{"id":27774,"date":"2026-06-20T22:21:02","date_gmt":"2026-06-20T20:21:02","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27774"},"modified":"2026-06-20T22:21:05","modified_gmt":"2026-06-20T20:21:05","slug":"texto-lido-por-fco-diaz-fierros-na-feira-da-ciencia-de-ribadeo-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/06\/20\/texto-lido-por-fco-diaz-fierros-na-feira-da-ciencia-de-ribadeo-2026\/","title":{"rendered":"Texto lido por Fco. D\u00edaz Fierros na Feira da Ciencia de Ribadeo 2026"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Discurso de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=D%C3%ADaz+Fierros\">Francisco D\u00edaz Fierros<\/a> na homenaxe que recibiu con motivo da Feira da Ciencia de Ribadeo.<\/p>\n\n\n\n<p>As mi\u00f1as primeiras palabras son Grazas: grazas \u00e1 comunidade educativa de Ribadeo e, dun xeito moi especial, \u00e1s persoas que levaron m\u00e1is directamente a organizaci\u00f3n deste acto. Non podedes imaxinar o sentimento de gratitude que me invade! Vai ser algo que levarei sempre como unha inesquecible lembranza por todo o que ten de agarimo e reco\u00f1ecemento.<\/p>\n\n\n\n<p>Nac\u00edn en Vilagarc\u00eda, naquelas fermosas terras que miran cara ao mar de Arousa, pero Ribadeo vai ser sempre a mi\u00f1a patria. Aqu\u00ed cheguei con menos dun ano e aqu\u00ed funme abrindo \u00e1 vida, e os meus ollos aprenderon a mirar con curiosidade e asombro todo o que de novidade me ofrec\u00edan as s\u00faas xentes e as atraentes paisaxes destas terras mari\u00f1\u00e1s. \u00b7<\/p>\n\n\n\n<p>E aqui tamen me formei. Comezando coa aquela familiar e sinxela escola de Dona Mariana na r\u00faa da Trinidade, onde me aprenderon as primeiras letras, e o Colexio dos Hermanos Menesianos, no que me desvelaron os secretos do \u00faico texto que ti\u00f1amos, a Enciclopedia da Editorial Vives, coa que me preparei para entrar no ensino secundario. Este cursar\u00edao no Colexio Santo Tom\u00e1s de Aquino, centro privado que estivo situado onde est\u00e1 hoxe a Biblioteca Municipal e que foi o precedente do Instituto Laboral e, finalmente, deste Instituto Dionisio Gamallo Fierros. Nel tiven que enfrontarme ao reto que sup\u00f3n recibir un ensino diversificado en m\u00faltiples materias e, sobre todo, cun variado conxunto de profesores, cada un co seu talante e os seus m\u00e9todos particulares de aprendizaxe.<\/p>\n\n\n\n<p>Supo\u00f1o que para moitos dos que me escoitades ser\u00e1n nomes de centros que soar\u00e1n estra\u00f1os, pois hai tempo que xa non existen, a\u00ednda que para os que por eles pasamos fiquen en xeral, como me ocorre a min, como unha agradecida e saudosa lembranza.<\/p>\n\n\n\n<p>E falo destes meus recordos sobre a mi\u00f1a formaci\u00f3n primaria e secundaria porque quero unilos a experiencia que estades a ter na actualidade, profesorado e alumnado, nos catro centros da comunidade educativa de Ribadeo. Xa que todas estas experiencias, a mi\u00f1a e as vosas, a pesar de que existen moitos anos de separaci\u00f3n entre elas, forman parte dese mesmo caudal de interese pola transmisi\u00f3n dos saberes que sempre existiu nas comunidades humanas e que fl\u00fae cara a n\u00f3s desde a noite dos tempos e permitiu, entre outros factores, garantir a supervivencia da nosa cultura e civilizaci\u00f3n. Unha\u0095 experiencia que hoxe chamariamos Educaci\u00f3n, que \u00e9 para min unha das verbas que m\u00e1is ennobrece e distingue a condici\u00f3n humana.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta educaci\u00f3n ten a s\u00faa historia e, dentro dela, haber\u00eda que facer referencia, se queremos ser xustos, a un pobo e a unha \u00e9poca na que dun xeito case milagroso, se produce un salto cualitativo nas formas e nos contidos desa actividade. Estariamos a falar da Grecia cl\u00e1sica, na que o colectivo de mestres e alumnos os consegue desenvolver unha pedagox\u00eda e, sobre todo, un ambiente educativo, no que o &#8220;saber&#8221; e o&#8221;educar&#8221; acadaron cotas de excelencia que a\u00ednda hoxe est\u00e1n a resoar como exemplos envexables para o mundo actual. Naqueles afastados tempos, van agora m\u00e1is de dous mil cincocentos anos, practic\u00e1base unha educaci\u00f3n integral na que conviv\u00edan a literatura, a ret\u00f3rica, as ciencias e a filosof\u00eda, inclu\u00edda tam\u00e9n a educaci\u00f3n f\u00edsica e art\u00edstica. Pero o m\u00e1is importante non eran os contidos, sen\u00f3n os valores que se propo\u00f1\u00edan: conseguir a excelencia moral e intelectual para formar cidad\u00e1ns que, a partir da moderaci\u00f3n e da xustiza, participasen na vida social da comunidade ateniense. Valores que, ao meu entender, seguen a estar totalmente vixentes e que todos os educadores deberiamos ter moi presentes como ideais para comunicar e conseguir e, deste xeito, poder endereitar o cami\u00f1o desta sociedade insolidaria, desnortada e convulsa que nos tocou vivir.