{"id":27884,"date":"2026-07-11T16:53:11","date_gmt":"2026-07-11T14:53:11","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27884"},"modified":"2026-07-11T16:53:16","modified_gmt":"2026-07-11T14:53:16","slug":"politiza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/07\/11\/politiza\/","title":{"rendered":"Politiza!"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Politiza!<\/p>\n\n\n\n<p><br>Despois de ter escoitado e lido nos medios, moitas veces, acusaci\u00f3ns de \u2018politizar\u2019 algo, ou petici\u00f3ns de \u2018non politizar\u2019, e tras algunha lectura repousada, como dalgunha pasaxe de \u2018El futuro de la democracia\u2019, pasei \u00f3 dicionario para ver como ti\u00f1a a definicion de \u2018politizar\u2019. Tanto no dicionario da RAG no que atinxe \u00f3 galego, como no DLE en relaci\u00f3n co castel\u00e1n, a definici\u00f3n ref\u00edrese a \u2018pol\u00edtica\u2019, sen m\u00e1is, e nesta, as acepci\u00f3ns que mellor lle cadran en ambos casos son as relacionadas co xeito de dirixir unha comunidade, de levar un asunto ou os conxuntos de asuntos p\u00fablicos. Resumindo -\u00e9 dicir, en li\u00f1as xerais- quen pide que non se politice algo o que est\u00e1 a pedir \u00e9 que o asunto que sexa -o \u2018algo\u2019- quede f\u00f3ra da consideraci\u00f3n p\u00fablica, f\u00f3ra do campo de visi\u00f3n e actuaci\u00f3n da comunidade, como \u2018tema que non debe tratarse en publico\u2019 ou semellante. Co resultado moitas veces ineludible de que se se fai as\u00ed, quede a decisi\u00f3n correspondente sobre ese \u2018algo\u2019, sobre o asunto, invisible para a xente \u2018do pobo\u2019, para a comunidade en xeral, reca\u00edndo a toma de decisi\u00f3ns en mans privadas (poden ser mans privadas de persoas con cargo p\u00fablico), con intereses claros -declarados ou non-, etc, \u00f3 tempo que se reduce a esfera p\u00fablica de influencia, a influencia da comunidade e cada un dos seus membros.<\/p>\n\n\n\n<p>Un inciso: o anterior \u00e9 cousa ben diferente de, no momento do suceso dunha traxedia, pedir un tempo de d\u00f3, ou de instar a unha acci\u00f3n conxunta e dirixida por algu\u00e9n para solucionar algo de xeito urxente, por po\u00f1er d\u00faas situaci\u00f3ns que puidera parecer que contrad\u00edn o que se di no par\u00e1grafo anterior. Porque si, hai veces que \u00e9 necesario un receso para asimilar unha situaci\u00f3n de dor colectivo, ou un apurar o tempo para arrimar todos o ombro e as\u00ed mellorar as posibilidades de solucionar algo, mesmo a\u00ednda que se considere que a soluci\u00f3n -urxente- que se est\u00e9 a dar non \u00e9 a adecuada, que debera ser outra. A discusi\u00f3n pode ser proveitosa e normalmente o \u00e9 \u00f3 considerar diversos puntos de vista e por tanto permitir unha base de co\u00f1ecemento m\u00e1is ampla para aproveitala na decisi\u00f3n, pero hai veces que non hai literalmente tempo para facela, situaci\u00f3ns nas que se se dilatara o tempo de decisi\u00f3n o problema empeorar\u00eda de xeito irremediable. Pero sempre son excepci\u00f3ns, a non ser que se provoquen urxencias com arma para afastar a participaci\u00f3n cidad\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p>As\u00ed que, politiza, si, se non queres deixar de contar nas decisi\u00f3ns que tam\u00e9n deberan ser t\u00faas por ser de todos. E ten conta que ningu\u00e9n dixo que vivir en democracia non custara traballo. De feito, en principio, pode custar menos traballo que outros tomen as decisi\u00f3ns por un, pero dese xeito non \u00e9 s\u00f3 que sufras ti as consecuencias, sen\u00f3n que perdes o control de ti mesmo \u00f3 perder a posibilidade de colaborar na construci\u00f3n da sociedade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Politiza! Despois de ter escoitado e lido nos medios, moitas veces, acusaci\u00f3ns de \u2018politizar\u2019 algo, ou petici\u00f3ns de \u2018non politizar\u2019, e tras algunha lectura repousada, como dalgunha pasaxe de \u2018El futuro de la democracia\u2019, pasei \u00f3 dicionario para ver como ti\u00f1a a definicion de \u2018politizar\u2019. Tanto no dicionario da RAG no que atinxe \u00f3 galego, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[175,176,158],"tags":[32,13,9],"class_list":["post-27884","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-filosofia","category-politica","category-sociedade","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27884","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27884"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27884\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27890,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27884\/revisions\/27890"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27884"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27884"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27884"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}