{"id":27732,"date":"2026-06-14T14:46:02","date_gmt":"2026-06-14T12:46:02","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27732"},"modified":"2026-06-14T14:46:05","modified_gmt":"2026-06-14T12:46:05","slug":"sonia-villapol-en-ribadeo-cientifica-na-feira-da-ciencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/06\/14\/sonia-villapol-en-ribadeo-cientifica-na-feira-da-ciencia\/","title":{"rendered":"Sonia Villapol en Ribadeo: cient\u00edfica na Feira da Ciencia"},"content":{"rendered":"\n<p>Adxunto nota de prensa de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Besteiro\">Susi Besteiro<\/a> sobre o fito da visita de Sonia Villapol \u00e1 Feira da Ciencia de Ribadeo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>Sonia Villapol na XXXI Feira da Ciencia de Ribadeo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Sonia+Villapol\">Sonia Villapol<\/a>, neurocient\u00edfica de referencia a nivel mundial estivo coa s\u00faa familia na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/category\/feira-da-ciencia\/\">Feira da Ciencia<\/a> de Ribadeo. Xa impartira unha conferencia online na XXVI Feira da Ciencia, o curso post-pandemia, cando a actividade docente estaba bastante limitada pero a visita a Ribadeo estaba pendente. Este curso, para celebrar o D\u00eda da Muller e da Nena na Ciencia, o alumnado de 2ESO C con Iv\u00e1n Varela, profesor de f\u00edsica e qu\u00edmica, tiveron a excelente idea nomear a s\u00faa aula como Aula Sonia Villapol e ent\u00f3n Sonia mandou un video de agradecemento e ofreceuse para visitar o centro aceptando a invitaci\u00f3n para dar a conferencia de clausura da Feira da Ciencia para o alumnado e profesorado dos catro centros ribadenses.<\/p>\n\n\n\n<p>Recorreu a Feira da Ciencia comezando por un traballo que o alumnado de Stembach, Bacharelato de Excelencia, est\u00e1 facendo en colaboraci\u00f3n coa Universidade de Santiago de Compostela titulado \u201cQue nos fai humanos? A maxia do cerebro\u201d. A alumna Aitana Monasterio explicoulle que est\u00e1n facendo unha investigaci\u00f3n guiada por profesores da Facultade de Veterinaria de Lugo sobre o claustrum de cabalo, unha estructura cerebral cada vez m\u00e1is estudada pois axuda a integrar a informaci\u00f3n procedente de distintos sentidos. Escoitou atentamente outros traballos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo como o Pulm\u00f3n de Palomitas co que o alumnado trata de disuadir sobre o consumo de vapers, a innovadora \u201cInmunoterapia con c\u00e9lulas Car-T ou os Micro-ARN, como interruptores da expresi\u00f3n x\u00e9nica. O alumnado do Sagrado Coraz\u00f3n amosoulle traballos de tecnolox\u00eda e tam\u00e9n un traballo de biolox\u00eda sobre unha pequena estructura celular recentemente descuberta, o Hemifusoma, relacionada coa reciclaxe de materiais dentro da c\u00e9lula. Na zona onde estaba situado o Gregorio Sanz disfrutou vendo \u00f3 alumnado de primaria explicar o Scratch tactile, e o rego autom\u00e1tico entre outros. Tam\u00e9n se interesou polas ensinanzas do Porta da Auga e estivo falando co profesorado e facendo fotograf\u00edas con moito alumnado.<\/p>\n\n\n\n<p>Tras visitar a Aula Sonia Villapol, o museo de material did\u00e1ctico do centro e o laboratorio de Biolox\u00eda, chegou o momento da conferencia. A\u00ednda que estaba anunciada baixo o t\u00edtulo Un cerebro activado, un cerebro de preguntas, ofreceu en primicia \u201cO Cerebro en modo ON\u201d coincidindo co t\u00edtulo do libro que proximamente a editorial Galaxia lle vai publicar.<\/p>\n\n\n\n<p>Fixeron a presentaci\u00f3n Iv\u00e1n Varela acompa\u00f1ado por Mar\u00eda Men\u00e9ndez e Mateo Villapol que non s\u00f3 destacaron a s\u00faa traxectoria ata chegar a ser neurocient\u00edfica do Texas Medical Center de Houston sen\u00f3n que tam\u00e9n remarcaron a s\u00faa dimensi\u00f3n humana xa que Sonia foi unha das voces expertas, que durante a pandemia da COVID-19 \u00eda transmitindo a informaci\u00f3n en momentos de incerteza.<\/p>\n\n\n\n<p>A conferencia resultou moi interesante, con numerosas explicaci\u00f3ns para entender o comportamento adolescente e con moi bos consellos para o alumnado pois insistiu na necesidade de dormir ben, facer deporte, estar ben alimentados e socializar para ter un cerebro sano. \u00d3 final a s\u00faa filla Sheila, falando un galego perfecto, amosou os resultados comparativos dunha enquisa sobre h\u00e1bitos de vida e sa\u00fade mental que meses atr\u00e1s responderon cen alumnos e alumnas do IES de Ribadeo e outros tantos do Instituto de Texas onde ela estudia. Destacou que os resultados sa\u00edran moi parecidos pero quedou como tarefa pendente para o vindeiro curso facer unha an\u00e1lise conxunta m\u00e1is detallada porque xa se acercaba a hora de remate.<\/p>\n\n\n\n<p>Tras numerosos aplausos para \u00e1mbalas d\u00faas, chegou o momento dos regalos, primeiro un busto realizado coa impresora 3d grazas \u00e1 axuda de Conchi Fern\u00e1ndez de Polos Creativos. Fixeron a entrega Julia e Mateo Villapol, que ademais de ser xeraci\u00f3n Polos Creativos son familiares de Sonia. A continuaci\u00f3n, a Directora do Instituto, Mar\u00eda Ron entregoulle o Faro da Illa Pancha por ser un faro de ciencia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">&#8212;<\/p>\n\n\n\n<p>Relacionado coa XXXI Feira da Ciencia, no blog:<\/p>\n\n\n\n<p>Material gr\u00e1fico: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/06\/12\/feira-da-ciencia-de-ribadeo-edicion-2026-material-grafico\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/06\/12\/feira-da-ciencia-de-ribadeo-edicion-2026-material-grafico\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Nota de prensa e cartel: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/06\/05\/feira-da-ciencia-ribadeo-2026-nota-de-prensa\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/06\/05\/feira-da-ciencia-ribadeo-2026-nota-de-prensa\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>Sobre a Feira da ciencia, en xeral:<\/li>\n\n\n\n<li><a href=\"https:\/\/fqribadeo.ribadeando.com\/search?q=Feira+ciencia\">https:\/\/fqribadeo.ribadeando.com\/search?q=Feira+ciencia<\/a><\/li>\n\n\n\n<li> <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Feira+da+ciencia\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Feira+da+ciencia<\/a><\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Adxunto nota de prensa de Susi Besteiro sobre o fito da visita de Sonia Villapol \u00e1 Feira da Ciencia de Ribadeo. Sonia Villapol na XXXI Feira da Ciencia de Ribadeo Sonia Villapol, neurocient\u00edfica de referencia a nivel mundial estivo coa s\u00faa familia na Feira da Ciencia de Ribadeo. Xa impartira unha conferencia online na XXVI [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":27734,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[221],"tags":[222],"class_list":["post-27732","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-feira-da-ciencia","tag-feira-da-ciencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27732","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27732"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27732\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27736,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27732\/revisions\/27736"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27734"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27732"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27732"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27732"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}