Al\u00f3 polo 2008 ou 2009 hab\u00eda un n\u00facleo de xente m\u00e1is relacionada dentro da Galipedia, unhas 8-10 persoas. Elvire era unha delas, exercendo a s\u00faa galeguidade dende unha Francia emigrante. Cunha conciencia de falta de Galicia na s\u00faa vida pola emigraci\u00f3n e, \u00f3 tempo, unha querencia galega non sei se a pesar ou debido a esa falta.
\u00c9 pouco o que podo dicir de Elvire con seguridade, s\u00f3 alg\u00fans detalles, mais te\u00f1o que sinalar a causa destas letras, a s\u00faa orixe, e esa \u00e9 a mi\u00f1a admiraci\u00f3n por como unha francesa, ben que con orixe en Galicia, algu\u00e9n que dic\u00eda saber o galego abondo peor que o castel\u00e1n, e este, moito peor que o franc\u00e9s, identificou a Galipedia como un lugar no que poder contribu\u00edr a Galicia, po\u00f1endo o seu gran de area, grande, no proxecto comunitario. O dunha Galicia que a falta de tela baixo dos seus p\u00e9s, estaba no seu coraz\u00f3n.
Repaso a correspondencia (correo electr\u00f3nico) daqueles anos e at\u00f3pome algunha cousa que delata algo de seu. Relataba nun deles que \u00eda con moito retardo nas tarefas que pretend\u00eda na Galipedia e na wikipedia en franc\u00e9s. Achac\u00e1bao a asuntos persoais, lamentando que a vida real a atropelara. E explicaba que consideraba que ti\u00f1a que adiantarse na versi\u00f3n francesa porque pensaba que se a Galicia daquela, a s\u00faa cultura e a s\u00faa historia estaban ben tratadas das wikipedias das \u2018linguas grandes\u2019, iso era importante para Galicia, e no trempo non era o caso na wikipedia en franc\u00e9s. Si, ti\u00f1a un dominio moito maior da lingua francesa e colaboraba na versi\u00f3n francesa, m\u00e1is \u00f3 tempo que o fac\u00eda na versi\u00f3n galega, na espa\u00f1ola, no Galizionario\u2026 E a\u00ednda que a relaci\u00f3n de rexistros das s\u00faas contribuci\u00f3ns indican que pod\u00edalle o editar nas versi\u00f3ns en galego, o exposto indica que era moi consciente na procura do maior rendemento da s\u00faa colaboraci\u00f3n na comunidade do co\u00f1ecemento libre e en favor de Galicia.
Noutro lugar, ten axustado: \u201cch\u00e1mome ElvirA, o meu alcume \u00e9 Elvire, por non estar libre na WPfr ElvirA cando me rexistrei, e como en franc\u00e9s ch\u00e1mome ElvirE que estaba libre \u2026\u201d Ou sexa, Elvire porque non lle queda outra, mais Elvira de sentimento e de forma legal, a\u00ednda que na pequena comunidade Galipedista calara o alcume \u2018Elvire\u2019.
Para min, unha mostra dunha emigraci\u00f3n que sente e fai por Galicia e que merece o meu reco\u00f1ecemento (e o de todos n\u00f3s).
Soe dicirse \u2018descanse en paz\u2019. Que as\u00ed sexa. Mais se queres visitala, a s\u00faa obra, as s\u00faas contribuci\u00f3ns \u00e1 cultura libre en galego est\u00e1n visibles. Un exemplo, as m\u00e1is de nove mil edici\u00f3ns na Galipedia: https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Especial:Contribuci\u00f3ns\/Elvire<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Para Elvira Estas letras son unha lembranza de Elvire. Elvire, o seu alcume na Wikipedia, Elvira Mendes-Vega de nome e familia\u2026 Non a co\u00f1ec\u00edn en persoa, vaia por diante. Pero si a tratei, mesmo sen co\u00f1ecela: ser compa\u00f1eiros na Galipedia, esa foi a ligaz\u00f3n. O 13 de maio, unha data con sonoridade portuguesa, al\u00f3 polo […]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[182],"tags":[],"class_list":["post-27799","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galipedia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27799","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27799"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27799\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27801,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27799\/revisions\/27801"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27799"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27799"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27799"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}