{"id":27994,"date":"2026-07-19T17:02:23","date_gmt":"2026-07-19T15:02:23","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27994"},"modified":"2026-07-19T17:02:28","modified_gmt":"2026-07-19T15:02:28","slug":"ribadeo-panem-et-circenses","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/07\/19\/ribadeo-panem-et-circenses\/","title":{"rendered":"Ribadeo: panem et circenses"},"content":{"rendered":"\n<p>Ribadeo: panem et circenses<\/p>\n\n\n\n<p>Un tal <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xuvena\u00f1\">Xuvenal<\/a> escribiu hai dous milenios unha cita que sobreviviu ao Imperio \u00f3 que trataba de retratar: panem et circenses, pan e circo. Criticaba con esa representaci\u00f3n verbal unha sociedade que ti\u00f1a renunciado \u00e1 participaci\u00f3n social e pol\u00edtica, ao exercicio da cidadan\u00eda, e se conformaba con que os gobernantes lle garantisen un m\u00ednimo de alimento e un m\u00e1ximo de entretemento. O pobo deixaba de interesarse polo rumbo de Roma mentres tivese o est\u00f3mago abastecido e sobre todo, os espect\u00e1culos lle encheran a cabeza. Co tempo, a frase converteuse nunha representaci\u00f3n de como o poder pode esquecerse do p\u00fablico e da comunidade mentres non afecte \u00f3 seu coto privado, de como non procura convencer sen\u00f3n distraer, nin pretende explicar, sen\u00f3n entreter.<\/p>\n\n\n\n<p>Salvando as distancias de tempo, medios ou constituci\u00f3n social, lembro a expresi\u00f3n \u00f3 observar o Ribadeo de hoxe. A axenda est\u00e1 chea de inauguraci\u00f3ns, festas, concertos, feiras, mercados, eventos deportivos e outros actos de toda clase, mesmo con pouca ou nula coordinaci\u00f3n que leva a un fast\u00edo de festa. M\u00e1is a\u00ednda, moito m\u00e1is, no ver\u00e1n, na procura dunha audiencia que atrapar non tanto maior como diferente, forasteira. Si, a programaci\u00f3n cultural \u00e9 ampla nunha vila din\u00e1mica dende hai tempo. Pero o problema -a relaci\u00f3n co \u2018panem et circenses\u2019- non est\u00e1 tanto en que haxa actividade, sen\u00f3n que a esta se lle conceda primac\u00eda, afogando a praza p\u00fablica de debate sobre as cuesti\u00f3ns estruturais, decisi\u00f3ns sobre o medio, a convivencia, a integraci\u00f3n do diferente ou do inmigrante, ou a calidade de vida dos seus habitantes. \u00c9 dicir, a primac\u00eda sobre a xesti\u00f3n xeral dos problemas do pobo: mentres a atenci\u00f3n cidad\u00e1 se concentra no calendario activo\/festivo, quedan con frecuencia relegados e f\u00f3ra de foco asuntos como a atenci\u00f3n \u00f3 medio, a dificultade para acceder \u00e1 vivenda, o estado dalg\u00fans servizos p\u00fablicos, a mobilidade, o acceso \u00f3 rural\/\u00f3 urbano, o mantemento do patrimonio, a sustentabilidade do modelo tur\u00edstico en desenvolvemento, a vixilancia en aumento convivindo co desleixe da atenci\u00f3n noutras \u00e1reas, o modelo sanitario local e o seu impacto sobre a poboaci\u00f3n ou a planificaci\u00f3n econ\u00f3mica para o futuro. Cousas ben menos vistosas, m\u00e1is complexas e con resultados que tardan en facerse visibles, que a actividade de troula, mais cun tratamento que determinar\u00e1 o futuro Ribadeo, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=o+ribadeo+do+futuro\">o Ribadeo do futuro<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p>As\u00ed como na Roma Imperial o circo non era s\u00f3 diversi\u00f3n, sen\u00f3n tam\u00e9n unha ferramenta pol\u00edtica, hoxe non hai anfiteatros nin pelexas de gladiadores ou carreiras de cuadrigas, pero segue a pretenderse que a pol\u00edtica quede eclipsada pola capacidade de organizar eventos e \u2018divertir\u2019 (quizais sexa bo botar aqu\u00ed unha ollada \u00f3 dicionario) e non pola de afrontar problemas com\u00fans. Fotograf\u00edas e titulares nunha sucesi\u00f3n constante de actividades, tam\u00e9n evitan feitos, explicaci\u00f3ns