{"id":2786,"date":"2022-06-22T10:28:00","date_gmt":"2022-06-22T08:28:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T13:28:10","modified_gmt":"2024-10-24T11:28:10","slug":"estrambote-pancho-campos-dorado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/06\/22\/estrambote-pancho-campos-dorado\/","title":{"rendered":"ESTRAMBOTE. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/06\/IMG_20220617_213624.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/06\/IMG_20220617_213624.jpg\" class=\"wp-image-2787\" width=\"480\" \/><\/a><\/p>\n<p>ESTRAMBOTE<\/p>\n<p>Pancho Campos Dorado<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Lemos en La Comarca del Eo (18\/06\/2022) \u201cO PP astur descarta que el uso del doble top\u00f3nimo de la r\u00eda amenace la identidad gallega\u201d. Este titular pode po\u00f1erse m\u00e1is en negri\u00f1a pero non m\u00e1is c\u00ednico. Agora sae \u00e1 palestra un novo deputado do PP asturiano, don \u00c1lvaro Queipo, polo que parece, secretario do PP no parlamento astur e debe relevar na pol\u00e9mica da R\u00eda de Ribadeo a dona Nieves Mallada.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A dobre denominaci\u00f3n do top\u00f3nimo da R\u00eda de Ribadeo \u201cnon parece afectar a s\u00faa identidade galega\u201d. Por suposto, MENTIRA.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>M\u00e1is adiante dinos este parlamentario astur moi \u201cpaternalmente\u201d: \u201cse equivocan los sectores gallegos que ven en este proceso una guerra que amenaza su identidad\u201d. Cara non lle falta \u00f3 individuo. N\u00f3s non creo que esteamos en guerra, ou polo menos de momento non a declaramos. O se\u00f1or Queipo contin\u00faa coa s\u00faa disertaci\u00f3n patriarcal: \u201cnunca se defiende mejor lo propio despreciando lo ajeno\u201d. Por suposto, o propio non fai falta defendelo, a lei dunha sociedade democr\u00e1tica, como pensamos que \u00e9 a nosa, cr\u00e9mola suficientemente capaz de defender os bens institucionais e neste caso constitucionais, pois segundo a Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola de 1978, art.46: \u201cos poderes p\u00fablicos garantir\u00e1n a conservaci\u00f3n e promover\u00e1n o enriquecemento do PATRIMONIO HIST\u00d3RICO, CULTURAL E ART\u00cdSTICO DOS POBOS DE ESPA\u00d1A e dos bens que o integran calquera que sexa o seu r\u00e9xime xur\u00eddico e a s\u00faa titularidade. A lei penal sancionar\u00e1 os atentados contra este patrimonio\u201d. Se\u00f1or Queipo, n\u00f3s somos parte do pobo galego e defendemos a Nosa Terra e tam\u00e9n a s\u00faa toponimia, par\u00e9celle mal?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Di vostede que non queda ameazada a identidade galega da r\u00eda? Por suposto que s\u00ed. A falcatruada do cambio topon\u00edmico do nome da r\u00eda, conleva a apropiaci\u00f3n indebida do patrimonio arqueol\u00f3xico cultural que se atopa no fondo da R\u00eda de Ribadeo, esa \u00e9 a cuesti\u00f3n que levamos anos denunciando. Xa nunha primeira ollada submarina levou \u00f3s arque\u00f3logos a atopar unha \u00e1nfora do s\u00e9culo VI a.C. o que deu p\u00e9 para saber que o comercio mar\u00edtimo na r\u00eda de Ribadeo \u00e9 tan antigo que non hai ning\u00fan vestixio anterior en toda a Cornixa Cant\u00e1brica. Chamados son os xacementos submarinos da R\u00eda de Ribadeo polos arque\u00f3logos a \u201cAtapuerca do Cant\u00e1brico\u201d.