{"id":2791,"date":"2022-06-17T20:04:00","date_gmt":"2022-06-17T18:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T13:28:18","modified_gmt":"2024-10-24T11:28:18","slug":"biblioteca","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/06\/17\/biblioteca\/","title":{"rendered":"Biblioteca"},"content":{"rendered":"<p><span>Biblioteca<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Si, te\u00f1o libros na casa. Iso non quita para que non visite a biblioteca p\u00fablica cunha certa asiduidade. Noutros momentos, \u00e1 procura de t\u00edtulos. Agora, m\u00e1is ben \u00e1 procura de datos, feitos, ideas&#8230; e si, tam\u00e9n libros.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>De visita a unha vila de novo, procuro inclu\u00edr algunha biblioteca p\u00fablica. O seu porte, o seu contido, o n\u00famero de usuarios, a s\u00faa adicaci\u00f3n \u00e1 lectura, o xeito no que se observa silencio, entre outras moitas cousas, son non s\u00f3 datos a valorar para calibrar aspectos da cidadan\u00eda e a cidade, mais tam\u00e9n, fonte de desfrute e enriquecemento coas peculiaridades observadas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A biblioteca de Vilalba, da que a piques estiven de ser bibliotecario (esa \u00e9 outra historia) marcou para min o acceso \u00e1 diversidade lectora, enriquecendo as mi\u00f1as posibilidades. Tam\u00e9n marcou momentos da mi\u00f1a vida que moitos anos despois rememoro con agrado.<\/span><\/p>\n<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/06\/photo5866414917173753690.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"565\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/06\/photo5866414917173753690.jpg\" class=\"wp-image-2792\" width=\"424\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Portada do libri\u00f1o do 50 aniversario da BPM El Viejo Pancho<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A antiga biblioteca santiaguesa dos Amigos do Pa\u00eds marcou outras li\u00f1as de desenvolvemento nos curtos tempos que pasei por al\u00ed. Os fondos, maiores e m\u00e1is variados, ou o vello edificio que lle daba acubillo deix\u00e1ronme \u00e1s claras que se as bibliotecas tentan recoller mundos, tam\u00e9n son mundos de por si.<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E de a\u00ed, a gozar da non tan pequena biblioteca da Veiga, o paso \u00e1 nova (polo edificio) de Tapia de Casariego, co botar de menos o ambiente da vella, as dispares bibliotecas provinciais de Lugo e a vella provincial de Ourense, as chamativas (ao menos para min) de Vilanova de Cerveira ou Aveiro, as grandes bibliotecas de cidades como Valencia ou Valladolid, ou as concibidas co que nalg\u00fan momento se poder\u00eda chamar outra mentalidade como a de Bregenz, ou a do parisino centro Georges Pompidou, ou polo contrario, as pequenas bibliotecas en centros sociais ou antigos teleclubes das aldeas (algunhas, en completo abandono), todas elas, forman un ecosistema non s\u00f3 de cultura, sen\u00f3n tam\u00e9n de humanidade.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Escribindo dende Ribadeo, un aparte mer\u00e9ceo a Biblioteca P\u00fablica Municipal El Viejo Pancho. Quizais non na que pasei m\u00e1is tempo, pero si a que m\u00e1is levamos aproveitado na familia. Por suposto, particular no seu edificio actual, e a que m\u00e1is levo recomendado. Cando no seu 50 aniversario se editou un pequeno libro -sen dep\u00f3sito legal, sen ISBN- as colaboraci\u00f3ns das s\u00faas p\u00e1xinas, m\u00e1is ca un descubrimento foron un redescubrimento de cousas que, nunha biblioteca como esta int\u00faense por transpiraci\u00f3n, sen por iso dalas por sentado. Os artigos, de Santiago Sanjurjo a Eva Moreda, pasando polo moito m\u00e1is extenso de Daniel Cortez\u00f3n ou os realizados por outros lectores\/escritores agradecidos, son para descubrir en directo. Por exemplo, na mesma biblioteca.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Bibliotecas. Un mundo que parece destinado a ser estrangulado polos medios dixitais e polo torniquete econ\u00f3mico \u00f3 p\u00fablico. Non quero saber a cantidade de bibliotecas que, despois de ser abertas e mantidas con sacrificio por diversas entidades, te\u00f1en agora pechadas as s\u00faas portas. Os libros necesitan lugar, coidados, orde. E a atenci\u00f3n ten un custe. De adicaci\u00f3n, e de cartos. E, mentres nas casas pasouse de non haber libros a mercar enciclopedias para adorno, ou, m\u00e1is recente, de non ler a ler de pasada nunha pantalla m\u00f3bil, o repouso das ateigadas -de libros- bibliotecas \u00e9 non tanto minusvalorado como esquecido<\/span>, cami\u00f1o da perda de consideraci\u00f3n e a indiferenza da xente.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha biblioteca \u00e9 das cousas que non se valora ben ata que non se ten. Mais despois, xa \u00e9 tarde.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Biblioteca &nbsp;&nbsp;&nbsp; Si, te\u00f1o libros na casa. Iso non quita para que non visite a biblioteca p\u00fablica cunha certa asiduidade. Noutros momentos, \u00e1 procura de t\u00edtulos. Agora, m\u00e1is ben \u00e1 procura de datos, feitos, ideas&#8230; e si, tam\u00e9n libros. &nbsp;&nbsp;&nbsp; De visita a unha vila de novo, procuro inclu\u00edr algunha biblioteca p\u00fablica. O seu porte, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2792,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,82],"class_list":["post-2791","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-santiago-sanjurjo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2791","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2791"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2791\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2792"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2791"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2791"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2791"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}