{"id":2807,"date":"2022-06-13T20:54:00","date_gmt":"2022-06-13T18:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T13:48:35","modified_gmt":"2024-10-24T11:48:35","slug":"nin-cos-bos-nin-cos-malos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/06\/13\/nin-cos-bos-nin-cos-malos\/","title":{"rendered":"Nin cos bos, nin cos malos"},"content":{"rendered":"<p><span><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/06\/Que20pasarC3ADa20si20no20tuviC3A9ramos20miedo.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"490\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/06\/Que20pasarC3ADa20si20no20tuviC3A9ramos20miedo.jpeg\" class=\"wp-image-2808\" width=\"654\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Pintada en Ribadeo, lateral da oficina de turismo. 20220614<br \/>\n<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><\/span><\/p>\n<p><span>Nin cos bos, nin cos malos<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Un co\u00f1ecido contoumo o outro d\u00eda. O seu av\u00f3, adulto novo na guerra civil, respond\u00eda cando el lle preguntaba con quen loitara: &#8216;Non loitei nin cos bos nin cos malos&#8217;. A cousa p\u00f3dese interpretar, pero a verdade \u00eda con sordina e con sorna xogando coas palabras. Entre &#8216;o bo&#8217; e &#8216;o malo&#8217; estar\u00eda &#8216;o regular&#8217;: loitara integrado nun batall\u00f3n de Regulares. E como se lembrar\u00e1, os Regulares, corpo do ex\u00e9rcito espa\u00f1ol creado no 1911 e combatentes no Rif, participaron na guerra civil integrados no ex\u00e9rcito franquista. \u00c9 dicir, poder\u00edase interpretar que non importaba que os do propio bando foran bos ou malos. Sinxelamente, en xeral, aplic\u00e1base iso de que eran os &#8216;meus&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Non sei nin quixen preguntar m\u00e1is sobre as circunstancias particulares dese home nin o que pod\u00eda entender el por bos ou por malos na guerra civil. Para o que v\u00e9n \u00f3 caso, pouco importa. O que importa \u00e9 que esa actitude, en teor\u00eda de non toma de partido, implica ao menos un dobre engano, quizais m\u00e1is que impl\u00edcito, autoinducido. Primeiro no sentido de que non \u00e9 que o home non loitara, como parece indicar o descarte que fai no enunciado da resposta, sen\u00f3n que si que loitou, logo encadrado nun bando. E segundo, porque non especifica a identidade de bos e malos, referida en relaci\u00f3n \u00e1 mentalidade de quen \u00e9 contertulio, mais tampouco o especifica en relaci\u00f3n \u00e1 s\u00faa propia mentalidade, \u00e1 s\u00faa idea. Non s\u00f3 se trata ent\u00f3n dun engano para o resto da xente, sen\u00f3n dunha negaci\u00f3n e engano que \u00e9 interior a quen prop\u00f3n a resposta. Mais o esquema de bos e malos est\u00e1 presente (estaba e est\u00e1), e actuando: de feito, a resposta establ\u00e9cese neses termos, de bos e malos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Dun av\u00f3 para un neto, unha resposta enxe\u00f1osa dunha vez, pode resultar un motivo dun sorriso, pero para o conxunto social, a construci\u00f3n da resposta e a s\u00faa asimilaci\u00f3n representa unha toma impl\u00edcita de partido. Dir\u00edase que por inacci\u00f3n, por non querer actuar para definirse. Pero s\u00f3 \u00e9 unha inacci\u00f3n mental, quizais desencadeada por un esp\u00edrito de supervivencia, de submisi\u00f3n a un poder que se ve como perigoso. Pode. \u00d3 fin, \u00e9 algo que parece que se volve levar moito hoxe en d\u00eda e que representa un ali\u00f1amento t\u00e1cito co poder, co que se percibe como poder, claudicando antes de po\u00f1er en pr\u00e1ctica que as persoas somos o poder e que ese poder pot\u00e9nciase coa uni\u00f3n. E as\u00ed nos vai.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pintada en Ribadeo, lateral da oficina de turismo. 20220614 Nin cos bos, nin cos malos &nbsp;&nbsp;&nbsp; Un co\u00f1ecido contoumo o outro d\u00eda. O seu av\u00f3, adulto novo na guerra civil, respond\u00eda cando el lle preguntaba con quen loitara: &#8216;Non loitei nin cos bos nin cos malos&#8217;. A cousa p\u00f3dese interpretar, pero a verdade \u00eda con [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2808,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,32,13,9],"class_list":["post-2807","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2807","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2807"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2807\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2808"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2807"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2807"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2807"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}