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Como se van a rese\u00f1ar e recordar estas pezas arqueol\u00f3xicas nos libros de texto especializados, atopadas na r\u00eda de Ribadeo? Igual que fixeron vostedes, os \u201carque\u00f3logos\u201d asturianos coa falcatruada da Diadema de Ribadeo? Ou mellor pensamos qu\u00e9 foi da denominaci\u00f3n do \u201cCarneiro Alado de Ribadeo? A que est\u00e1n xogando? Queren seguir terxiversando a cuesti\u00f3n, como levan facendo desde fai s\u00e9culos co territorio do Reino de Galicia, e agora incluso insin\u00faan que a culpa \u00e9 dos galegos e en particular dos galeguistas. M\u00e1is morro, si, a\u00ednda hai quen ten m\u00e1is morro.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A burocracia espa\u00f1ola, esperp\u00e9ntica, monstruosa na s\u00faa complexidade de xesti\u00f3n con incontables tr\u00e1mites, inzada de leis e decretos lei, contra decretos, regulamentos, normativas, pautas, resoluci\u00f3ns de procedementos inacabables, xurisprudencia inxente cuxa transcrici\u00f3n escrita enche decenas de volumes para decorar os despachos de avogados onde se crea esa atmosfera dos mil artificios en contra, a favor, parciais, emendados de aqu\u00ed, emendados de al\u00f3, sen emendar, todo o cal forma ese insufrible noelo de artima\u00f1as intricadas e indescifrables para calquera mortal, que s\u00f3 serven para facer de tapadeira a unha lexislaci\u00f3n vixente na que se rexouba unha clase social da alta e baixa xudicatura que inquieta a calquera mortal que se atope baixo o seu dominio inmediato, pola s\u00faa falta de eficacia e que nos ten acostumados a tolear coa s\u00faa parsimonia inoperante. Un litixio que na burocracia inglesa leva d\u00faas li\u00f1as nun folio, aqu\u00ed transf\u00f3rmase en unha acci\u00f3n da \u201cxustiza garantista\u201d que non \u00e9 capaz de acabar nin resumir en tres mil folios.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Xa vimos a resoluci\u00f3n sesgada e parcial que o Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana decretou no seu informe. Por un lado, danos a raz\u00f3n de que s\u00f3 debe chamarse R\u00eda de Ribadeo e por outro di que s\u00f3 queda anulada a sentenza do IGN porque hai un \u201cdefecto de forma\u201d. Pero que tipo de resoluci\u00f3n \u00e9 esta? Cando se vai po\u00f1er fin a toda esta fantochada burocr\u00e1tica?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O Procedemento Com\u00fan das Administraci\u00f3ns P\u00fablicas, utiliza os fundamentos de dereito nesta resoluci\u00f3n segundo a lei 39\/2015 de 1 de Outubro, e aplica os artigos 24.3 \/ 26 \/ 34 \/ 48.1 \/ 48.2 \/ 57 \/ 79 \/ 82 \/ 112 \/ 121. Tam\u00e9n entra a tr\u00e1mite o apartado 24.3a do Real Decreto 1545\/2007 do 23 de Novembro. Despois de endilgarnos todo este galimat\u00edas xur\u00eddico dinos que queda \u201cagotada a v\u00eda administrativa e cabe recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid no prazo de dous meses\u201d. Manda truco a canta xente mantemos!!<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Por outro lado, a resoluci\u00f3n do antedito Ministerio, s\u00f3 nomea o informe emitido pola Deputaci\u00f3n de Lugo, e ningunea os informes do goberno da Xunta de Galiza, da Alcald\u00eda de Ribadeo e nin sequera ten en conta o extens\u00edsimo e documentad\u00edsimo informe da Plataforma en Defensa da R\u00eda de Ribadeo, nin do informe da Plataforma de Mari\u00f1os de Ribadeo. As\u00ed mesmo di literalmente \u201cla CENG es una Comisi\u00f3n de car\u00e1cter t\u00e9cnico compuesta por representantes de autoridades en nombres geogr\u00e1ficos de la Administraci\u00f3n del Estado y de Comunidades Aut\u00f3nomas, as\u00ed como de universidades, academias de las lenguas y otras instituciones relacionadas con la toponimia, de ah\u00ed la importancia de su informe que podr\u00edamos calificar como t\u00e9cnico, y aunque