{"id":2782,"date":"2022-06-26T12:01:00","date_gmt":"2022-06-26T10:01:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T13:28:03","modified_gmt":"2024-10-24T11:28:03","slug":"en-cristiano","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/06\/26\/en-cristiano\/","title":{"rendered":"En cristiano!"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;<\/span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/06\/fala20espaC3B1ol.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"317\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/06\/fala20espaC3B1ol.jpg\" class=\"wp-image-2783\" width=\"320\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>En cristiano!<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; \u00c9 indiferente ser cat\u00f3lico ou ateo. <\/span>Quen non se atopou algunha vez (ou fixo que outra persoa se atopara) con iso de &#8216;en cristiano!&#8217; para referirse a que fale na lingua &#8216;cristiana&#8217;, asimil\u00e1ndoa \u00f3 castel\u00e1n, como se non falar castel\u00e1n significara ser &#8216;infiel&#8217; a algo, a unha idea, a unha crenza, a un v\u00ednculo?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Nunha situaci\u00f3n onde a non ser que sexas habitual, en calquera comercio ou establecemento hostaleiro dir\u00edxense a ti por defecto na lingua de Castela, \u00e9 natural que a proposta de uso de linguas minorizadas atope &#8216;dificultades met\u00f3dicas&#8217; no Parlamento.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Tam\u00e9n o \u00e9 que, despois de usar mill\u00f3ns de euros das instituci\u00f3ns para promover medios en castel\u00e1n en Galicia, o d\u00eda das letras galegas aparezan unhas cantas novas en galego neses mesmos xornais, sempre en minor\u00eda, a modo de agasallo condescendente.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Non deixa de ser natural, no sentido do peixe que se morde a cola, que algu\u00e9n me diga que por que non escribo en castel\u00e1n (xeralmente, &#8216;espa\u00f1ol&#8217;) porque chegar\u00eda a m\u00e1is xente, \u00f3 mesmo tempo que pensa que o galego non sirve para nada porque non te uso.<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Non \u00e9 raro que os egresados das escolas usen de xeito maioritario o castel\u00e1n cando dende as primeiras etapas educativas hai un tope normativo para os contidos en galego, pero non para os contidos en castel\u00e1n. Tampouco o \u00e9 que se unha materia se ten que dar nunha lingua nun nivel, e noutra noutro, saia prexudicado o alumnado, pero beneficiada a lingua hexem\u00f3nica.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A quen lle parece raro que mesmo nos centros educativos galegos se use m\u00e1is a Wikipedia en castel\u00e1n que a Galipedia, mesmo en tem\u00e1ticas nas que a versi\u00f3n galega da Wikipedia ten m\u00e1is e mellor contido que a versi\u00f3n castel\u00e1 e a pesar do esforzo da pequena comunidade galipedista?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Non \u00e9 ins\u00f3lito que unha nova lei do audiovisual titorada permita que unha porcentaxe de emisi\u00f3ns -pequena- que debe facerse en linguas cooficiais se faga na lingua cooficial que quera a compa\u00f1\u00eda que comercializa a producci\u00f3n, produc\u00edndose as\u00ed un trato de favor relativo \u00e1 segunda lingua m\u00e1is falada e e desfavor para o resto.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E, se xuntamos os feitos anteriores, mais outras como a prohibici\u00f3n durante tempo de falar galego en instancias oficiais ou privadas (coido que destas, a\u00ednda hoxe en algures) non debemos estra\u00f1arnos de que circule pola rede iso de &#8216;Se queren que fale galego, que non mo impo\u00f1an&#8217; (en realidade, &#8216;Si quieren que hable gallego, que no me lo impongan&#8217;). Tampouco de que o galego est\u00e9 en desuso crecente&#8230; Est\u00e1 claro que a culpa ter\u00edaa a imposic\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; En cristiano! &nbsp;&nbsp;&nbsp; \u00c9 indiferente ser cat\u00f3lico ou ateo. Quen non se atopou algunha vez (ou fixo que outra persoa se atopara) con iso de &#8216;en cristiano!&#8217; para referirse a que fale na lingua &#8216;cristiana&#8217;, asimil\u00e1ndoa \u00f3 castel\u00e1n, como se non falar castel\u00e1n significara ser &#8216;infiel&#8217; a algo, a unha idea, a unha crenza, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2783,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[16],"class_list":["post-2782","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-lingua"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2782","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2782"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2782\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2783"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2782"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2782"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2782"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}