{"id":27970,"date":"2026-07-14T18:32:07","date_gmt":"2026-07-14T16:32:07","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27970"},"modified":"2026-07-14T18:32:12","modified_gmt":"2026-07-14T16:32:12","slug":"16","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/07\/14\/16\/","title":{"rendered":"1,6 %"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">1,6 %<\/p>\n\n\n\n<p>Comezas a falar de n\u00fameros, e, a non ser que te refiras a cartos en cantidades manexables (\u00e9 dicir, non refer\u00edndote a cousas como fortunas dos multibillonarios ou a n\u00famero de horas perdidas nas redes atrapatempo, ditas \u2018sociais\u2019) \u00e9 moi doado perder o sentido do que significan eses n\u00fameros. Exemplos sobran, e podes facer que te ve\u00f1an \u00e1 cabeza unha morea deles en pouco tempo: faste unha idea dos litros de sangue que poden pasar por unha aorta \u00f3 longo da vida dunha anci\u00e1? Ou dos quilos de CO<sub>2<\/sub> que leva botado \u00e1 atmosfera o teu coche de gasolina ou gas\u00f3leo?<\/p>\n\n\n\n<p>Algo as\u00ed coido que pasa cos n\u00fameros que lin hai non moito nunha noticia: o ano pasado -2025- \u2018ingresaron\u2019 en Galicia 44 000 inmigrantes. O n\u00famero as\u00ed, non indica demasiado, mais podemos po\u00f1elo doutro xeito: ven a ser equivalente \u00f3 1,6 % da poboaci\u00f3n de Galicia, \u00e9 dicir, viu unha persoa de f\u00f3ra por cada sesenta e algo que xa estabamos. Unha Galicia na que xa se contan para estat\u00edsticas de xente que vive aqu\u00ed os inmigrantes anteriores. Iso ven a significar unhas cantas cousas de xeito directo, como as expostas, e implicar algunha mais. Por exemplo, que o ano pasado vi\u00f1eron un 50 % mais de inmigrantes que nacementos houbo en Galicia (contando os nacementos de pais inmigrantes, esa cantidade p\u00f3dese arredondar a 30 000). Mirado polo lado da \u2018econom\u00eda\u2019, s\u00e9guese a necesitar man de obra, mentres o fluxo de galegos que emigran segue a existir, a\u00ednda que en proporci\u00f3ns abondo menores que noutras \u00e9pocas: non ve\u00f1en a quitar emprego, sen\u00f3n a ocupar prazas libres.<\/p>\n\n\n\n<p>Facendo m\u00e1is contas, se se mantivera ese ritmo, en cousa de 30 anos a poboaci\u00f3n de Galicia estar\u00eda constitu\u00edda por un 50 % de inmigrantes de primeira xeraci\u00f3n, a m\u00e1is da porcentaxe correspondente de segunda xeraci\u00f3n ou m\u00e1is antigos. Unha \u2018grande substituci\u00f3n\u2019, que dir\u00edan aqueles que procuran que as galegas paran m\u00e1is para ter m\u00e1is man de obra e raza menos mesturada. Por a\u00ed poderiamos seguir, sen ter en conta que a humanidade \u00e9 unha \u00fanica raza e que pasan cousas como n\u00f3s tam\u00e9n somos resultado dunha substituci\u00f3n anterior: en Galicia temos m\u00e1is xenes \u201cafricanos\u201d -\u00e9 dicir, dos que soen abundar en xente que vive en \u00c1frica- que \u201cnorteeuropeos\u201d -ou sexa, xenes que abundan na xente que habita na actualidade nos pa\u00edses n\u00f3rdicos-. E \u00e9 que n\u00f3s, \u2018galegos fet\u00e9n\u2019 somos dalg\u00fan xeito iso, o resultado dunha \u2018grande substituci\u00f3n\u2019 doutras \u00e9pocas. Por certo, substituci\u00f3n parece que realizada de xeito ben menos pac\u00edfico que na actualidade. Si, mesmo os mitificados celtas foron \u2018invasores\u2019, non \u2018inmigrantes\u2019, que non parecen ter deixado vivos que reclamaran a terra invadida, a\u00ednda que a\u00ed est\u00e1n os xenes como testemu\u00f1a da mestura \u00f3 longo da historia.<\/p>\n\n\n\n<p>Invasi\u00f3n ou non, inmigraci\u00f3n ou non, e xa postos na actualidade, regularizaci\u00f3n ou non, os xenes non te\u00f1en patria, e chega lembrar que o 98 % dos nosos son compartidos con calquera primate para que se nos ve\u00f1a \u00e1 cabeza aquelo de \u2018somos o 99,9 %\u2019 da poboaci\u00f3n que vivimos baixo o xugo do 0,1 % que ten as riquezas e manexa o mundo.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha cousa m\u00e1is: polas porcentaxes citadas arriba, poucos dos que \u2018manexan o mundo\u2019 van acceder a este texto, a\u00ednda que algu\u00e9n dos que o lea poida pensar que est\u00e1 nese 0,1 % &#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>1,6 % Comezas a falar de n\u00fameros, e, a non ser que te refiras a cartos en cantidades manexables (\u00e9 dicir, non refer\u00edndote a cousas como fortunas dos multibillonarios ou a n\u00famero de horas perdidas nas redes atrapatempo, ditas \u2018sociais\u2019) \u00e9 moi doado perder o sentido do que significan eses n\u00fameros. Exemplos sobran, e podes [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[188,158],"tags":[21,9],"class_list":["post-27970","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-economia","category-sociedade","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27970","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27970"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27970\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27971,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27970\/revisions\/27971"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27970"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27970"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27970"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}