no vinculante, s\u00ed es necesario para que el \u00f3rgano decisorio resuelva\u201d. Ou sexa que pode facerse un recurso con todo tipo de informes t\u00e9cnicos, ou pode dicirse misa cantada con \u00f3rgano e Agrupaci\u00f3n Polif\u00f3nica, que todo canto se predique \u201cNon ser\u00e1 vinculante\u201d. Manda carallo! As\u00ed funciona a burocracia deste pais chamado Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A toponimia \u00e9 unha rama esencial da Historia en calquera territorio, e a Historia de Galiza non pode ser retocada constantemente por mans lexislativas partidistas que raian a prevaricaci\u00f3n. Galiza ten que ser respectada. As instituci\u00f3ns que nos falten o RESPETO, non as respectamos para nada e nunca aceptaremos as s\u00faas resoluci\u00f3ns contra a Nosa Terra. As tarascadas fanse no Entroido. Como \u00e9 posible que un Decreto Lei do 2007 ou do ano 2015 poida po\u00f1er en solfa un top\u00f3nimo mar\u00edtimo secular e querer equiparalo a un costumismo vulgar?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O Reino de Galiza leva s\u00e9culos soportando unha historiograf\u00eda castelanista que nos rouba descaradamente e nos \u00e9 totalmente hostil, tanto \u00e9 as\u00ed que a Real Academia da Historia cr\u00e9ase en 1783 e esqu\u00edlmase a documentaci\u00f3n dos mosteiros, igrexas e catedrais da Galiza para manter un discurso hist\u00f3rico de tradici\u00f3n e exaltaci\u00f3n din\u00e1stica de avoengo que nunca tivo nos seus primeiros mil anos, nada menos. A enumeraci\u00f3n dos reis castel\u00e1ns que fai Afonso X o Sabio, insire os reis da Galiza e Le\u00f3n para darse avoengo, pois el consid\u00e9rase Afonso X (o d\u00e9cimo) cando realmente \u00e9 Afonso II de Castela. Sabio ser\u00eda cando fixo as Sete Partidas, pero sumamente cruel cando tivo a coraxe de mandar fritir en aceite fervendo o seu irm\u00e1n Fadrique, cousa que non conta a historia falsaria de Espa\u00f1a nos libros de texto. As\u00ed que de un tipo as\u00ed, pod\u00eda esperarse calquera cousa, incluso que fora \u201csabio\u201d.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E as\u00ed todo. Parece que nada importa \u201co dobre top\u00f3nimo non ameaza a identidade galega\u201d e logo vemos que as Terras de Ribadeo do Eo o Navia, agora nin sabe como se chaman, ou as Terra de Miranda ba\u00f1adas polo Eo, agora sabedi\u00f3s&#8230; etc. etc.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Facendo un inciso, gustar\u00edanos saber que esta facendo o PP de Ribadeo actual en esta cuesti\u00f3n, pois co ribadense Val\u00edn \u00f3 mando, s\u00ed o sab\u00edamos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; ESTRAMBOTE Pancho Campos Dorado &nbsp;&nbsp; &nbsp;Lemos en La Comarca del Eo (18\/06\/2022) \u201cO PP astur descarta que el uso del doble top\u00f3nimo de la r\u00eda amenace la identidad gallega\u201d. Este titular pode po\u00f1erse m\u00e1is en negri\u00f1a pero non m\u00e1is c\u00ednico. Agora sae \u00e1 palestra un novo deputado do PP asturiano, don \u00c1lvaro Queipo, polo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2787,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[56],"class_list":["post-2786","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2786","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2786"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2786\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2787"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2786"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2786"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2786"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}