{"id":28005,"date":"2026-07-21T15:17:50","date_gmt":"2026-07-21T13:17:50","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=28005"},"modified":"2026-07-21T15:31:33","modified_gmt":"2026-07-21T13:31:33","slug":"pedindo-a-paz-hai-35-anos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/07\/21\/pedindo-a-paz-hai-35-anos\/","title":{"rendered":"Pedindo a paz hai 35 anos (e hoxe)"},"content":{"rendered":"\n<p>O pasado domingo 19 de xullo, unha vez m\u00e1is, concentr\u00e1monos nas escaleiras do concello algo m\u00e1is de trinta persoas para pedir, falar e tentar constru\u00edr a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/paz\/\">paz<\/a>. Como \u00e9 habitual, houbo diversas intervenci\u00f3ns, e, como tam\u00e9n xa est\u00e1 a ser habitual, a poucos metros estaba preparada unha actuaci\u00f3n. Isto \u00faltimo, algo que polo n\u00famero de veces que ocorre cabe pensar se non se trata menos de descoordinaci\u00f3n (e ninguneo dunha xuntanza que leva tres anos celebr\u00e1ndose) que de contraprogramaci\u00f3n institucional.<\/p>\n\n\n\n<p>Por esta vez, dado que os m\u00fasicos ti\u00f1an un certo perfil, rematou un deles, a petici\u00f3n de Jes\u00fas Irigoyen, tocando o Gr\u00e2ndola coa gaita (v\u00eddeo de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/suso-fernandez\/\">Suso Fern\u00e1ndez<\/a> \u00f3 final), co que non houbo altofalantes nun emotivo fin de acto.<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Jes%C3%BAs+Irigoyen\">Jes\u00fas Irigoyen<\/a> preguntouse canta xente estar\u00eda disposta a que Espa\u00f1a perdera o partido da final do mundial (que esa noite rematou a ga\u00f1ar) troc\u00e1ndoo por unha morte menos en Palestina.<\/p>\n\n\n\n<p>Houbo tam\u00e9n unha lembranza de 1991, guerra de Iraq, cando <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/evaristo-lombardero\/\">Evaristo<\/a> volveu ler o texto que deixo en baixo, convocado mediante a folla tam\u00e9n escrita a man que acompa\u00f1a:<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"732\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/07\/manifestacion-1991-732x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-28006\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/07\/manifestacion-1991-732x1024.jpeg 732w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/07\/manifestacion-1991-215x300.jpeg 215w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/07\/manifestacion-1991-768x1074.jpeg 768w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/07\/manifestacion-1991-1098x1536.jpeg 1098w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/07\/manifestacion-1991.jpeg 1102w\" sizes=\"auto, (max-width: 732px) 100vw, 732px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Amigos, amigas, vouvos dicir catro palabras en nome do Colectivo Espreita.<\/p>\n\n\n\n<p>Puidera parecer que xa esta todo dito sobre esta guerra, pero a manipulaci\u00f3n informativa est\u00e1 chegando a tal extremo que a\u00ednda nos deron p\u00e9 a dicir algo m\u00e1is. Na nota que deu o Colectivo Espreita \u00e1 prensa e que s\u00f3 foi publicada integramente pola Comarca, dic\u00edamos que de non ser polos grandes pozos de petr\u00f3leo do subsolo kuwait\u00ed o conflito Iraq &#8211; Kuwait non pasar\u00eda dunha sinxela nota nas p\u00e1xinas interiores dos peri\u00f3dicos e nen tan sequera sair\u00eda nos informativos televisivos. Pero est\u00e1n en xogo os intereses internacionais do petr\u00f3leo e automaticamente o asunto conv\u00e9rtese nun problema de respeito ao dereito internacional. Eis outro aspecto da manipulaci\u00f3n \u00e1 que estamos sometidos, eis outra proba de que o suposto dereito internacional non \u00e9 sen\u00f3n a tapuxa que intenta acoubillar os intereses m\u00e1is mesqui\u00f1os e ego\u00edstas das grandes multinacionais.<\/p>\n\n\n\n<p>Agora tam\u00e9n o que nos faltaba por ver, os gobernos de occidente v\u00f3lvense ecoloxistas, o televexo bombardea a opini\u00f3n p\u00fablica con imaxes de petr\u00f3leo derramado e a\u00ednda te\u00f1en o cinismo de mandar equipos especiais para combater o desastre ecol\u00f3xico. Como se non tiveramos memoria, como se non soub\u00e9semos quen arrasou con napalm as selvas do Mekong , que foron as bombas at\u00f3micas en Hirosima e Nagasaki, que intereses est\u00e1n detr\u00e1s da contaminaci\u00f3n mundial das augas e dos espazos, como se non soub\u00e9semos a \u00faltima hora que nunca se descubrira quen tirou toneladas de petr\u00f3leo na zona de guerra. Unha vez m\u00e1is, non temos por que sa\u00edr en defensa de Saddam Hussein, pero a\u00ednda menos temos por que crer as c\u00ednicas trolas occidentais.<\/p>\n\n\n\n<p>E falando de medios de comunicaci\u00f3n \u00e9 preciso salientar que desde que Felipe Gonz\u00e1lez identificou os pacifistas con terroristas estase producindo un peche progresivo dos medios de comunicaci\u00f3n para os movementos pacifistas no estado espa\u00f1ol. E mesmo a convocatoria desta manifestaci\u00f3n foi censurada por medios de comunicaci\u00f3n que antes parec\u00edan m\u00e1is abertos, e a mesma experiencia est\u00e1n tendo os amigos do Occidente de Asturias. E \u00e9 preciso denuncialo porque seg\u00fan vaia avanzando a guerra a manipulaci\u00f3n informativa ser\u00e1 progresivamente m\u00e1is abafante e a \u00fanica posibilidade que temos de combater esta nova forma de represi\u00f3n e marxinaci\u00f3n \u00e9 convocar manifestaci\u00f3ns como esta, que todos desexar\u00edamos que fosen masivas, que fosen multitudinarias, pero que se non o poden ser polo momento, \u00e9 preciso convocar igualmente para expo\u00f1er a nosa protesta, a nosa esixencia de paz, porque \u00e9 preciso convencer de que formamos parte dun movemento de protesta e de loita pola paz e a liberdade a nivel mundial, e non podemos esperar a vir moitos, temos que sa\u00edr \u00e1 r\u00faa os que sexamos, calquera cousa menos estar calados, e deixando as mans ceibes ao imperialismo mundial para que fagan de n\u00f3s o que queiran.<\/p>\n\n\n\n<p>Compa\u00f1eiros, pola paz mundial, pola liberdade dos pobos, non \u00e1 guerra do golfo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Gr\u00e2ndola, vila morena. Gaiteiro pola paz\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/sOCIHKNpWBc?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pasado domingo 19 de xullo, unha vez m\u00e1is, concentr\u00e1monos nas escaleiras do concello algo m\u00e1is de trinta persoas para pedir, falar e tentar constru\u00edr a paz. Como \u00e9 habitual, houbo diversas intervenci\u00f3ns, e, como tam\u00e9n xa est\u00e1 a ser habitual, a poucos metros estaba preparada unha actuaci\u00f3n. Isto \u00faltimo, algo que polo n\u00famero de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[184,215,177,174],"tags":[34,216,17,19],"class_list":["post-28005","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-evaristo-lombardero","category-jesus-irigoyen","category-paz","category-suso-fernandez","tag-evaristo-lombardero","tag-jesus-irigoyen","tag-paz","tag-suso-fernandez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28005","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28005"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28005\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28025,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28005\/revisions\/28025"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28005"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28005"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28005"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}