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero hoxe estamos, sobre todo, nun dia no que se inaugura a 31 Feira da Ciencia de Ribadeo que, ademais, foi a primeira que se celebrou en Galicia al\u00e1 polo ano 1995., Iniciativa da que temos que estar xustamente orgullosos e tam\u00e9n agradecidos con aqueles profesores que tiveron esa visi\u00f3n de futuro cara a unhas actividades que hoxe te\u00f1en unha vizosa profusi\u00f3n e pluralidade por todo o pa\u00eds galego.<\/p>\n\n\n\n<p>Ter\u00eda, pois, que falar agora doutra verba ilustre e de moi longo percorrido como \u00e9 a da Ciencia. Actividade que ten unha orixe tam\u00e9n moi afastada no tempo e que a poder\u00eda levar ata a mesma Grecia cl\u00e1sica. A\u00ednda que unha ciencia, tal como hoxe a entendemos, cunha s\u00f3lida base experimental, non existiu ata os s\u00e9culos XVI e XVII, nos que xigantes como Galileo ou Newton foron quen de desenvolvela con mestr\u00eda e facela \u00fatil e admirada por todos. Grazas a ela tam\u00e9n, nos s\u00e9culos seguintes a nosa vida cambiou dun xeito radical: as distancias acurt\u00e1ronse coa aplicaci\u00f3n do vapor ao transporte terrestre e mar\u00edtimo, a electricidade fac\u00eda posible so\u00f1os ata ent\u00f3n inalcanzables, como a comunicaci\u00f3n da palabra na distancia co tel\u00e9grafo, ou acabar superando as tebras mediante a l\u00e1mpada el\u00e9ctrica. Pero sobre todo, cos novos co\u00f1ecementos m\u00e9dicos e farmcol\u00f3xicos, a esperanza de vida das comunidades humana que teimudamente non consegu\u00edan superar os corenta e poucos anos, de s\u00fapeto comezou, grazas a sanidade cient\u00edfica, un proceso ascendente e imparable que nos levou hoxe, por exemplo, a que como galegos gocemos dunha esperanza de vida de m\u00e1is de oitenta e catro anos.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero a ciencia, esa ferramenta admirable que nos axuda a entender o mundo e asentar as bases do noso benestar, nas mans de d\u00e9spotas e de tiranos converter\u00edase axi\u00f1a nun perigoso poder que hoxe, coas dimensi\u00f3ns que conseguiu, poder\u00eda acabar con toda a vida da terra. E, sen chegar a tan definitivo desastre, coa intelixencia artificial, as redes de informaci\u00f3n e control e a vixilancia invasiva que se est\u00e1n a espallar por todo o mundo, poder\u00edase orixinar unha humanidade prisioneira, robotizada e sen capacidade para decidir por si mesma. Ademais, estamos a ser testemu\u00f1as dunha aceleraci\u00f3n inusitada na aparici\u00f3n destas novidades, sobre todo en determinados campos do co\u00f1ecemento, que obriga a unha adaptaci\u00f3n forzada dos nosos ritmos de vida. Riscos que o propio Papa Le\u00f3n XIV ven de lembrarnos recentemente coa s\u00faa primeira enc\u00edclica.<\/p>\n\n\n\n<p>Diante destes perigos que nos suxire hoxe a verba Ciencia, non ficar\u00eda m\u00e1is soluci\u00f3n que volver os ollos cara a primeira verba da que falei na mi\u00f1a intervenci\u00f3n: a Educaci\u00f3n. Sobre todo, unha educaci\u00f3n en valores que promovan a solidariedade e igualdade planetaria e trate de preservar ata o m\u00e1ximo ese fondo de empat\u00eda, sensibilidade, imaxinaci\u00f3n e independencia que sempre tivo en potencia o ser humano.<\/p>\n\n\n\n<p>Son valores que, sen dubida, ensina e transmite o profesorado, cando animan ao alumnado a participar nestas feiras da ciencia, que non son s\u00f3 un &#8220;divertimento&#8221;. coas novas oportunidades que a tecnolox\u00eda ofrece, nin sequera s\u00f3 unha ferramenta did\u00e1ctica (que tam\u00e9n o \u00e9), sen\u00f3n e sobre todo, un medio para achegarse a unha ciencia que debe ser amiga e solidaria e con capacidade para mergullarse nos misterios da vida e da materia. En definitiva, unha ciencia con rostro humano, que se debe considerar e administrar con respecto pero, por riba de todo, empregar para o servizo dun planeta que en non moito tempo chegar\u00e1 aos dez mil mill\u00f3ns de habitantes. Cifra que estremece pero que, a\u00ednda as\u00ed, pode permitirnos imaxinar, se facemos as cousas ben, unha comunidade de seres humanos na que os recursos estean ben coidados e repartidos e a xustiza, a concordia e a liberdade, sexan bens dos que todos poidamos gozar.