{"id":27841,"date":"2026-07-02T19:46:42","date_gmt":"2026-07-02T17:46:42","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27841"},"modified":"2026-07-02T19:46:45","modified_gmt":"2026-07-02T17:46:45","slug":"unidos-contra-unha-intervencion-na-ria-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/07\/02\/unidos-contra-unha-intervencion-na-ria-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Unidos contra unha intervenci\u00f3n na r\u00eda de Ribadeo"},"content":{"rendered":"\n<p>Hoxe chegaron a min por condutos diferentes d\u00faas novas en relaci\u00f3n \u00f3 dique que se pretende facer n<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=As+Figueiras\">as Figueiras<\/a>; mellor, na r\u00eda, \u00e1 beira de As Figueiras. A primeira, a acusaci\u00f3n que se fai dende a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Plataforma+pola+Defensa+da+R%C3%ADa+de+Ribadeo\">Plataforma pola Defensa da R\u00eda de Ribadeo<\/a> \u00f3 concello de Ribadeo, de silencio c\u00f3mplice da pretendida obra. A segunda, un v\u00eddeo grvado na outra beira da r\u00eda, nas Figueiras, onde se da unha visi\u00f3n do tema do dique dende <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=BioEo\">BioEo<\/a>. En ambos casos, a confluencia \u00e9 a mesma: a defensa dunha r\u00eda que \u00e9 de todos fronte a un desaf\u00edo m\u00e1is a unha xoia natural que despois de ser estragada principalmente na beira galega, pasa a ser estragada na beira asturiana. Algo que a todos compete, porque a auga e a r\u00eda non sabe de administraci\u00f3ns de ac\u00f3 ou de al\u00f3. E cabe insistir no de que compete a todos, non \u00e1 xente das Figueiras, ou \u00f3 seu clube N\u00e1utico, ou \u00f3 concello de Castropol, ou a Asturais; non, a todos, inclu\u00eddos Ribadeo ou a Veiga.<\/p>\n\n\n\n<p>Deixo a continuaci\u00f3n ambos documentos, o primeiro a partir de <a href=\"https:\/\/www.cronica3.com\/2026\/07\/a-plataforma-pola-defensa-da-ria-acusa-ao-alcalde-de-ribadeo-de-silencio-complice-ante-o-dique-das-figueiras\/\">cr\u00f3nica3<\/a> e o segundo, de <a href=\"https:\/\/youtu.be\/LGGAklBN2Jk?si=VSUs1DSDJarvKeQ7\">youtube<\/a>.:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">A Plataforma pola Defensa da R\u00eda acusa ao alcalde de Ribadeo de \u201csilencio c\u00f3mplice\u201d ante o dique das Figueiras<\/p>\n\n\n\n<p>A Plataforma pola Defensa da R\u00eda de Ribadeo denuncia o \u201csilencio c\u00f3mplice\u201d do alcalde de Ribadeo ante o proxecto de construci\u00f3n dun dique na marxe asturiana da r\u00eda. O colectivo lembra que hai m\u00e1is dun mes rexistrou unha solicitude formal pedindo apoio institucional \u00e1s alegaci\u00f3ns presentadas contra a obra, sen recibir resposta por parte do rexedor.<\/p>\n\n\n\n<p>A Plataforma lamenta que a presumida \u201cboa relaci\u00f3n\u201d do alcalde coa Xunta de Galicia non se estea a traducir en acci\u00f3ns para esixir informes sobre o dragado previsto de 64.000 m\u00b3 de lodos, unha actuaci\u00f3n que \u2014advirten\u2014 pode afectar gravemente \u00e1 marxe galega da r\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>O documento presentado pola entidade, e que o alcalde non fixo p\u00fablico, detalla que o proxecto vulnera procedementos administrativos b\u00e1sicos e sup\u00f3n riscos cr\u00edticos para o estuario.<\/p>\n\n\n\n<p>Falta de control auton\u00f3mico: O proxecto carece das consultas sectoriais obrigatorias \u00e1 Xunta de Galicia por parte do Goberno do Principado de Asturias, malia contemplar o dragado de 29.183 m\u00b2 e a extracci\u00f3n de 54.349 m\u00b3 de lodos. A Plataforma critica que o alcalde non utilice a s\u00faa interlocuci\u00f3n coa Xunta para esixir unha fiscalizaci\u00f3n rigorosa do impacto na marxe galega.<\/p>\n\n\n\n<p>Risco para o patrimonio subacu\u00e1tico: A construci\u00f3n dun dique fixo de formig\u00f3n de 185,80 metros alterar\u00eda de forma irreversible as correntes da r\u00eda. As advertencias t\u00e9cnicas sinalan un risco de erosi\u00f3n que poder\u00eda afectar ao Gale\u00f3n de Ribadeo (s\u00e9culo XVII), pero o colectivo acusa ao alcalde de evitar o debate para non incomodar outras administraci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>Impacto nos sectores produtivos: A modificaci\u00f3n da din\u00e1mica dos sedimentos afectar\u00eda directamente aos bancos marisqueiros e, en consecuencia, aos postos de traballo vinculados a esta actividade, algo que \u2014segundo a Plataforma\u2014 non parece ser unha prioridade para o goberno local.<\/p>\n\n\n\n<p>A Plataforma reclama ao alcalde que \u201crompa o seu silencio de maneira inmediata\u201d, que aclare se est\u00e1 a priorizar intereses pol\u00edticos fronte \u00e1 defensa da r\u00eda e que asuma de forma expl\u00edcita as alegaci\u00f3ns presentadas. O colectivo lembra que gobernar \u201cnon \u00e9 facerse fotos presumindo de sinton\u00eda con Santiago, sen\u00f3n defender aos veci\u00f1os e ao seu patrimonio cando unha obra destas dimensi\u00f3ns ameaza o estuario\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"EL \u00daLTIMO REDUCTO - LO QUE QUEDA DEL EO\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/LGGAklBN2Jk?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe chegaron a min por condutos diferentes d\u00faas novas en relaci\u00f3n \u00f3 dique que se pretende facer nas Figueiras; mellor, na r\u00eda, \u00e1 beira de As Figueiras. A primeira, a acusaci\u00f3n que se fai dende a Plataforma pola Defensa da R\u00eda de Ribadeo \u00f3 concello de Ribadeo, de silencio c\u00f3mplice da pretendida obra. A segunda, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-27841","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27841","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27841"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27841\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27842,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27841\/revisions\/27842"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27841"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27841"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27841"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}