e comen tempo, atenci\u00f3n e tranquilidade para unha avaliaci\u00f3n cr\u00edtica da pol\u00edtica. Como idea, ningu\u00e9n discute a importancia, bondades ou contribuci\u00f3n \u00e1 convivencia da cultura, das festas, dunha morea posible de actos&#8230; Pero a s\u00faa conversi\u00f3n en substitutos da acci\u00f3n pol\u00edtica, con ausencia de debate sobre o futuro de Ribadeo \u00e9 cando menos un erro que dimin\u00fae \u00e1 sociedade en conxunto. Repito, o &#8220;circo romano&#8221; non est\u00e1 tanto nas festas como en que desprace o necesario debate social. No desequilibrio.<\/p>\n\n\n\n<p>A responsabilidade, por\u00e9n, non corresponde s\u00f3 a quen goberna. Xuvenal, o autor da cita, sinalaba tam\u00e9n aos propios cidad\u00e1ns, conformes con cambiar a s\u00faa capacidade de decisi\u00f3n por satisfacci\u00f3ns inmediatas. Unha reflexi\u00f3n que contin\u00faa sendo v\u00e1lida: a democracia, a sociedade, precisa veci\u00f1anza informada, medios de comunicaci\u00f3n atentos e leais \u00e1 propia sociedade, asociaci\u00f3ns activas, oposici\u00f3n construtiva. Precisa preguntas inc\u00f3modas, datos, comparaci\u00f3ns e participaci\u00f3n, non s\u00f3 aplausos. Coidados e traballo, non s\u00f3 a diversi\u00f3n aditiva.<\/p>\n\n\n\n<p>Ribadeo ten longa tradici\u00f3n de compromiso c\u00edvico e de persoas capaces de implicarse nos asuntos colectivos. Tradici\u00f3n que ven facendo de garant\u00eda de futuro. Tradici\u00f3n que sempre periga e que por iso hai que coidar. Porque unha vila mellora non cando organiza boas festas ou enche as r\u00faas de visitantes, sen\u00f3n cando \u00e9 capaz de discutir con serenidade que modelo de pobo quere constru\u00edr, o Ribadeo do futuro. Non se trata de ser unha cidade, sen\u00f3n un bo pobo para vivir. E nin o necesario pan nin o vistoso circo deber\u00edan substitu\u00edr o pensamento cr\u00edtico e a implicaci\u00f3n cidad\u00e1. Os espect\u00e1culos non poden substitu\u00edr a atenci\u00f3n e participaci\u00f3n de persoas que viven, ven, preguntan, escoitan, propo\u00f1en e esixen.<\/p>\n\n\n\n<p>O anterior non \u00e9 novo, ven de lonxe. Un exemplo cinguido a Ribadeo: hai m\u00e1is de vinte anos lembro ter visto non un, sen\u00f3n moitos artigos de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/11\/01\/lembrando-a-jose-maria-rodriguez-obras-escritas\/\">Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez<\/a> nos que con menos causa que hoxe, chegaba a consideraci\u00f3ns semellantes. Est\u00e1n dispo\u00f1ibles en internet e en papel, e amosan que a estratexia desenvolta de xeito consciente ou non ten a s\u00faa historia relacionada coa natureza humana.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ribadeo: panem et circenses Un tal Xuvenal escribiu hai dous milenios unha cita que sobreviviu ao Imperio \u00f3 que trataba de retratar: panem et circenses, pan e circo. Criticaba con esa representaci\u00f3n verbal unha sociedade que ti\u00f1a renunciado \u00e1 participaci\u00f3n social e pol\u00edtica, ao exercicio da cidadan\u00eda, e se conformaba con que os gobernantes lle [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[179,176,158],"tags":[20,13,9],"class_list":["post-27994","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-jose-ma-rodriguez","category-politica","category-sociedade","tag-jose-ma-rodriguez","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27994","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27994"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27994\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27995,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27994\/revisions\/27995"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27994"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27994"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27994"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}