiencia case m\u00edstica cando a cami\u00f1as en soidade \u00f3 amencer, cando a inauguras trala primeira baixamar, hoxe transformada en bandeira -negra- do turismo de masas para obtermos dese enorme sacrificio a nada m\u00e1is absoluta.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha cala remota pasou nunha d\u00e9cada a recibir autobuses de xaponeses, a verse ocupado por un restaurante \u201cf\u00f3ra de planeamento\u201d, a destruir secuencialmente vexetaci\u00f3n protexida \u00f3 seu redor con aparcadoiros informais, a contar con fosas s\u00e9pticas que perd\u00edan, saturadas de meixos de turistas, xusto por riba do areal. O pisoteo da vexetaci\u00f3n protexida, a destruci\u00f3n dos solos vulnerables, a alteraci\u00f3n da paisaxe, unha contorna chea de lixo e, en definitiva, esa multitude permanente de cazadores de fotos na que nos temos convertido, supuxo a desaparici\u00f3n daquela m\u00edstica experiencia a cambio de nulas melloras da calidade de vida das ribadenses.<\/p>\n\n\n\n<p>Tan r\u00e1pida degradaci\u00f3n da nova estrela da oferta tur\u00edstica galega forzou o reco\u00f1ocemento do Monumento Natural, e cando algunhas limos no artigo 2 do Decreto 11\/2005 aquilo de \u201cSe prohibe en todo el \u00e1mbito del monumento natural: i) La construcci\u00f3n de edificaciones permanentes de cualquier tipo.\u201d E despois no artigo 4 \u201cLa Conseller\u00eda de Medio Ambiente instar\u00e1 la suspensi\u00f3n de toda actividad que no disponga de autorizaci\u00f3n preceptiva, no se ajuste a las condiciones de \u00e9sta o incumpla las prescripciones del presente decreto\u201d quixemos entender que a xoia era a\u00ednda recuperable.<\/p>\n\n\n\n<p>Por\u00e9n, dende aquela tivo a\u00ednda que pasar outra d\u00e9cada para que se concretara un Plan de Conservaci\u00f3n dese espazo protexido no ano 2015. Un tempo no que a cousa non fixo senon ir a m\u00e1is, xa que nunca o Concello e a Xunta deixaron de empregar o espazo presuntamente protexido como reclamo tur\u00edstico. Mais, coma adoita pasar, tras 10 anos a monta\u00f1a pariu un rato.<\/p>\n\n\n\n<p>O Plan fac\u00eda unha boa descrici\u00f3n da situaci\u00f3n e dos problemas de masificaci\u00f3n e falta de manexo, mais \u00e1 hora de tomar decisi\u00f3ns, non \u00eda moito m\u00e1is al\u00f3 de propo\u00f1er estudos e seguementos. De feito -nunha ins\u00f3lita \u201ctrampa no solitario\u201d- estableceu por cantidade m\u00e1xima de visitantes no areal as 2800 persoas que o estudo calculaba que coll\u00edan na praia, e de propina as outras 2000 que estimaba para os paseos, o aparcadoiro e o restaurante enriba do cantil. Todo ilo para chegar preto do m\u00e1ximo que xa vi\u00f1a entrando na praia antes daquela limitaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>E aqu\u00ed estamos 21 anos despois da s\u00faa protecci\u00f3n inicial sen trazas de mellora, sen\u00f3n a\u00ednda peor. Celebrando a don Leopoldo, responsable primeiro, cecais sen prevelo, da \u201cdestruci\u00f3n por promoci\u00f3n\u201d dunha das s\u00faas m\u00e1is belas lembranzas de mocidade. E como mellor que convocando no noso m\u00e1is ateigado \u201cespazo desprotexido\u201d -xa v\u00edtima de marat\u00f3ns e festas varias- a apocalipse dun eclipse multitudinario (onde mellor!) con pantallas xigantes e concertos multitudinarios para encher de focos, megafon\u00eda atronadora, toneladas de lixo e ben de fume tan axeitados para un espazo natural protexido, co visto bo de todas as responsables.<\/p>\n\n\n\n<p>Cambian os gobernantres pero segue vixente a enfermiza, triste e est\u00e9ril obsesi\u00f3n por monetizar o noso patrimonio. Nalg\u00fan momento haber\u00e1 que frear e mirar atr\u00e1s, lembrar do goce quedo e silente, deixarse estremecer polo son da ondaxe, o voar das aves, a paisaxe m\u00e1xica dos cant\u00eds parcheados de verde, a inmensidade e bravura do mar. E comprender, finalmente, que o tesouro \u00e9 ese- E daquela, que c\u00f3mpre deixar de buscalo polo cami\u00f1o que leva s\u00f3 \u00e1 s\u00faa destruci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Iv%C3%A1n+Rodr%C3%ADguez+Lombardero\">Iv\u00e1n Rodr\u00edguez Lombardero<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sabido \u00e9 que para as nosas administraci\u00f3ns o respecto pola natureza e o coidado da contorna nunca foi unha prioridade. Sofremos dunha inconsciencia xeralizada sobre as repercusi\u00f3ns da contaminaci\u00f3n (qu\u00edmica, radiativa, sonora) na nosa sa\u00fade, tanto coma sobre os efectos das nosas acci\u00f3ns sobre os sistemas e procesos naturais. Engan\u00e1monos cunha errada percepci\u00f3n de bo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[162],"tags":[26],"class_list":["post-28090","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-medio","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28090","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28090"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28090\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28091,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28090\/revisions\/28091"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28090"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28090"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28090"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}