{"id":28065,"date":"2026-07-29T09:35:24","date_gmt":"2026-07-29T07:35:24","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=28065"},"modified":"2026-07-29T09:36:04","modified_gmt":"2026-07-29T07:36:04","slug":"e-isto-un-incendio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/07\/29\/e-isto-un-incendio\/","title":{"rendered":"\u00c9 isto un incendio?"},"content":{"rendered":"\n<p>\u00c9 isto un incendio?<\/p>\n\n\n\n<p>Unha publicaci\u00f3n de Civio en Mastodon.social d\u00e9ixao claro: segundo as s\u00faas investigaci\u00f3ns, en 55 anos, entre 1968 e 2023, houbo m\u00e1is de medio mill\u00f3n de incendios forestais en Espa\u00f1a. En concreto, 641 751, \u00e9 dicir, dous por cada habitante da provincia de Lugo. Incendios que queimaron un total de 8 179 103 hect\u00e1reas, 81 791 km<sup>2<\/sup>, ou sexa, unha extensi\u00f3n equivalente a unhas tres veces a superficie de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 curioso que, cando isto escribo, Civio sexa \u2018s\u00f3\u2019 unha pequena organizaci\u00f3n independente que di traballar para que o p\u00fablico sexa p\u00fablico, en transparencia, con informaci\u00f3n, a trav\u00e9s do periodismo, a incidencia e a tecnolox\u00eda. Mentres, hai instituci\u00f3ns que te\u00f1en ocultos ou que non contan datos de incendios mesmo do pasado ano nunha especie de \u2018aqu\u00ed non pasa nada porque somos moi bos e facemos que non pase nada\u2019. A\u00ednda as\u00ed, labor de investigaci\u00f3n de organizaci\u00f3ns semellantes (o caso dos incendios \u00e9 s\u00f3 un entre outros) leva a pensar na necesidade de apoialas, xa que est\u00e1n mantidas con doaci\u00f3ns precisamente para manterse independentes.<\/p>\n\n\n\n<p>Voltando \u00f3s incendios, se o ano pasado alg\u00fan lume en Galicia dic\u00edase que era o que calcinara m\u00e1is extensi\u00f3n na historia de Espa\u00f1a, este ano xa se viu superado por outro no centro da pen\u00ednsula. Outro que cando escribo isto segue a medrar, lonxe de estar extinto, despois de queimar o equivalente a unha cuarta parte da Mari\u00f1a de Lugo. Mari\u00f1a que ter\u00eda sido queimada enteira polos incendios que leva habido en Espa\u00f1a dende comezos de ano, co resultado de ter consumido 2100 km<sup>2<\/sup>. Facendo contas, p\u00f3dese dicir que a superficie anual queimada estase m\u00e1is que a duplicar en relaci\u00f3n coa media mantida dende hai medio s\u00e9culo, o que implica que \u00f3 ano os incendios queiman hoxe abondo m\u00e1is do dobre que hai dez lustros.<\/p>\n\n\n\n<p>Deixando os n\u00fameros aparte, os medios t\u00e9cnicos dos que se disp\u00f3n agora son netamente superiores \u00f3s de hai cincuenta anos, a\u00ednda que a falta de inversi\u00f3n ou gasto corrente de mantemento dalgunha administraci\u00f3n sexa suicida, como se viu nos incendios do ano pasado en Galicia ou deste ano en Madrid, e a m\u00e1is se siga recorrendo a alugueiro de medios privados. Sen ser esa a \u00fanica causa de que os lumes vaian a m\u00e1is, por suposto: a emerxencia clim\u00e1tica exacerba non s\u00f3 vagas de altas temperaturas, sen\u00f3n tam\u00e9n a seca, mentres o despoboamento rural e remprazo de xente que cuida a terra por outra que s\u00f3 vive nela, coa conseguinte variaci\u00f3n do uso e coidado da superficie, por suposto que ten tam\u00e9n influencia demostrada.<\/p>\n\n\n\n<p>Lumes accidentais (moitos) ou causados de xeito voluntario (sempre houbo tolos incendiarios e interesados, e non s\u00f3 en pol\u00edtica), o mellor xeito de apagalos \u00e9 antes de que se produzan. A prevenci\u00f3n \u00e9 unha materia pendente, fundamental, de toda a sociedade. Tanto das administraci\u00f3ns como da xente com\u00fan. Hai que meter cartos, e tam\u00e9n disposici\u00f3n. En canto \u00e1s administraci\u00f3ns, a cr\u00edtica, as mobilizaci\u00f3ns e os votos son medidas para tentar que fagan a s\u00faa labor. En canto \u00e1s persoas, onde hai que matricularse para aprobar esa materia pendente?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 isto un incendio? Unha publicaci\u00f3n de Civio en Mastodon.social d\u00e9ixao claro: segundo as s\u00faas investigaci\u00f3ns, en 55 anos, entre 1968 e 2023, houbo m\u00e1is de medio mill\u00f3n de incendios forestais en Espa\u00f1a. En concreto, 641 751, \u00e9 dicir, dous por cada habitante da provincia de Lugo. Incendios que queimaron un total de 8 179 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[162,158],"tags":[26,9],"class_list":["post-28065","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-medio","category-sociedade","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28065","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28065"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28065\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28069,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28065\/revisions\/28069"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28065"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28065"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28065"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}