<\/p>\n\n\n\n<p>Remato, cunha nova verba para engadir as d\u00faas das que xa estivemos a falar: a de Ribadeo. Por que esta nova verba e neste acto? Pois porque tanto a Educaci\u00f3n como a Ciencia se poden aplicar a valores universais, como xa estivemos a ver, pero tam\u00e9n, porque ambas as d\u00faas non acadar\u00edan o m\u00e1ximo das s\u00faas posibilidades se non serven para explicar e mellorar o que temos m\u00e1is preto de n\u00f3s. E dicir, facer unha ciencia ao servizo do global, pero tam\u00e9n cun interese sincero e decidido polo local.<\/p>\n\n\n\n<p>Un exemplo salientable desta ciencia aplicada ao local ter\u00edamolo aqu\u00ed mesmo, en Ribadeo, cando en 1834, o enxe\u00f1eiro alem\u00e1n Guillermo Schulz, nun caser\u00f3n da r\u00faa que leva hoxe seu nome, na parte antiga desta vila, remataba o Mapa Petrogr\u00e1fico del Reyno de Galicia no que aparec\u00eda por primeira vez representada, dun xeito sistem\u00e1tico e racional, a cartograf\u00eda dos diferentes tipos de rochas galegas. Foi un traballo de moitos anos de andar polos vales, costas e montes, que ti\u00f1a en Ribadeo o seu centro neur\u00e1lxico e no que chegou a instalar preto da antiga Fortaleza un pequeno laboratorio de an\u00e1lise mineral que mesmo alarmou aos veci\u00f1os polos fumes e cheiros que desped\u00eda. Era, pois, un traballo de ciencia aplicada, onde os mellores co\u00f1ecementos da minar\u00eda alem\u00e1 do momento eran postos ao dispor dun proxecto de pa\u00eds. E se Otero Pedrayo dic\u00eda, cando se refer\u00eda \u00e1 Carta Geom\u00e9trica de Galicia, outro feito senlleiro da nosa ciencia, que estaba diante do &#8220;Rostro de Galicia&#8221;, coido que n\u00f3s, co mapa de Schulz, poder\u00edamos falar, con toda xustiza, das &#8220;entra\u00f1as&#8221; ou da &#8220;cerna&#8221; da nosa terra.<\/p>\n\n\n\n<p>Ciencia, pois, con amplitude de miras, aberta a todo o que de bo, novidoso,e universal nos poida achegar, pero tam\u00e9n unha ciencia do local, \u00e9 dicir, cos p\u00e9s no chan, neste chan, tan fermoso, acolledor e noso como \u00e9 o de Ribadeo e toda a sua contorna.<\/p>\n\n\n\n<p>De novo, o meu reco\u00f1ecemento a todos os que me escoitastes, e que a Educaci\u00f3n, a Ciencia, e Ribadeo, esas tres evocadoras verbas para non esquecer xamais, sexan sempre os vosos e os nosos guieiros.<\/p>\n\n\n\n<p>Con todo o meu aprezo e agarimo, moitas grazas.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8212;<\/p>\n\n\n\n<p>Relacionado coa XXXI Feira da Ciencia, no blog:<\/p>\n\n\n\n<p>Material gr\u00e1fico: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/06\/12\/feira-da-ciencia-de-ribadeo-edicion-2026-material-grafico\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/06\/12\/feira-da-ciencia-de-ribadeo-edicion-2026-material-grafico\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Nota de prensa e cartel: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/06\/05\/feira-da-ciencia-ribadeo-2026-nota-de-prensa\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/06\/05\/feira-da-ciencia-ribadeo-2026-nota-de-prensa\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>Sobre a Feira da ciencia, en xeral:<\/li>\n\n\n\n<li><a href=\"https:\/\/fqribadeo.ribadeando.com\/search?q=Feira+ciencia\">https:\/\/fqribadeo.ribadeando.com\/search?q=Feira+ciencia<\/a><\/li>\n\n\n\n<li><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Feira+da+ciencia\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Feira+da+ciencia<\/a><\/li>\n<\/ul>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Discurso de Francisco D\u00edaz Fierros na homenaxe que recibiu con motivo da Feira da Ciencia de Ribadeo. As mi\u00f1as primeiras palabras son Grazas: grazas \u00e1 comunidade educativa de Ribadeo e, dun xeito moi especial, \u00e1s persoas que levaron m\u00e1is directamente a organizaci\u00f3n deste acto. Non podedes imaxinar o sentimento de gratitude que me invade! Vai [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[221],"tags":[222],"class_list":["post-27774","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-feira-da-ciencia","tag-feira-da-ciencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27774","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27774"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27774\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27775,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27774\/revisions\/27775"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27774"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27774"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27774"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}